Curso de parto natural en Pontevedra

December 25, 2008 1:56 pm - 138 Views

Curso dun dia, o 27 de decembro. “nacer contigo”
Lugar: A.C. Latexo (Avda. José Costa Alonso nº 30, 1ºB, C.P. 36950 Moaña, Pontevedra)
O precio: 60€.
Dirixido a: persoas relacionadas e interesadas na saude familiar.
Imparte: Cristina Alonso. Partera. www.lunamaya.org

AM: preparando o corpo para un parto natural.

Actualmente existen moitos xeitos de que as mulleres e as súas familias se informen sobre o parto natural e poidan optar o parto que elas queiran. Non obstante a comadrona e outras persoas que traballan no parto poden utilizar unha serie de ferramentas útis para preparar o corpo da muller e facilitar o parto.

Neste módulo exploraremos como traballar cos osos pélvecos e o chan pélveco para favorecer unha dilatacion rápida, descenso do bebe efectivo e correcto posicionamiento fetal. Estas ferramientas axudaran a reducir as horas de traballo de parto e o uso de intervencions como epidural, forcepts e cesarea.

PM: Manexo de complicacions no parto na casa.

Un dos principaies obstaculos no parto na casa é o medo as complicacións. Actualmente as complicacions son unha parte real da práctica do parto na casa que debe ser analizado e compartido. Tras dez anos de experiencia en parto na casa con poboación de alto risco, Cristina podera compartir o manexo inmediato das complicacions e a súa resolucion.

Neste módulo compartiremos sobre as complicacions mais frecuentes e revisaremos opcions de manexo na casa para xenerar unha base de información práctica e valiosa na práctica do parto fora do hospital.

Información: Sani 986 313 644 / móbil 625 601 592 - Luzia 886 119 213 / móbil 628 173 607
luziatitan(arroba)hotmail(punto)com

Datos de ingreso e asistencia:

O horario do curso é de 10 a 14 pola maña e de 16 a 20 polo serán.

Vir con roupa cómoda, temos mantas e coxins no local. Se queredes podedes traer a vosa comida e comela ali. Tamén é facil atopar restaurantes perto. Se fai bo tempo, estamos o lado da praia e podemos comer nela. As nais con bebés terán un sitio, a mais da sá, onde poderan estar con eles se queren descansar.

O precio definitivo do curso son 60€, e o 50% se ingresará na seguinte conta:

Caixanova: 2080.0047.0000.240867.
Beneficiario: Asociación Cultural Latexo.
Concepto: Curso "Nacer Contigo".
Nome da persoa que fai o ingreso.

Xornadas de Consumo Consciente e Responsábel Zocamiñoca

November 22, 2008 2:44 pm

xornadas zocamiñoca

O grupo de consumo responsábel Zocamiñoca da Coruña organiza os días 26, 28 e 29 de novembro unhas xornadas tituladas I Xornadas de Consumo Consciente e Responsábel. Terán lugar no Kiosko Alfonso da cidade herculina e pretenden ser o catalizador para crear unha cooperativa de consumo consciente na cidade coruñesa. A asistencia é libre, non é preciso ningunha preinscripción.

PROGRAMA

Mércores 26 de novembro

19:30h Presentación das Xornadas.

20:00h Conferencia: A crise mundial de alimentos, que hai detrás dela, que podemos facer ó respecto?, Eric Holtz Giménez*, Director Xeral de Food First, Institute for Food and Development Policy de USA.

*Eric Holtz Giménez, é un gran coñecedor do sistema mundial de produción alimentaria e achegará moitas das claves para entender como se rixe o actual mercado global da alimentación. O centro que dirixe ten como misión poñer fin ás inxustizas que causan fame, pobreza e degradación do medio ambiente en todo o mundo, así como a investigación, análise, promoción e educación para a participación cidadá. Trátase dunha institución que parte das experiencias das comunidades locais e que ten como base a soberanía alimentaria e a defensa dos dereitos humanos.

Venres 28 de novembro

19:30h Proxección de documentais: podemos decidir o que consumimos?

  • La historia de las cosas (20′) de Annie Leonard. Fai un percorrido polo ciclo de vida de bens e servizos.
  • Bendito Machine I e II (5′ y 8′),de Jossie Malis. 2007 e 2008, curtas de animación que amosan como a ansia de ter máis pode destruír a galiña dos ovos de ouro.
  • Tres historias y un vaso de leche (25′) de Pablo Fraguas e Álvaro Pombo. Narra 3 historias sobre os problemas ambientais e sociais a través dun vaso de leite.

20:30h Coloquio

Sábado 29 de novembro

17:00h - 18:15h Mesa Redonda: que son as cooperativas de consumo? Porque cada vez somos máis.

Ramón Rodríguez, Federación de cooperativas Sinerxia

Xan Martínez, A Xoaniña Cooperativa de consumo responsable de Ferrol

18:15h Descanso

18:30h Cara a unha cooperativa de consumo na Coruña: constrúe con nós

Iniciativa Zocamiñoca, Presentación da iniciativa: o que se leva traballado e o que faltaría por facer
- produtos que se poden ter
- produtoras da comarca
- modelo organizativo
- persoas interesadas en participar

20:30h Despedida e peche

Cartaz e panflego das xornadas

Máis info en zocaminhoca(arroba)gmail(punto)com

II Masa Crítica Galega

September 24, 2008 5:19 pm

O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posible!

A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias, organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela. A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12h dende o peirao de Cruxeiras.

Para quen saia doutras partes de Galicia, ademáis de chegar a Ferrol pola túa conta, existe a posibilidade de formar parte das viaxes que organicen as diferentes masas (Compostela, Lugo, Ourense, Ponteareas, Vigo e Coruña). Por exemplo, desde Coruña propoñen a ruta en bici Coruña-Ferrol en dúas etapas (saída o venres), nunha etapa (para xente entrenada) ou en tren. Podedes saber máis ou apuntarvos no Foro das Masas Críticas Galegas.

Fonte: II Masa Crítica Galega en bicis.info

Marcha Ciclonudista. A Coruña, 7 de xuño ás 12h en María Pita

May 27, 2008 11:01 am

II Marcha Ciclonudista

Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.

Chamamento Mundial. Sábado 7 de xuño de 2008. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.

Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.

Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.

Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.

Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia, Granada, Santander, Cuenca, Salamanca.

Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net

2º Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 7 de xuño ás 12h na Coruña, saída da Praza de María Pita)

O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como gustemos, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña, un paseo de tolerancia e integridade.

Despois do enorme éxito da primeira edición, con máis de 40 ciclonudistas paseando polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo á cidade. O percorrido comezará en na Praza María Pita, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis! Smile

Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dúbidas, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo xa que non é obrigatorio ir espid@s. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad@s, … Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.

A convocatoria, mentres non se animen outras cidades a celebrala, pretende ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes ás persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod@s @s vos@s coñecid@s, amig@s ou familiares, seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.

Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net

A preparación poderedes seguila aquí: Foro das masas críticas galegas (apartado da ciclonudista)

O material dispoñible é:

- Cartel
- Panfleto diante
- Panfleto detrás

Vémonos o sábado 7 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!

Deprimidos ao río. Unha obra de Manicómicos

May 21, 2008 2:40 am

DEPRIMIDOS AO RÍO
XOVES 22 DE MAIO DE 2008 ÁS 20:30H
FORUM METROPOLITANO (Calle Río Monelos s/n. 15006 A Coruña)

Deprimidos ao rio

“Deprimidos ao río”, non é un espectáculo senón un congreso. O famoso psiquiatra, Doutor Mortimer, vai explicar aos congresistas, psiquiatras vindos de todos os países do mundo, os seus métodos revolucionarios para curar as patoloxías psiquiatricas máis frecuentes que ameazan aos habitantes do século XXI. Os métodos de Mortimer foron prohibidos nalgúns países e admirados noutros, pero a ninguén deixa indiferente o sinistro glamour de Cornelius Mortimer e os seus estraños experimentos.

Estamos ante unha obra con vocación de “Espectáculo Total” que queriamos que integrase música en vivo, danza, teatro físico, circo e efectos pirotécnicos. Por problemas orzamentarios, quedámonos en “Espectáculo parcial” e grazas.

Reparto:

Paco Alvarellos
Jose Amado
Marcial Blanco
Natalia Varela
Vera López
Willy Eter
Luis Quinteiro
Cristina Ramallal

Estudos de gravación: Beiramar Sound
Iluminación: Germán Gundín
Guión orixinal: Willy Eter
Versión galega: Montse Collazo e Willy Eter

Dirección: Carlos Sante

Unha producción da Asociación Cultural Manicómicos

———–

Venta de entradas - 5 euros (carnet xoven e + 65 años, 3 euros)

Taquilla Forum: desde unha hora antes
Taquilla Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Televenda: 902 504 500
Venta de entradas por Internet

Consumir menos, vivir mellor

2:00 am

 Consumir menos, vivir mejor

Desde mediados de maio de 2008 podes atopalo en bibliotecas e librerías (Editorial Txalaparta). E a partir de xuño podes descargalo gratis en Consumir menos es vivir mejor, onde tamén atoparás un enlace á web da editorial por se queres compralo e recibilo na túa casa.

En Consumir menos es vivir mejor, podes atopar, ademais, unha reseña do libro e enlaces a algunhas webs interesantes relacionadas co consumo consciente. Proximamente, na web atoparás o contido do libro estruturado de maneira que poidas consultalo comodamente; e tamén un foro no que compartir dúbidas, inquietudes, ideas prácticas, experiencias…

Vivir con menos non só axuda a construír un mundo máis solidario e sostible, tamén pode ser un xeito de facer o noso día a día máis saudable, relaxado e satisfactorio.

Nesta viaxe, no que nos toca nadar "ao contraxeito", fáltanos tempo, información, sentímonos a miúdo soas e incomprendidas… Estas páxinas conteñen información, reflexións e, sobre todo, cheas de ideas prácticas e contactos. Seguro que algunhas serven para facilitarche o camiño e achegarche a xente con quen compartilo.

Que o goces!

Contido íntegro do libro, calendario de actividades, preguntas e respostas e moito máis en Consumir menos, vivir mejor.

12 horas en bici. A Coruña, sábado 26 de abril

April 22, 2008 12:45 am

O sábado 26 de abril, calquera persoa coa súa bicicleta pode sumarse a este evento para demostrar que hai outras formas de desprazarse pola cidade sen malos fumes, ruídos nin atascos. Podendo entrar e saír a calquera hora e cantas veces se queira, esta marcha social pretende dar un toque de atención ás nosas adormecidas autoridades e invitar aos cidadáns a que coa súa actitude fomenten a diario o uso de transportes alternativos ao automóbil. É posible acougar o tráfico motorizado nas cidades e reducir o seu volume ata civilizalo e facelo compatible coas funcións e actividades que realizamos nas súas rúas. Coa vosa participación, conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada.

ACOUGAR O TRÁFICO, UNHA NECESIDADE PARA TODOS

Unha posible definición: “a combinación de medidas, principalmente físicas, que reducen os efectos negativos do uso de vehículos a motor, alteran positivamente o comportamento dos condutores e melloran as condicións para os usuarios non motorizados das rúas” (Instituto de Enxeñería de Transporte ITE de EEUU).

Uns Obxectivos: Aumentar a Seguridade viaria, a Calidade ambiental e a Cohesión social.

Un Propósito: O de mellorar considerablemente as condicións ambientais para a maior parte de veciños posible, en particular para os máis vulnerables ao impacto do tráfico.

Unhas metas:

  • Diminución dos accidentes de tráfico e do seu impacto e gravidade.
  • Seguridade e mellora de condicións de mobilidade para os peóns e vehículos non motorizados.
  • Recuperar espazo nas cidades para as persoas.
  • Eliminación do ruído e a contaminación.
  • Revitalización dos barrios máis afectados polo tráfico denso.
  • Reducir o consumo de Combustible e aumentar a eficiencia enerxétic.

Algunhas ferramentas:

  • Alzar a superficie da rúa en certos lugares, por exemplo, instalando lombos de burro.
  • Engadir dispositivos para que os condutores conduzan ao seu ao redor, por exemplo, illas con xardín no centro das interseccións.
  • Estreitar as rúas para dar aos condutores a impresión de que están nun sitio congestionado, o que os fai ir máis amodo.

ESTA DEMOSTRADO: PÓDESE ACOUGAR O TRÁFICO MODIFICANDO O DESEÑO A VELOCIDADE É CONSECUENCIA DO DESEÑO DAS RÚAS

Ruas perigosas para camiñar e montar en bicicleta
Debido a que moitas das nosas rúas están principalmente deseñadas para automóbiles, a meirande parte das persoas non se senten alentadas a camiñar ou ir en bicicleta. Camiñar á beira dunha rúa ampla con tráfico denso e a gran velocidade é sumamente desagradable, e cruzala pode ser perigoso. Unha rúa destas caracterísicas pode chegar a constituír unha barreira para a comunidade e illar a persoas que viven a tan só unha mazá de distancia.

Noitenova: Guía de lecer nocturno na cidade da Coruña

March 30, 2008 5:47 pm

abril-maio 2008: Programa de lecer nocturno para a mocidade

Este programa está conformado por unha serie de actividades lúdico-culturais dirixidas á mocidade da Coruña para os venres e sábados, en horario de tarde e noite.

Intenta ser unha oportunidade de lecer creativo e participativo cunha programación lúdica, cultural, deportiva…, a partir dos centros de interese da mocidade.

O programa organízao a Concellaría de Mocidade, mais colabora dun xeito sobranceiro o movemento asociativo xuvenil e cultural da cidade.

As actividades desenvólvense en distintos espazos urbanos, equipamentos municipais e instalacións de entidades colaboradoras.

ACTIVIDADES

Culturais

  • Roteiro nocturno fotográfico: 4 de abril
  • Cinema: 4, 11, 18 e 25 de abril; 2, 9, 16, 23 e 30 de maio
  • Curtavisión: 18 de abril e 30 de maio
  • Bailes latinos: 31 de maio
  • Batuka: 3 e 24 de maio
  • Danza moderna: 26 de abril e 31 de maio
  • Hip-hop: 5 de abril; 24 de maio
  • Break-dance: 5 de abril
  • Exhibición de break-dance: 10 de maio
  • Movemento e música electrónica: 19 de abril e 10 de maio
  • Danzas africanas: 5 de abril
  • Djembé: 19 de abril
  • Teatro: 25 de abril; 16, 23 e 30 de maio
  • A nosa música, o noso baile: 26 de abril; e 24 de maio
  • Monólogo de Pedro Brandariz: 3 de maio
  • Sesión de Ilustracións de Manuel Craneo+Dj Duarte: 3 de maio
  • Concerto hip-hop: 9 de maio

Lúdicas

  • Trenzas africanas: 5 de abril
  • Coiro: 18 de abril
  • Cestaría: 18 de abril
  • Xogos e deportes tradicionais: 12 de abril
  • Torneo de Pro Evolution Soccer: 12 de abril
  • Globoflexia: 19 de abril
  • Gran xogo: 26 de abril
  • Xogo de rol “Débedas de sangue”: 31 de maio
  • Torneo de cartas Magic: 24 de maio
  • Xogo de rol galego “Crónicas de Gáidil”: 3 de maio
  • Zancos: 19 de abril e 10 de maio

Formativas

  • Obradoiro audiovisual: 4, 11, 18 e 25 de abril; 2 e 9 de maio
  • Obradoiro audiovisual 2: 5, 12,19 e 26 de abril; 3 e 10 de maio
  • Obradoiro de manga: 4, 11, 18 e 25 de abril
  • Montaxe e revelado fotográfico: 11 de abril
  • Introdución ao cabaré: 4 e 5 de abril
  • Animación e teatro da rúa: 11 e 12 abril
  • Perfomance: 18 e 19 de abril
  • Match de improvisación: 25 e 26 de abril
  • Iniciación ao turntablism: 16 e 23 de maio
  • Iniciación ao swing: 19 de abril e 10 de maio
  • Técnicas aéreas de circo: 24 de maio

Deportivas

  • Torneo de futbol sala: 25 e 26 de abril
  • Torneo de baloncesto 3*3: 31 de maio
  • Marcha ciclista nocturna: 10 de maio
  • Ultimate: 5 de abril

Medioambientais

  • Observación do ceo: 11 de abril
  • Roteiro no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes e visita á Aula do Mar dos Faros de Mera: 26 de abril
  • Ecoloxía no cotián: 24 de maio

Outras

  • Técnicas para ligar: 12 de abril
  • Stand Quérote: 9 de maio
  • Espazo de sexualidade: 24 e 31 de maio
  • Sala Aberta: 4, 5, 11, 12 , 18, 19, 25 e 26 de abril; 2, 3, 10, 16 e31 de maio

LOCALIZACIÓNS

  • Fórum Metropolitano: rúa Río Monelos, 1
  • Antiga Facultade de Ciencias da Comunicación: campus universitario de Riazor
  • Centro Xuvenil Abeiro: rúa Don Bosco, 1 (xunto á praza Zalaeta)
  • A.C. Alexandre Bóveda: rúa Olmos, 16-18, 1º
  • AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación: rúa Diego Delicado, 10, baixo
  • Museo de Belas Artes: rúa Zalaeta s/n
  • Fundación Caixa Galicia: Cantón Grande, 21-24
  • AA.VV. Atochas-Monte Alto: parque de Marte, s/n
  • Círculo de Artesáns: rúa San Andrés, 36
  • Frontón de Riazor: Manuel Murguía s/n (ao pé do Estadio de Riazor)
  • AA.VV. de Labañou: Ronda de Outeiro, 369, semisoto
  • Campo da Leña: actual praza de España

PROGRAMA

04/04/08

  • 20:30-22:30 Obradoiro de manga no Fórum Metropolitano*
  • 20:00-00:00 Introdución ao cabaré na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual na AA.VV. de Labañou*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 21:30-23:00 Roteiro nocturno fotográfico na A.C. Alexandre Bóveda*
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

05/04/08

  • 20:30-21:30 Ultimate (xogo alternativo con freesbe) no pavillón da antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual 2 na AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación*
  • 20:00-00:00 Introdución ao cabaré na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:00-23:00 Break dance no Centro Xuvenil Abeiro*
  • 21:30-23:30 Hip-hop na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 22:30-23:30 Danzas africanas con Galu Teranga no Museo de Belas Artes
  • 22:30-23:30 Trenzas africanas no Museo de Belas Artes

11/04/08

  • 20:30-22:30 Obradoiro de manga no Fórum Metropolitano*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-00:00 Animación e teatro na rúa na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual na AA.VV. de Labañou*
  • 21:30-23:30 Montaxe e revelado fotográfico na A.C. Alexandre Bóveda*
  • 22:00-0:00 Observación do ceo no Parque Europa
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

12/04/08

  • 19:30-23:30 Torneo de Pro Evolution Soccer no Fórum Metropolitano*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-00:00 Animación e teatro na rúa na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual 2 na AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación*
  • 20:30-22:30 Técnicas para ligar na A.C. Alexandre Bóveda*
  • 21:00-23:00 Xogos e deportes tradicionais no pavillón da antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*

18/04/08

  • 20:30-22:30 Obradoiro de manga no Fórum Metropolitano*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-00:00 Performance na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual na AA.VV. de Labañou*
  • 21:00-22:00 Curtavisión na Fundación Caixa Galicia
  • 21:00-23:00 Obradoiros de coiro e cestaría no Centro Xuvenil Abeiro*
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

19/04/08

  • 20:00-00:00 Performance na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual 2 na AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 21:30-23:30 Movemento e música electrónica na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 22:00-00:00 Djembé (instrumento africano de percusión) na AA.VV. Atochas-Monte Alto*
  • 22:00-00:00 Globoflexia no Campo da Leña*
  • 22:00-00:00 Zancos no Campo da Leña*
  • 22:00-00:00 Iniciación ao swing (técnica de circo na que se empregan mazas luminosas, bandeiras, cintas, cariocas e cadeas) no Museo de Belas Artes*

25/04/08

  • 20:30-22:30 Obradoiro de manga no Fórum Metropolitano*
  • 20:00-00:00 Match de improvisación na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 20:00-21:00 Teatro: “A pequena farsa dos amores desencontrados” de Jenaro Marinhas del Valle, representada pola compañía Teatro Rebuldeiro do IES Monte das Moas na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual na AA.VV. de Labañou*
  • 20:00-00:00 Torneo de fútbol sala no pavillón do Frontón*
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

26/04/08

  • 16:00-20:00 Roteiro no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes e visita á Aula do Mar dos Faros de Mera*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual 2 na AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación*
  • 20:00-00:00 Torneo de fútbol sala no pavillón do Frontón*
  • 20:00-00:00 Match de improvisación na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:30-23:30 Danza moderna na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 22:00-23:00 A nosa música, o noso baile en distintas rúas da cidade
  • 22:00 Gran xogo na praza de María Pita

02/05/08

  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual na AA.VV. de Labañou*
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

03/05/08

  • 20:00-00:00 Xogo de rol galego: “Crónicas de Gáidil” na antiga facultade de Ciencias da Comunicación
  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual 2 na AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta(espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 21:30-23:30 Batuka na antiga facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 22:00-23:00 P.G.U. Monólogo de Pedro Brandariz no Círculo de Artesáns
  • 23:00-00:00 Sesión de ilustracións de Manuel Craneo + Dj Duarte no Museo de Belas Artes

09/05/08

  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual na AA.VV. de Labañou*
  • 22:00 Concerto de hip-hop “25 aniversario do COF” no Campo da Leña
  • 22:00 Stand Quérote no Campo da Leña
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

10/05/08

  • 20:00-23:00 Obradoiro audiovisual 2 na AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 21:30-23:30 Movemento e música electrónica na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 22:00-23:00 Exhibición de break-dance no adro de San Nicolás
  • 22:00-00:00 Iniciación ao swing (técnica de circo na que se empregan mazas luminosas, bandeiras, cintas, cariocas e cadeas) no Campo da Leña*
  • 22:00-00:00 Zancos no Museo de Belas Artes*
  • 22:00 Marcha ciclista nocturna na Coiraza do Orzán

16/05/08

  • 20:00 Teatro: “Ubu rei” da Aula de Teatro da Universidade da Coruña no teatro do colexio Salesianos
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) no Centro Xuvenil Abeiro
  • 21:00-23:00 Iniciación ao Turntablism (arte de compor ou crear música mediante efectos de son e manipulación das rutinas de rotación e lectura dos discos de vinilo sobre un prato xiradiscos) no Fórum Metropolitano*
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

17/05/08

  • Festa das Letras

23/05/08

  • 20:00-21:00 Teatro: “Cyrano de Bergerac” de Trosma Teatro do IES Monelos na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación
  • 21:00-23:00 Iniciación ao Turntablism (arte de compor ou crear música mediante efectos de son e manipulación das rutinas de rotación e lectura dos discos de vinilo sobre un prato xiradiscos) no Fórum Metropolitano*
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

24/05/08

  • 20:00-00:00 Torneo de cartas Magic na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:30-23:30 Hip-hop na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:30-23:30 Batuka na antiga facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:30 a 23:30 Técnicas aéreas de circo no pavillón da antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 22:00 Espazo de sexualidade-Quérote
  • 22:00-23:00 A nosa música, o noso baile en distintas rúas da cidade
  • 22:00-23:30 Ecoloxía no cotiá na A.C. Alexandre Bóveda*

30/05/08

  • 20:00 Teatro: “Confusión e morte de María Balteira”, de Marica Campo, representada por Brétema Teatro, na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación
  • 21:00-22:00 Curtavisión na Fundación Caixa Galicia
  • 21:00 Café concerto no Centro Xuvenil Abeiro
  • 23:00 Cinema no Fórum Metropolitano

31/05/08

  • 20:00-00:00 Torneo 3*3 de baloncesto no pavillón do Frontón*
  • 20:00-22:00 Sala Aberta (espazo onde poder quedar, xuntarse, escoitar música, xogar (billar, ping-pong, xogos de mesa, …) do Centro Xuvenil Abeiro
  • 21:30-23:30 Bailes latinos na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:30-23:30 Danza moderna na antiga Facultade de Ciencias da Comunicación*
  • 21:00-23:30 Xogo de rol en vivo “Débedas de sangue” no Fórum Metropolitano
  • 22:00 Espazo de sexualidade-Quérote

(*) : Prazas limitadas

INSCRICIÓN para actividades con límite de prazas (Sinaladas cun *)
Como: cubrindo a ficha de inscrición que podes baixar da páxina web www.coruna.es/cmix
Cando: desde o 31 de marzo
Onde: entregando a ficha de inscrición no Centro Municipal de Información Xuvenil ou a través da páxina web do Centro Municipal de Información Xuvenil (www.coruna.es/cmix)

Se precisas máis información sobre Noitenova, podes contactar co CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (no Fórum Metropolitano), situado na rúa río Monelos 1, tel 981 184 294.

COLABORADORES

Asociación Cultural Alexandre Bóveda: roteiro nocturno fotográfico; montaxe e revelado fotográfico
Asociación Xuvenil Cultural Arestora: a nosa música, o noso baile
Asociación Xuvenil Xacarandaina: a nosa música, o noso baile
Grupo Scout San Jorge 33: gran xogo
Grupo Scout Semente 597: gran xogo
Grupo Scout Hércules 283: gran xogo
Grupo Scout Stoas: ultimate; marcha ciclista nocturna
Grupo Scout Nyeri: ultimate; marcha ciclista nocturna
Asociación Centro Xuvenil Abeiro: obradoiro de coiro; obradoiro de cestaría; café concerto; sala aberta
Libraría Alita comics: obradoiro de manga; torneo de cartas Magic; xogo de rol galego “Crónicas de Gáidil”
Asociación Viraventos: djembé; danzas africanas; trenzas africanas
Asociación Cultural Manicómicos: iniciación ao swing; zancos; movemento e música electrónica; técnicas aéreas de circo
Asociación Cultural Donaire: a nosa música, o noso baile
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza: ecoloxía no cotiá
Colectivo Terceiro Pé: iniciación ao cabaré; performance; animación e teatro de rúa; match de improvisación
Cruz Vermella Xuventude: técnicas para ligar
Asociación da Mocidade Informática Galega: xogo de rol “Débedas de sangue”; torneo de fútbol sala; torneo de Pro Evoluticon Soccer
Teatro Rebuldeiro (IES de Monte das Moas): A pequena farsa dos amores desencontrados
Aula de teatro da Universidade da Coruña: Ubu rei
Trosma teatro (IES Monelos): Cyrano de Bergerac
Brétema teatro: Confusión e morte de María Balteira
Compañía Durmevela: Curtasvisión
Agrupación Ío: observación do ceo
Centro de asesoramento afectivo sexual para a mocidade Quérote: espazo de sexualidade
Artestudio: hip-hop; danza moderna; batuka; bailes latinos
Ceida: roteiro no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes e visita á Aula do Mar dos Faros de Mera
Colectivos xuvenís: break-dance; exhibición de break-dance; torneo de baloncesto 3*3; obradoiro de turntablism;
Mr Misto films: obradoiro audiovisual; obradoiro audiovisual 2
Insulae: globoflexia
Pedro Brandariz: P.G.U. monólogo
Manuel Cráneo e Duarte: sesión de ilustración e dj
Asociación galega do xogo popular e tradicional: sesión de xogos e deportes populares
Asociación Comunitaria Distrito Quinto
AA.VV. Sagrada Familia-Os Mallos-Estación
AA.VV. Atochas-Monte Alto
AA.VV. Labañou
Universidade da Coruña
Fundación Caixa Galicia
Círculo de Artesáns

A Cultura Pre O(k)upa

March 21, 2008 1:24 am

O pasado venres 14 ás 17:00 horas un grupo de persoas liberou un novo espazo social na cidade da Coruña,concretamente na rúa Atocha Alta nº 14 no bairro das Atochas-Monte Alto. Estades todas invitadas a formar parte deste proxecto de revitalización socio-cultural para o barrio de Monte Alto.

Porque… A_Cultura_Preo(k)upa !!!

Quen é a "Cultura Pre O(k)upa"?

A "Cultura Pre O(k)upa" seremos todas aquelas que nos recoñeceremos nunca iniciativa social, cultural e política autoorganizada por diferentes grupos e persoas da cidade que atravesan diversos ámbitos de idade e/ou adscripción. Xuntámonos na preocupación pola realidade social e cultural da nosa cidade en xeral e do barrio de Monte Alto en particular. Xuntámonos na sinceira creencia de que o traballo en común, desde abaixo cuestiona directamente unhas institucións que non saben nin -semella- queren dar solución aos problemas de espazo que sufre esta cidade. Espazos no referente ao cultural, ausencia de lugares onde construir cultura desde abaixo. Espazos no político; na referencia a ausencia de marcos de participación activa para a xente nova. Espazos finalmente no físico, pola imposibilidade no acceso a vivenda no individual ou a xestión de espazos públicos no colectivo. Tendencialmente si pódese dicir que somos xente nova. Pódese dicir, porén, que temos un xeito novo de entender os espazos de/para a cultura e a luita social.

A "Cultura Pre O(k)upa" pretende ser un revulsivo social. Un impulso colectivo. Pretende tomar e recuperar un espazo en continuado desuso para darlle vida mediante multiplas actividades culturais e sociais. A "Cultura Pre O(k)upa" será teatro, globoflexia, arquitectura social, música ao vivo, obradoiros, cinema. A "Cultura Pre O(k)upa" será graffitis, cultura urbana, propostas libres para a creación colectiva. A "Cultura PreO(k)upa" será un espazo físico e un territorio social aberto ao bairro e a cidade. Aberto as prácticas de quen así o quixer. Algo máis de dez días de actividades continuadas que seguro conseguiran prender –ainda un pouco- máis os momentos da proposta social. Os momentos da alternativa cultural nunha clave sempre propositiva.

Claves para comprender a "Cultura Pre O(k)upa"

A "Cultura Pre O(k)upa" é unha luita que cuestiona a violencia inmobiliaria e urbanística. A "Cultura Pre O(k)upa" é unha realidade propositiva contra a especulación do territorio urbano. A "Cultura Pre O(k)upa" é un proxecto que trata de recuperar a vida e o bairro como espazos do común. A "Cultura Pre O(k)upa" é un espazo aberto. Nunca algo noso, se non algo de TODAS. A "Cultura Pre O(k)upa" é unha iniciativa aberta ao bairro e a cidade. A "Cultura Pre O(k)upa" habita un espazo concreto, pero excede este lugar. A "Cultura Pre O(k)upa" é un proceso que non empeza nin acaba nestas xornadas. É un proceso político, social e cultural. Un movimento que subvirte a realidade para construír aquí e agora momentos acorde cos desexos e necesidades da comunidade humana que habitamos. O noso tempo é aquí, e comeza agora! Assembleia da "Cultura_Pre_O(k)upa".

http://aculturapreokupa.blogaliza.org

Namentres seguimos acondicionando o local, continúan coas xornadas da_Cultura_pre_o(K)upa …

xoves 20 de marzo:

18:00 h.: O Doutor Lanudo: Circo de rúa.
19:30 h: Documental. 'El paraíso de Hasner'. De Günter Schwaiger.
22:00 h.: Sesión de Dj Julio & Luigi

vernes 21 de marzo:

18:00 h.: Obradoiro fabricación de malabares reciclados.
19:30 h.: Cine: 'Laborare con Lentezza'
21:30 h.: Dance Hall Reaggea Dub

sábado 22 de marzo:

15:30 h.: Grafitti Happening
18:00 h.: Presentación proxecto editorial RENDEREN
20:00 h.: Danza: Experimentadanza
21:30 h.: Cantautor punk: Bitxo-Bola
22:30 h.: Música: Jam Session

domingo 23 de marzo:

19:00 h.: Obradoiro de iniciación á performance por RITA RODRÍGUEZ
21:00 h.: Montaxe Audiovisual (concerto viola + proxeccións): 'Monte Alto, historia dun barrio'.
22:00 h.: Cine: Entre el dictador i jo

Lugar: laboratorio social okupado, Atocha Alta, nº 14

Monte Alto*Corunha*Galiza

Verdegaia demanda que Galicia sexa declarada zona libre de transxénicos

February 29, 2008 5:33 pm

Verdegaia demanda que Galicia sexa declarada pola Xunta e polo Parlamento como zona libre de transxénicos, seguindo o exemplo de Asturias e do País Basco e de máis de 170 rexións e países de toda Europa. Con este xesto, as institucións galegas amosarían inequivocamente o seu rexeitamento á introdución de transxénicos na agricultura e na alimentación, que está a acontecer sen suficientes garantías ambientais e sanitarias.

Verdegaia agarda que a Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, tome canto antes a iniciativa de declarar a Galicia como zona libre de transxénicos, e que reciba o apoio unánime para iso do Parlamento. O borrador do Plano de desenvolvemento da agricultura ecolóxica galega (2007-2010), presentado publicamente pola Consellería do Medio Rural, inclúe entre as súas medidas a declaración de Galicia como zona libre de transxénicos e a súa incorporación á Rede Europea de Zonas Libres de Transxénicos. Segundo o devandito borrador, "se ben non se trata dunha medida de protección contra a contaminación das parcelas de produción ecolóxica como tal, esta medida é unha ferramenta de promoción da intencionalidade política de protección da produción ecolóxica".

Os cultivos transxénicos son unha realidade en España desde 1998, sendo hoxe o principal estado produtor da Unión Europea (UE). Segundo datos difundidos por EuropaBio, a asociación das empresas europeas de biotecnoloxías, no ano 2007 sementáronse en España 75.148 hectáreas con cultivos transxénicos, en concreto de millo MON 810. No ano pasado, só se cultivaron transxénicos en oito estados da UE, situándose en España cerca do 70% de toda a superificie cultivada. Recentemente, o Goberno de Francia estableceu unha moratoria sobre o millo transxénico MON 810 perante novas evidencias científicas sobre os seus riscos.

Aínda que en Galicia non parece haber polo de agora unha superficie importante de cultivos comerciais de millo transxénico, Verdegaia coida que é importante que as institucións galegas expresen o seu rexeitamento aos transxénicos en xeral, particularmente aqueles concellos onde foron autorizados en 2007 polo Goberno central cultivos de ensaio de variedades de millo transxénico NK603 x MON810, tolerantes ao herbicida glifosato e resistentes a pragas causadas por bolboretas. Trátase dos municipios de Lalín, Val do Dubra, Touro e Castro de Rei. Verdegaia solicitou aos alcaldes destes Concellos que promovan a declaración dos seus concellos como zonas libres de transxénicos. O mesmo fixo cos da comarca de Compostela e estenderá proximamente a súa solicitude a outros municipios do resto do país.

Riscos potenciais significativos e normativa insuficiente

Existen aínda demasiadas dúbidas sobre o efecto da diseminación de transxénicos sobre o ambiente e a saúde humana, como para garantir unha liberación de transxénicos segura. A normativa europea e os controis exercidos polo Estado español resultan insuficientes para asegurar unha liberación sen riscos significativos, a xuízo de moitas organizacións e especialistas.

Entre os riscos dos Organismos Modificados Xeneticamente (OMX) sobre a saúde dous son especialmente relevantes no debate científico e están no centro da polémica: a aparición de novas alerxias e a creación de novas resistencias a antibióticos. Por outro lado, non se sabe moito sobre os efectos indirectos ou sobre os efectos a longo prazo da liberación de OMX sobre a agricultura e o medio ambiente, se ben os poucos datos coñecidos non son moi alentadores. Trátase ademais dunha tecnoloxía practicamente imposible de controlar. Non menos importante é o feito de que os OMX tornan aos labregos e labregas máis dependentes das multinacionais agroalimentarias. Os OMX non representan un contributo nin para unha agricultura sustentable nin para unha alimentación saúdable e a súa introdución é o resultado da presión das poderosas empresas agroalimentarias que os comercializan.

Fonte: Verdegaia demanda que Galicia sexa declarada zona libre de transxénicos

Máis información:

Web sobre as zonas libres de transxénicos de Ecologistas en Acción

Organizacións sociais e persoalidade asinan contra os transxénicos

Agrupaçom de Montanha Augas Limpas (AMAL)

February 28, 2008 2:37 am

Já há máis de um ano que vêm funcionando na Galiza a Agrupaçom de Montanha Augas Limpas (AMAL). Este grupo de montanhismo dessenvolve a sua actividade por todo o País realizando regularmente marchas aos diferentes cúmios da nossa geografia, realizando até hoje perto de dez saídas, máis umha marcha que atravessou a dorsal atlántica em etapas durante duas semans. AMAL nom só é um grupo de montanha orientado a roteiros de dificultade meia-alta, senom que também foca a sua actividade à defesa da terra e o ambientalismo, como sujeitos activos e nom como simples consumidores de paiságem.

Dúzias de montanheir@s tenhem-se botado ao monte com AMAL neste primeiro ano de andaina, também gente da nossa comarca. Agora, queremos dar um passo máis na potenciaçom do montanhismo como outra alternativa de lezer na Corunha. Por isso, AMAL vai constituir um grupo de montanheir@s na nossa Comarca.

Quêm estiver interessad@ em formar parte de AMAL, quêm goste da natureça, quêm senta a defesa da Terra como umha necesidade para a conservaçom do nosso entorno ou quêm simplesmente goste de saír de quando em quando da monótona vida consumista e urbanita, na que o capital mantem-nos engaiolad@s … Temos umha cita para sentar as basses para formar um pequeno, ou grande, grupinho de montanheir@s na nossa comarca.

FICADES CONVIDAD@S TOD@S @S INTERESSAD@S A UMHA ASSEMBLEIA DE MONTANHEIR@S QUE CELEBRAREMOS NO CENTRO SOCIAL ATREU! O PRÓXIMO DOMINGO, DIA 9, ÀS 20 H.

Os temas a tratar, serám entre outros:

  • a constituiçom dum grupo da AMAL local
  • a apresentaçom do programa de roteiros para este ano
  • a organizaçom dum roteiro anual na nossa Comarca. Aberto à gente de todo o País, mas dirigido especialmente à mocidade corunhesa.
  • outras iniciativas próprias do activismo ambientalista e ecologista
  • calquer prosposta será bem-vida.

O realmente importante é artelhar um grupo de gente que se implique no tema de "ponher-se a caminhar", nom se trata de crear um outro "chiringuito". A assistência de quêm estiver interessad@ É MUI IMPORTANTE, mas nom venhades coa ideia na cabeça de um outro grupo para ter juntanças, trabalho, etc. Tráta-se de umha tomada de contacto para organizar-nos um pouco e quedar mui de quando em quando, se for necessário.

Quêm quixer consultar máis info sobre AMAL, o seu blog é: www.aguaslimpas.blogspot.com

5º Festival Internacional Manicómicos

February 27, 2008 8:53 pm

Cartel 5º Festival Manicómicos

O Festival Internacional de Teatro Manicómicos xa está aquí de novo para facer da Coruña a cidade da risa. Nesta presente edición, presentamos unha programación de contrastada calidade internacional e variedade de estilos.

E para celebrar o seu 5º aniversario divídese en dous a partires do presente ano, ofrecendo unha 1ª parte no mes de marzo con espectáculos de interior, e unha 2ª en agosto con espectáculos de rúa.

O Festival Manicómicos fará as delicias de todos os públicos que queiran achegarse aos teatros e levar de volta un sorriso inesquecible

É para vós, que o disfrutedes!


Show me more… »

Campaña represiva contra preSOS Galiza e a Comisión de Denuncia da Galiza

January 20, 2008 1:41 am

Dende a Comisión de Denuncia de Galiza, temos que dar noticia dun feito especialmente grave, por constituir un nidio exemplo de persecución aos movimentos sociais críticos e autónomos por medio de criminalización dos seus integrantes. Este vez o obxectivo é a asociación PreSOS, integrante da Comisión de Denuncia e o ataque dirixese persoalmente contra un dos seus fundadores.

Na noite do 30 de decembro de 2004, varios axentes axentes da Policia Local de Santiago de Compostela detiveron utilizando a forza fisica dun xeito absolutamente desproporcionado a un cidadán na Rua de San Pedro. Varias persoas foron testigos da desproporcionada actuación policial, entre eles o Presidente da Asociación PreSOS GALIZA ,Fran del Buey.

Fran del Buey tentou por medio de sua intervención mitigar a desproporcionada actuación policial chegando a ser ameazado con ser obxecto de detención, nembargantes manter unha actitude sosegada o representante da asociación PreSOS ca forza policial.
A asociación PreSOS e no seu nome FRAN DEL BUEY presentou denuncia no xulgado de instrucción.Coetaneamente, en virtude do atestado policial, se lle aperturaron dilixencias penais ao cidadán agredido como autor dun delito de danos.

A denuncia interposta por PreSOS determinou a celebración dun xuizo de faltas contra os axentes da policia municipal. O xuizo estivo cheo de irregularidades, chegando a manifestar unha testemuña que o representante de Asociación PreSOS atopabase merodeando momentos antes para roubar nos coches aparcados na Rua de San Pedro, nidia manifestación de incredibilidade desta declaración.
Como é habitual nas interpostas contra integrantes de forzas policiais a denuncia de PreSOS rematou con sentencia absolutoria para os policias. Como resposta a esta actuación de defensa frente aos abusos policiais, a policia do Concello de Santiago pretende devolver o golpe e presenta unha querela contra o presidente da asociación de preSOS,imputando un delicto de Denuncia falsa do art 456.1.2 do CP, coa imposición dunha multa de 16 meses con cuota diaria de 12 euros e de Falso testimonio do art 458 do CP. coa imposición dunha pena dun ano de prisión e multa de 4 meses a cuota diaria de 12 euros, ousexa 1440 €.

Mas, sumado ao ataque persoal, a meirande gravedade destes feitos deriva de que se pretende, por medio da criminalización dos seus activistas, a neutralización dunha asociación que leva 20 anos traballando na defensa dos dereitos fundamentais da persoas, sen vacilar en denunciar ou enfrontarse a calquera administración (tamen ao concello de Santiago) en exercicio das suas finalidades estatutarias. PreSOS e a plataforma de colectivos COMISIÓN DE DENUNCIA son organizacións autoxestionarias, que non dependen de subvencións nen recoñecen fidelidades ou instruccións externas e porén, a forma de facelas calar non é senon utilizar o sistema represivo que teñen criticado ambas entidades de forma tenaz.

Lembramos hoxe a cita de Martin Niemoeller: primeiro viñeron buscar aos comunistas e eu non falei porque no era comunista; Despois, viñeron polos socialistas e polos sindicalistas ,e eu non falei porque non era non o un nen o outro. Despois viñeros polos xudeos, e eu non falei porque non era xudeo. Despois viñeron por min y para enton xa non quedaba ninguen que poidera falar por mi.

Dende a Comisión de Denuncia non estamos dispostos a esperar que mañá o obxectivo represivo sexa outr@ disidente diferente ao noso compañeiro. Esperamos que vos tampouco.

PreSOS Galiza

Denuncia do Bar Patachim da Coruña

January 19, 2008 2:25 am

Relato-vos o que hoje, 17 de janeiro, vivimos no Patachim:

Às 19′45 perto de 20 polícias nacionais de "segurança cidadá" e "estupefacientes" uniformados entrarom no bar para realizar umha operaçom "contra o consumo de drogas", fechando as portas e deixando encerradadas e ilhadas durante mais 1 hora e meia às mais de 30 pessoas que havia no interior. Ordenarom apagar a música, deixar de servir e fazer ou realizar chamadas. Tampouco nos permitirom recolher as mesas, lavar a louça nem realizar nengum tipo de actividade até que o último cliente foi identificado e obrigado a sair do local. Todas as pessoas forom obrigadas a abandonar o local umha por umha, umha vez identificadas e cacheadas, sem dar-lhes a opçom de ficar no local.

Algumha pessoa que tratou de contestar ao telefone foi ameaçada com ser levada a comissaria, ao igual que a minha nai por nom estar documentada. Só deixarom marchar a um vendedor do cupom de cegos qua havia nesse momento, ao igual que a umha clienta por sofrer umha crise de angústia. Outro cliente tivo que ser atendido depois, devido ao mal corpo, e acavou vomitando.

Os 6 polícias de paisano que havia entre a clientela pronto se autodescobrirom ao quitar as cazadoras e passear-se polo local sem nengum pudor exibindo as suas pistolas atadas ao cinto. Houvo algum momento no que tivemos que aguantar comentários irónicos e fora de lugar por parte de algum funcionário. No exterior chegarom a juntar-se 5 carros patrulha e um grupo de polícias na porta. Aos 15 minutos chegou a prensa, com fotógrafos incluídos. Todas as pessoas forom identificadas e cacheadas umha por umha. Umha polícia adicou-se, enguantada, a desmiuçar exaustivamente os bolsos de todas as clientas - paquetes de tabaco, carteiras, maquilhagens, compressas…-.

Resultado: levantarom várias actas a algumhas clientas e clientes, por posessom de pequenas cantidades de hachis para consumo próprio, e umha ao local por tolerância com o consumo. Depois de que o último cliente pudera abandonar o local, sobre as 21′45, todos os polícias continuarom dentro do local durante 1 hora mais, sem permitir-nos a mim e às testemunhas abandonar o local, ou ponhê-lo em funcionamento até que os polícias encarregados do papeleo rematarom (a isso das 22´45) O resto dos polícias falavam tranquilamente das suas cousas e um chegou a sacar e fumar um puro havano; oferecendo-lhe ao resto dos seus companheiros. O local ficou totalmente revolto, cojins e peças de xadrez ou parchis tiradas polo cham, e especialmente o armazém, no que desordenarom caixas, botelhas, etc. ao meter a dous cans enormes que o pisotearom todo.

Sabem de sobra que no nosso local nom hai "trapicheo". Por outra parte, o consumo de hachis em lugares públicos é umha conduta socialmente generalizada hoje em dia. Polo que parece, encontramo-nos ante umha campanha mediática da subdelegaçom do governo em vísperas eleitorais.

Quanto dezencanto, com "z" de conzervadorez.

Porque os conservadores sempre tirarom réditos eleitorais criminalizando os estilos de vida diferentes e tratando de criar alarma social e vizinhal onde nom a hai. Um grupo de vizinhos, por certo, permanecerom fora do local em sinal de solidariedade.

Os alcaldes de once localidades andaluzas piden no Congreso a III República

January 9, 2008 11:56 am

Segundo IU, trátase dun movemento "sereno, pacífico, democrático e constitucional" ao que, proximamente, "uniranse máis de 40 concellos"

A Rede de Municipios e Cargos Públicos pola Terceira República entregou hoxe no Congreso as mocións aprobadas nunha ducia de Concellos -a maior parte andaluces e todos gobernados por IU- por un proceso constituínte a favor do cambio do modelo monárquico de Estado.

A iniciativa supón o "inicio dun camiño" que necesitará de "moito debate social" para cambiar a "herdanza" da Xefatura do Estado "por razóns de sangue", segundo declarou en rolda de prensa a deputada de IU Montserrat Muñoz.

Antonio Romeu, parlamentario andaluz de IU e coordinador do movemento, afirmou antes do acto de entrega que se privou ao pobo de decidir entre Monarquía e República e, segundo as enquisas, máis dun 30% dos españois preferiría un réxime republicano". "Ademais, a mocidade maioritariamente está a favor e ata existe unha parte da dereita que a apoia", aseverou.

Para Muñoz, o movemento representa "algo máis" que a "disxuntiva República-Monarquía", xa que trata de recoller os valores de 1931 de "liberdade, fraternidad, solidariedade e laicismo" desde as cidades, onde é "máis fácil" arrincar o debate sobre o modelo de Estado.

"Non se trata de queimar fotografías"

O pasado mes de xullo once municipios andaluces presentaron no Parlamento autonómico unha moción que subliñaba a necesidade de "unha loita democrática pola República na axenda política, social e institucional", recordou Antonio Romeu.

O primeiro consistorio en aprobar en pleno a moción foi o de Casariche, ao que seguiron outros tres sevillanos (Marinaleda, Martín de la Jara e Pedrera), cinco malagueños (Arriate, El Borge, El Burgo, Humilladero, Teba), un de Cádiz (Alcalá del Valle), outro de Córdoba (Espello) e o último de Madrid (Casarrubuelos).

"Non se trata de queimar fotografías", declarou Romeu, senón de aprobar unha "materia pendente" de forma pacífica para que os cidadáns españois poidan pronunciarse sobre o modelo de Estado que prefiren, co que se superaría o "déficit democrático" do país.

A proposta foi recollida no "Manifesto a favor dun proceso constituínte pola Terceira República", que asinaron destacadas personalidades do ámbito académico, cultural e intelectual, como Rosa Regás, Luís García Montero, Xullo Anguita ou José Manuel Martín Médem.

"Cidadáns e non súbditos"

"Queremos ser cidadáns e non súbditos", proseguiu o deputado andaluz, para quen a Monarquía española é sucesora de Franco e símbolo de "o pasado e o arcaico".

En declaracións posteriores aos medios, Romeu anunciou que os máis de cen municipios gobernados con maioría absoluta por IU en toda España irán aprobando en cadea esta moción, e espera que o fagan tamén outros partidos nacionalistas como Nafarroa Bai, aínda que insistiu en que se trata dun movemento "moi español".

Así mesmo o representante de EU criticou ao PSOE polo seu "republicanismo de salón", en referencia ás "instrucións" dadas aos edís socialistas por parte do presidente andaluz, Manuel Chaves, e do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, para non votar a moción de IU.

"Desgraciadamente o PSOE cambiou de ideólogo de cabeceira, Pablo Iglesias, por Jaime Peñafiel", lamentouse Romeu, que invitou a todos os republicanos a non votar aos socialistas nas próximas eleccións xerais do 9 de marzo.

Fonte: Los alcaldes de once localidades andaluzas piden en el Congreso la III República
Público.es

1 2 3 ... 37

WordPress database error: [Access denied for user 'bircor_mundo'@'%' to database 'bircor_mundo']
INSERT INTO wp_options (option_name, option_value, option_description, autoload) VALUES ('kjgrc_cache', 'a:2:{s:8:\"comments\";s:1520:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPkNvbWVudGFyaW9zIFJlY2VudGVzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDkxI2NvbW1lbnQtNzk3MDciIHRpdGxlPSJMaWJybyBkZSB2aXNpdGFzLCBKdW5lIDcsIDIwMDciPkpvaG4xNDUyPC9hPjogR3JlYXQgd29yayx3ZWJtYXN0ZXIsbmljZSBkZXNpZ24hIGJ1eSAsIGNoZWFwICwgYnV5ICwgLCAsPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDUxI2NvbW1lbnQtNzk3MDUiIHRpdGxlPSJNYXBhIGRvIHNpdGlvLCBNYXJjaCAyNiwgMjAwNyI+Sm9objEwMjg8L2E+OiBQZXJmZWN0IHdvcmshIGJ1eSAsICwgLCBjaGVhcCAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD0yNzcjY29tbWVudC03OTcwMyIgdGl0bGU9IjHCqiBhY2Npw7NuIGRhIFNlbWFuYSBkZSBMb2l0YSBTb2NpYWwgwpNSb21wYW1vcyBvIFNpbGVuY2lvwpQuIENpbmUgQm9nYXJ0IChNYWRyaWQpLCBKdW5lIDI2LCAyMDA2Ij5Kb2huMTQ3NjwvYT46IEdyZWF0IC5Ob3cgaSBjYW4gc2F5IHRoYW5rIHlvdSEgY2hlYXAgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cGFnZV9pZD00OTEjY29tbWVudC03OTY5NyIgdGl0bGU9IkxpYnJvIGRlIHZpc2l0YXMsIEp1bmUgNywgMjAwNyI+Sm9objE0NTI8L2E+OiBCZWF1dGlmdWwgc2l0ZSEgLCBjaGVhcCAsIGNoZWFwICwgLCBidXkgLDwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wYWdlX2lkPTQ1MSNjb21tZW50LTc5Njk1IiB0aXRsZT0iTWFwYSBkbyBzaXRpbywgTWFyY2ggMjYsIDIwMDciPkpvaG4xMDI4PC9hPjogSW5jcmVkaWJsZSBzaXRlISBidXkgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgo8L3VsPjwvZGl2PjwvdWw+PC9kaXY+\";s:10:\"trackbacks\";s:1880:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPlJlY2VudCBUcmFja2JhY2tzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NTExI2NvbW1lbnQtNDk5MzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGl2ZSBFYXJ0aDogYWZvcnJhZGUgZW5lcnjDrWEsIHF1ZSBuw7NzIG5vbiBwb2RlbW9zJnF1b3Q7OiAgQ2FzaW5vIDEyNDMzNzU5MTEmIzgyMzA7Ij5DYXNpbm8gMTI0MzM3NTkxMTwvYT46IENhc2lubyAxMjQzMzc1OTExLi4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDQ3I2NvbW1lbnQtNDIyMzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGFrYWJlLCBleHBlcmllbmNpYSBjb211bml0YXJpYSZxdW90OzogIENhc2lubyAxMjQxMjc4NTMzJiM4MjMwOyI+Q2FzaW5vIDEyNDEyNzg1MzM8L2E+OiBDYXNpbm8gMTI0MTI3ODUzMy4uLjwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wPTQ3NCNjb21tZW50LTM1NTQyIiB0aXRsZT0iVHJhY2tiYWNrIHRvICZxdW90O0luZm9ybWHDp8OjbyDDmnRpbCBzb2JyZSBhIENvbnRlc3Rhw6fDo28gYW8gRzgmcXVvdDs6ICBJbnN0YW50IG5vIGRlcG9zaXQgY2FzaW5vIDMwOCYjODIzMDsiPkluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBjYXNpbm8gMzA4PC9hPjogSW5zdGFudCBubyBkZXBvc2l0IGNhc2lubyAzMDguLi48L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD00NzQjY29tbWVudC0zNTU0MSIgdGl0bGU9IlRyYWNrYmFjayB0byAmcXVvdDtJbmZvcm1hw6fDo28gw5p0aWwgc29icmUgYSBDb250ZXN0YcOnw6NvIGFvIEc4JnF1b3Q7OiAgTm8gZGVwb3NpdCBzaXRlcyAxODYmIzgyMzA7Ij5ObyBkZXBvc2l0IHNpdGVzIDE4NjwvYT46IE5vIGRlcG9zaXQgc2l0ZXMgMTg2Li4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDc0I2NvbW1lbnQtMzU1NDAiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7SW5mb3JtYcOnw6NvIMOadGlsIHNvYnJlIGEgQ29udGVzdGHDp8OjbyBhbyBHOCZxdW90OzogIDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OCYjODIzMDsiPjIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2ODwvYT46IDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OC4uLjwvbGk+CjwvdWw+PC9kaXY+PC91bD48L2Rpdj4=\";}', '', 'yes')