Archive for the 'Loita Social_' category

Marcha Ciclonudista. A Coruña, 7 de xuño ás 12h en María Pita

May 27, 2008 11:01 am - 317 Views

II Marcha Ciclonudista

Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.

Chamamento Mundial. Sábado 7 de xuño de 2008. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.

Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.

Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.

Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.

Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia, Granada, Santander, Cuenca, Salamanca.

Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net

2º Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 7 de xuño ás 12h na Coruña, saída da Praza de María Pita)

O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como gustemos, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña, un paseo de tolerancia e integridade.

Despois do enorme éxito da primeira edición, con máis de 40 ciclonudistas paseando polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo á cidade. O percorrido comezará en na Praza María Pita, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis! Smile

Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dúbidas, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo xa que non é obrigatorio ir espid@s. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad@s, … Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.

A convocatoria, mentres non se animen outras cidades a celebrala, pretende ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes ás persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod@s @s vos@s coñecid@s, amig@s ou familiares, seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.

Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net

A preparación poderedes seguila aquí: Foro das masas críticas galegas (apartado da ciclonudista)

O material dispoñible é:

- Cartel
- Panfleto diante
- Panfleto detrás

Vémonos o sábado 7 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!

A Cultura Pre O(k)upa

March 21, 2008 1:24 am

O pasado venres 14 ás 17:00 horas un grupo de persoas liberou un novo espazo social na cidade da Coruña,concretamente na rúa Atocha Alta nº 14 no bairro das Atochas-Monte Alto. Estades todas invitadas a formar parte deste proxecto de revitalización socio-cultural para o barrio de Monte Alto.

Porque… A_Cultura_Preo(k)upa !!!

Quen é a "Cultura Pre O(k)upa"?

A "Cultura Pre O(k)upa" seremos todas aquelas que nos recoñeceremos nunca iniciativa social, cultural e política autoorganizada por diferentes grupos e persoas da cidade que atravesan diversos ámbitos de idade e/ou adscripción. Xuntámonos na preocupación pola realidade social e cultural da nosa cidade en xeral e do barrio de Monte Alto en particular. Xuntámonos na sinceira creencia de que o traballo en común, desde abaixo cuestiona directamente unhas institucións que non saben nin -semella- queren dar solución aos problemas de espazo que sufre esta cidade. Espazos no referente ao cultural, ausencia de lugares onde construir cultura desde abaixo. Espazos no político; na referencia a ausencia de marcos de participación activa para a xente nova. Espazos finalmente no físico, pola imposibilidade no acceso a vivenda no individual ou a xestión de espazos públicos no colectivo. Tendencialmente si pódese dicir que somos xente nova. Pódese dicir, porén, que temos un xeito novo de entender os espazos de/para a cultura e a luita social.

A "Cultura Pre O(k)upa" pretende ser un revulsivo social. Un impulso colectivo. Pretende tomar e recuperar un espazo en continuado desuso para darlle vida mediante multiplas actividades culturais e sociais. A "Cultura Pre O(k)upa" será teatro, globoflexia, arquitectura social, música ao vivo, obradoiros, cinema. A "Cultura Pre O(k)upa" será graffitis, cultura urbana, propostas libres para a creación colectiva. A "Cultura PreO(k)upa" será un espazo físico e un territorio social aberto ao bairro e a cidade. Aberto as prácticas de quen así o quixer. Algo máis de dez días de actividades continuadas que seguro conseguiran prender –ainda un pouco- máis os momentos da proposta social. Os momentos da alternativa cultural nunha clave sempre propositiva.

Claves para comprender a "Cultura Pre O(k)upa"

A "Cultura Pre O(k)upa" é unha luita que cuestiona a violencia inmobiliaria e urbanística. A "Cultura Pre O(k)upa" é unha realidade propositiva contra a especulación do territorio urbano. A "Cultura Pre O(k)upa" é un proxecto que trata de recuperar a vida e o bairro como espazos do común. A "Cultura Pre O(k)upa" é un espazo aberto. Nunca algo noso, se non algo de TODAS. A "Cultura Pre O(k)upa" é unha iniciativa aberta ao bairro e a cidade. A "Cultura Pre O(k)upa" habita un espazo concreto, pero excede este lugar. A "Cultura Pre O(k)upa" é un proceso que non empeza nin acaba nestas xornadas. É un proceso político, social e cultural. Un movimento que subvirte a realidade para construír aquí e agora momentos acorde cos desexos e necesidades da comunidade humana que habitamos. O noso tempo é aquí, e comeza agora! Assembleia da "Cultura_Pre_O(k)upa".

http://aculturapreokupa.blogaliza.org

Namentres seguimos acondicionando o local, continúan coas xornadas da_Cultura_pre_o(K)upa …

xoves 20 de marzo:

18:00 h.: O Doutor Lanudo: Circo de rúa.
19:30 h: Documental. 'El paraíso de Hasner'. De Günter Schwaiger.
22:00 h.: Sesión de Dj Julio & Luigi

vernes 21 de marzo:

18:00 h.: Obradoiro fabricación de malabares reciclados.
19:30 h.: Cine: 'Laborare con Lentezza'
21:30 h.: Dance Hall Reaggea Dub

sábado 22 de marzo:

15:30 h.: Grafitti Happening
18:00 h.: Presentación proxecto editorial RENDEREN
20:00 h.: Danza: Experimentadanza
21:30 h.: Cantautor punk: Bitxo-Bola
22:30 h.: Música: Jam Session

domingo 23 de marzo:

19:00 h.: Obradoiro de iniciación á performance por RITA RODRÍGUEZ
21:00 h.: Montaxe Audiovisual (concerto viola + proxeccións): 'Monte Alto, historia dun barrio'.
22:00 h.: Cine: Entre el dictador i jo

Lugar: laboratorio social okupado, Atocha Alta, nº 14

Monte Alto*Corunha*Galiza

Os alcaldes de once localidades andaluzas piden no Congreso a III República

January 9, 2008 11:56 am

Segundo IU, trátase dun movemento "sereno, pacífico, democrático e constitucional" ao que, proximamente, "uniranse máis de 40 concellos"

A Rede de Municipios e Cargos Públicos pola Terceira República entregou hoxe no Congreso as mocións aprobadas nunha ducia de Concellos -a maior parte andaluces e todos gobernados por IU- por un proceso constituínte a favor do cambio do modelo monárquico de Estado.

A iniciativa supón o "inicio dun camiño" que necesitará de "moito debate social" para cambiar a "herdanza" da Xefatura do Estado "por razóns de sangue", segundo declarou en rolda de prensa a deputada de IU Montserrat Muñoz.

Antonio Romeu, parlamentario andaluz de IU e coordinador do movemento, afirmou antes do acto de entrega que se privou ao pobo de decidir entre Monarquía e República e, segundo as enquisas, máis dun 30% dos españois preferiría un réxime republicano". "Ademais, a mocidade maioritariamente está a favor e ata existe unha parte da dereita que a apoia", aseverou.

Para Muñoz, o movemento representa "algo máis" que a "disxuntiva República-Monarquía", xa que trata de recoller os valores de 1931 de "liberdade, fraternidad, solidariedade e laicismo" desde as cidades, onde é "máis fácil" arrincar o debate sobre o modelo de Estado.

"Non se trata de queimar fotografías"

O pasado mes de xullo once municipios andaluces presentaron no Parlamento autonómico unha moción que subliñaba a necesidade de "unha loita democrática pola República na axenda política, social e institucional", recordou Antonio Romeu.

O primeiro consistorio en aprobar en pleno a moción foi o de Casariche, ao que seguiron outros tres sevillanos (Marinaleda, Martín de la Jara e Pedrera), cinco malagueños (Arriate, El Borge, El Burgo, Humilladero, Teba), un de Cádiz (Alcalá del Valle), outro de Córdoba (Espello) e o último de Madrid (Casarrubuelos).

"Non se trata de queimar fotografías", declarou Romeu, senón de aprobar unha "materia pendente" de forma pacífica para que os cidadáns españois poidan pronunciarse sobre o modelo de Estado que prefiren, co que se superaría o "déficit democrático" do país.

A proposta foi recollida no "Manifesto a favor dun proceso constituínte pola Terceira República", que asinaron destacadas personalidades do ámbito académico, cultural e intelectual, como Rosa Regás, Luís García Montero, Xullo Anguita ou José Manuel Martín Médem.

"Cidadáns e non súbditos"

"Queremos ser cidadáns e non súbditos", proseguiu o deputado andaluz, para quen a Monarquía española é sucesora de Franco e símbolo de "o pasado e o arcaico".

En declaracións posteriores aos medios, Romeu anunciou que os máis de cen municipios gobernados con maioría absoluta por IU en toda España irán aprobando en cadea esta moción, e espera que o fagan tamén outros partidos nacionalistas como Nafarroa Bai, aínda que insistiu en que se trata dun movemento "moi español".

Así mesmo o representante de EU criticou ao PSOE polo seu "republicanismo de salón", en referencia ás "instrucións" dadas aos edís socialistas por parte do presidente andaluz, Manuel Chaves, e do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, para non votar a moción de IU.

"Desgraciadamente o PSOE cambiou de ideólogo de cabeceira, Pablo Iglesias, por Jaime Peñafiel", lamentouse Romeu, que invitou a todos os republicanos a non votar aos socialistas nas próximas eleccións xerais do 9 de marzo.

Fonte: Los alcaldes de once localidades andaluzas piden en el Congreso la III República
Público.es

Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia

November 24, 2007 8:48 pm

Nota de prensa da Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel

O próximo martes, 27 de novembro de 2007, ás 10:00 horas comeza o debate no Parlamento de Galicia sobre o “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia”: Proxecto da minaría (pdf)

Proxecto ao que se presentaron as seguintes emendas por parte de PP, PS de G e BNG ( Páxina 4 e seguintes ): Enmendas ao Proxecto da minaría (pdf)

Este proxecto de Lei, que vai facilitar a tramitación de novas minas, e para iso prevese entre outras medidas a modificación da Lei do Solo, 9/2002 (Ver as disposicións derradeiras deste proxecto de Lei)

Pero a maiores, contempla tamén a posibilidade de implantar actividades extractivas en en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc); e deixa á “intemperie” todos os espazos naturais da Galiza e ímolo demostrar paso a paso:

a.- A Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, vai ser a primeira lei autonómica de todo o Estado nesta materia e non é, como din, para regularizar as explotacións alegais existentes, xa que a “máis iposible” de todas, “La Campa_Santa Eufemia”, xa foi autorizada dun “golpe” o 21 de xuño de 2007, no mesmo Consello da Xunta que se aprobou este Proxecto de Lei.

Unha semana antes deste Consello, o presidente da Xunta reunírase co sector da Pedra de Galicia: Noticia en xornal.com

Destacase a presencia do representante de Cupa Group, paricipada por Caixa Galicia, multinacional propietaria de “ La Campa”.

b.- O verdadeiro motivo desta Lei, como xa dixemos, é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o “asalto” de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas.

Por iso, con esas miras futuras, deixase que siga o trámite das de momento, 54 novas canteiras no Courel, en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais. Esta “multitramitación de actividades extractivas” cargadas de “expropiación forzosa”, xa se vai ocupando de ir despoboando o territorio e de disuadir da implantación das actividades económicas alternativas necesarias para o mantemento do patrimonio cultural e natural.

c.- Xa a Lei do Solo, 9/2002, na súa disposición transitoria nº 12 consinte para o futuro e di: “…..A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc) non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 10/1995) ……..”

d.- Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de Galicia” que se corresponde co “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.

e.- As garantías ambientais do “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia” estableceranse por medio de unha avaliación ambiental “a carta”, o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente “literatura de soostibilidade” para saltarse a Lei do Solo.

f.- Así, o único obstáculo ambiental que queda, intentouse eliminar polo artigo 39, punto 4, deste proxecto de Lei, onde o Consello da Xunta, do 21 de xuño de 2007 (o mesmo día que se autorizou a “CE La Campa”) “colou” un apartado polo que “as actividades extractivas” poderían “saltarse” o vixente Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (RAMINP), e sería substituído por unha “avaliación ambiental”. Evidentemente este apartado terá que retirarse da Lei que se aprobe no Parlamento, a menos que queiran contradicir a normativa estatal.

g.- Introdúcese tamén neste proxecto de Lei, declaración de “concellos mineiros”, tal e como se prevé no artigo 46, por o que a minaría pasaría, a maiores do interese público, a ter tamén interese social nestes concellos. Según este artigo, Folgoso do Courel, con máis do 90% do seu territorio en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais, sería declarado “concello mineiro”.

h.- Por todo o anteriormente exposto e para evitar a inseguridade xurídica e de futuro esiximos ao Parlamento de Galicia que se incorpore á esta Lei de Ordenación da Minaría de Galicia a prohibición de tramitar concesións e instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e outros espazos naturais, no senso en que obriga a Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que no último parágrafo do seu artigo 6, di:

“No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeiro orde.”

Ante a grave desfeita do Courel, un dos espazos de maior biodiversidade e xeodiversidade da Europa, ateigado de hábitats naturais prioritarios e de especies prioritarias, e polo tanto de máximo interese científico-educativo, natural e cultural, valores protexidos expresamente na Constitución do Estado polos artigos 44, 45 e 46; onde a maiores, estase a incumprir gravemente a Normativa Comunitaria que obriga a todos os estados membros; é de esperar que sexa o Parlamento da Galiza o que tome a dianteira na defensa destes territorios e valores tan próximos.

Como o custo de todos os procedementos xudiciais iniciados para a defensa do Courel, non temos máis remedio que pedir e aceptar doazóns. Por iso para todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición o noso nº de conta en La caixa: 2100 | 2183 | 56 | 0200181109

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, podedes utilizar o enderezo electrónico soscourel(arroba)mundo-r(punto)com, ou o teléfono 607 22 58 87.

Solidariedade cos veciños de O Eixo

October 15, 2007 12:16 am

O próximo domingo, día 21, na Alameda de Santiago, terá lugar unha manifestación en solidariedade cos veciños de O Eixo, para que se lles conceda o indulto despois de que se lles rexeitara a anterior solicitude

No ano 1989 varios veciños da parroquia de O Eixo foron denunciados polas lesións sufridas por un membro dos corpos e forzas de seguridade do estado no transcurso dunhas mobilizacións nas que se pedía seguridade viaria na estrada N-525, na zona de Santa Lucía. Anos máis tarde foron condenados a penas de cárcere e unha indemnización de 156000 Euros a pesar de múltiples irregularidades e que non houbo intencionalidade de producir lesións ao axente. Posteriormente o Consello de Ministros rexeitou conceder o indulto aos condenados.

Na sentencia condenatoria admitise que os Policías Nacionais que recoñeceron, en rolda de recoñecemento, aos acusados “puideron chegar a ter ocasión material de cometer a irregularidade de examinar fotos das persoas que presumiblemente ían ter que recoñecer ulteriormente”, admitise que houbo “intervención nas roldas, xunto ás persoas obxecto de identificación, de membros da Policía Nacional” e ademais foi confirmada a “condición de funcionarios en prácticas de varias persoas que integraron as rodas”. Ou sexa que os Policías Nacionais que tiveron que recoñecer aos acusados tiveron acceso ás fotos deles antes da Rolda de Recoñecemento e os recoñeceron entre varios Policías Nacionais.

O Policía Nacional supostamente agredido foi quen identificou “na rúa e de forma casual” a un dos acusados sen que fora capaz de explicar o “motivo que o levou ese día ate a zona de Santiago onde se encontrou con o acusado”. A raíz da súa detención outro veciño do Eixo, e posteriormente acusado, acudiu aos Xulgados para interesarse pola situación do detido, este foi relacionado cós feitos a pesar de que a súa descrición no atestado fala “dunha tez moi branca que contrasta cós seus rasgos e cor de pel, propios dunha persoa acusadamente morena”

Tamén a confusión propia da situación é utilizada na sentencia para xustificar os vacios e contradicción das declaracións policiais, sen embargo no caso da defensa e valorada negativamente e se considera “destacable a tendencia das testemuñas a dar contestación vagas ou a escudarse na súa falta de percepción do suceso cando se pregunta sobre o modo en que se produciron as lesións aos policías”.

“Os forenses tampouco descartaron que unha causa distinta dunha agresión física (un tumulto, por exemplo) puidera causar semellante incidencia no psiquismo do (policía) afectado” e que “os traumatismos sufridos polos policías poida ter como orixe unha caída accidental colectiva”

Desde o MpDC pensamos que quen debería responder polos feitos acontecidos foi quen tratou aos veciños e veciñas de O Eixo como delincuentes e perigosos por reclamaren algo tan lexítimo como a seguridade viaria no seu vecindario. Quen forzou unha situación na que estes veciños e veciñas se viron acurralados e privados dos seus dereitos fundamentais e que ordenou cargar contra veciños e veciñas que non buscaban danar a ninguén e so velar pola seguridade dos seus fillos e fillas.

Non se pode pedir á cidadanía respecto a uns sistema que cirminaliza e envía a veciños e veciñas responsables e preocupados polo seu entorno á cárcere, e indulta a policías que torturan a cidadáns (como os policías municipais de Vigo indultados no 2006).

Por todo isto o MpDC anima a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21. Por xustiza.

Fonte: Dereitos Civís chama á participar na manifestación en solidariedade cos veciños de O Eixo

Alemanha: Fábrica de bicicletas é ocupada e autogerida pelos seus trabajadores

October 3, 2007 11:31 am

Os/as 135 trabalhadores/as da Fábrica de Bicicletas Bike Systems GmbH em Nordhausen, Região de Thüringenque, Alemanha, que ocupam a fábrica desde o dia 10 de julho de 2007, decidiram retomar a produção de bicicletas em regime de autogestão. De forma a que o projecto seja bem sucedido, eles devem receber 1.800 pedidos de bicicletas antes do dia 2 de Outubro. O pessoal da fábrica está a trabalhar em conjunto com a organização anarcosindicalista alemã FAU (União de Trabalhadores Livres), que lançou uma campanha através da página www.strike-bike.de

Há três meses, o pessoal desta fábrica, situada a sul das montanhas Harz, mantém-na ocupada em três turnos de vigilância. Querem impedir o encerramento definitivo, o desmantelamento e a venda da fábrica. A 10 agosto passado, a empresa (propriedade da estadunidense do Texas, Lone Star) apresentou o expediente de falência. A fábrica encontra-se num estado deteriorado e os locais foram esvaziados, com excepção de uma parte. O pessoal recebe o subsídio de desemprego, mas prefere poder continuar a trabalhar.

"Strike-Bike" (A Greve das Bicicletas) - as bicicletas da solidariedade de Nordhausen

Durante a ocupação, e no seguimento de debates mantidos durante as visitas solidárias que tínhamos recebido, nós, trabalhadores/as da fábrica, pensamos retomar a produção. Dado que não se trata só de evitar o desmantelamento da fábrica e esperar a chegada de um novo investidor. Temos a oportunidade de mostrar a capacidade dos/as trabalhadores/as de desenvolver com êxito as suas próprias iniciativas e de autogerir a produção e a distribuição. A ideia da "Strike-Bike" está a receber respostas muito positivas.

Se conseguirmos o nosso objectivo de receber pedidos de 1.800 bicicletas produzidas em regime de autogestão, ajudaremos a difundir as ideias de solidariedade e daremos um apoio moral a companheiros/as que se encontram em situações semelhantes, lutando, como nós, para evitar a "reconversão total".

Temos encontrado a ajuda da FAU, que está a promover, por toda a Alemanha, nossa luta e a venda da "Strike-Bike".

Para mais informação: www.strike-bike.de

A história da ocupação: www.labournet.de/branchen/sonstige/fahrzeug/bikesystems.html

Para contactar com a fábrica e fazer pedidos de bicicletas: "Bikes in Nordhausen e.V." - c/o. André Kegel, Bruno-Kunze-Str. 39 - 99734 Nordhausen - Telefone: 03631-622.124 y 03631-403.591 - Fax: 03631 - 622 170 - E-mail: fahrradwerk(arroba)gmx(punto)de

Para mais informação sobre a campanha do Grupo de Solidariedade com a Strike-Bike da FAU: Folkert Mohrhof - Telefone: 0179-4863252 - De segunda à sexta das 10h às 15h, também no telefone: +49.40-20.90.68.96

Fonte: Alemanha: Fábrica de bicicletas é ocupada e autogerida pelos seus trabajadores

Nota de Alasbarricadas.org:

Para apoyar el proyecto "Strike-Bike" y a l@s trabajador@s y respaldar la práctica autogestionaria y solidaria, desde Alasbarricadas.org nos ofrecemos a realizar las traducciones al alemán de los pedidos para quien lo necesitara. Poneos en contacto con nosotr@s a través del correo info(arroba)alasbarricadas(punto)org

Recordaros que los pedidos han de ser antes del 2 de octubre para que la iniciativa pueda prosperar. En breves traduciremos las características técnicas de las bicicletas. En cualquier caso, preguntadnos cualquier duda que os pueda surgir. ¡Ya no tenéis excusa!

Los dos modelos de bicicletas::




[pincha encima, para hacer la imagen más grande]

Fonte: [Alemania] Fábrica de bicicletas tomada por sus trabajador@s

Marcha bicicleteira Itoiz - Yesa

August 30, 2007 10:56 am

Do 30 de agosto ao 2 de setembro, entre estas datas celebrarase unha marcha bicicleteira en contra dos 2 proxectos hidrolóxicos que máis nos ameazan nestes momentos: o pantano de Itoiz e o recrecemento de Yesa.

Ambos os proxectos mantiveron unha evolución semellante: desfeita ecolóxica grave e irreversible, borrado do mapa de pobos e amplas áreas, casos incribles de corrupción impune nos tribunais, imposición á forza en contra da opinión das poboacións afectadas e fomento dunha lóxica baseada no negocio e malgasto de auga.

Aínda por riba, os 2 proxectos supón un grave risco para os pobos situados nas proximidades: tanto en Itoiz como en Yesa a ladeira esquerda conta con serios problemas de estabilidade

Nas obras de recrecemento de Yesa houbo un deslizamento de 3 millóns de metros cúbicos de terra silenciado pola Administración, producíndose gretas dun centenar de metros de longo e máis de metro e medio de profundidade. O enxeñeiro que deseñou o pantano inicial xa advertiu que as ladeiras non eran seguras, desaconsellando calquera recrecemento.

En Itoiz o movemento de ladeira é máis lento pero nos 3 últimos anos de probas de enchido rexistráronse máis de 1.100 sismos inducidos polo propio encoro, o que acrecenta enormemente o problema da falta de estabilidade.

¡¡Xa abonda de que xoguen coas nosas vidas !! Pedalea connosco e segue na loita en contra dos 2 monstros. Aínda estamos a tempo de paralos antes de que sexa demasiado tarde.

Solidarios con Itoiz

Concetración antitaurina

August 2, 2007 11:31 am

Sábado 4 de agosto diante do Coliseum da Coruña ás 18:00.

Loita con nos, a túa indiferenza failles poderosos. Polos dereitos dos animais a unha vida sen sufrimento.

Máis información: www.gatocan.com

A Coruña súmase a conmemoración do 62 aniversario da bomba de Hiroshima

11:21 am

A Plataforma Desarme A Coruña adicará o 4 de agosto a unha xornada participativa na praza das Conchiñas dende as 18.00

O acto consistirá en pintadas de mans, paneis de graffitis feitos polos rapaces, cantautores, unha exhibición de artes marciais de filosofía non-violenta, confección de grullas de papel -costume xaponesa para conmemorar esta data-, paiasos, malabares,…

Ao carón das 20.30 os asistentes faremos un círculo cada quen portando unha candea acendida. Queremos alumear a Paz. E faremos un pedido exhortando aos países e grupos que teñan armas de tipo nuclear a súa destrución.

O próximo sábado 4 de agosto multitude de cidades de todo o planeta uniranse para conmemorar a primeira explosión atómica da historia.

Na Coruña diversas asociacións e colectivos constituímos a Plataforma polo Desarme da Coruña.

Ante unha situación actual na que preto de 30.000 cabezas nucleares ameazan con destruír o planeta non unha, senón 25 veces. Unha situación na que cada vez máis gobernos dispoñen da tecnoloxía necesaria para construír armamento nuclear e de destrución masiva. Unha situación na que máis gobernantes ameazan ós "inimigos" coa utilización destas armas.

17 asociacións e colectivos coruñeses súmanse ao pedido polo desarme a celebrarse ó próximo sábado 4 de agosto ás 18h00 na praza das Conchiñas. Asociacións de veciños, de inmigrantes, comerciantes, culturais, de nais e pais de alumnos, ONG's ou políticas son algúns dos sectores que deica agora sumáronse ó acto:

  • Agra Asociación Veciñal da Agra do Orzán
  • Agra Humanista
  • AMESPA Amigos en España, Asociación de Inmigrantes Latinos e Eslavos
  • ASESER Asociación de Inmigrantes Senegaleses Residentes en A Coruña
  • Asociación de Xóvenes Humanistas pola Non-Violencia
  • Asociación de Nais e Pais do IES Agra do Orzán
  • Asociación de Pais do María Barbeito
  • Asociación de Veciños As Conchiñas
  • Asociación de Veciños Ventorrillo
  • Asociación Humanista de Montealto
  • Distrito Mallos, Asociación de Comerciantes
  • El Kamikaze (Cuac FM)
  • Forum Propolis
  • Instituto de Cultura Hispano-Vietnamita
  • Mundo Cooperante Galicia
  • Partido Humanista de Galicia
  • Unidade Veciñal 26 de Abril (Carral)

A Plataforma Desarme A Coruña esixe:

1- Desarme nuclear total.
2- Abandono, por parte das tropas invasoras, dos territorios ocupados.
3- Desarme progresivo e proporcional, en todas as rexións, das armas de destrución masiva (incluíndo as biolóxicas e químicas).

Co slogan: "É o noso mundo e querémolo en paz" estes colectivos convocamos a todas as coruñesas e coruñeses a participar no pedido pola paz e o desarme en memoria de Hiroshima e Nagasaky.

Máis información en: plataformadesarmeac.blogspot.com

Para que Reganosa non teña a autorización definitiva: Suma a túa firma

July 20, 2007 1:32 pm

Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa está construíndo sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Tamén, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a declaración de patrimonio da humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Denunciamos o anuncio da súa entrada en funcionamento saltándose ditos condicionados. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.

Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, non debe ser autorizada a súa entrada en funcionamento, trámite que ten a obrigación de solicitar.

Desde o ano 1994 en Cabo Prioriño existe unha ubicación idónea para unha Planta de Gas en Galicia, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.

Nome e apelidos Ocupación DNI

Manuel Rivas Barros, Escritor. Teresa Navaza González, Xornalista. Suso de Toro Santos, Escritor. Lino Braxe Mendía, Poeta-Actor. Xosé Manuel Beiras Torrado, Catedrático. Luis Gonzalez Tosar, Escritor. Xesús Alonso Montero, Catedrático. Laura Perez Landeira, Empresaria. Adela Figueroa, Presidenta de Adega. Miguel de Lira, Actor. Xan Duro, Coordinador Xeral de Verdegaia. Antonio Carnero Pose, Investigador. Manuel Lago Peñas, Economista. Enrique Banet Lopez, Realizador. Mabel Rivera, Actriz. Elina Luaces Ferreiro, Actriz. Jose Naya Díaz. Catedrático. Pedro A. Pomo García, Escritor. Modesto Fraga Moure, Escritor. Francisco M. López Martínez, Escritor. Xavier Castro Martínez, Diseñador (e siguen moitos máis)…

Prégase que os exemplares asignados (adxuntando nome e apelidos, ocupación e dni) se entreguen ao Comité Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ateneo Ferrolán
Apartado de Correos 303
Ferrol 15401

Fonte: Para que Reganosa non teña a autorización definitiva: Suma a túa firma

Documentos:

Manifesto en relación coa Planta de Gas que Reganosa Constrúe dentro da Ría de Ferrol (Doc)
Manifesto en relación coa Planta de Gas que Reganosa Constrúe dentro da Ría de Ferrol (PDF)

Grandes Superficies: Non Graciñas

July 4, 2007 3:04 pm

O mércores 27 de xuño, ONGs, sindicatos, cooperativas de consumo, grupos ecoloxistas e outras organizacións galegas que defenden modelos de consumo baseados na Soberanía Alimentaria, reuníronse en Compostela para coordinar o desenvolvemento en Galicia da campaña contra as grandes superficies lanzada o pasado 17 de abril, Día da Loita Campesiña. A coordinación a nivel estatal desta campaña reuneuse a fin de semana pasada en Villanueva de Villaescusa (Cantabria) coincidindo coa reunión semestral do "Espacio por un Comercio Justo".

Pero, ¿por qué unha campaña contra as grandes superficies?

Asistimos actualmente, e de forma crecente en todo o planeta, a un empobrecemento rural alarmante, agresións ambientais en aumento, sistemas de produción e comercio de alimentos altamente insostibles, e unha preocupante concentración de poder corporativo sobre un dereito humano básico como é a alimentación. Un control corporativo cada vez máis agresivo coas sociedades e o medio ambiente. Entre todos os eslavóns da cadea agroalimentaria, resulta especialmente preocupante o crecente poder e condicionamento que exercen as grandes empresas de distribución alimentaria, especialmente sobre os produtores e os consumidores. Faise cada vez máis evidente que a defensa do paradigma da Soberanía Alimentaria, dun mundo rural vivo, dunhas producións sostibles, dunhas relacións comerciais máis xustas e equitativas, e dunha estratexia clara e consistente de loita contra a fame e a pobreza, pasa por cuestionar o papel destes axentes económicos.

No estado español, 5 empresas controlan o 55% de toda a distribución de alimentos. Unha delas (Carrefour) representa case o 25% da mesma. O 82% das compras de alimentos realízanse nas distintas canles e formas que adopta a Gran Distribución Alimentaria. Cada ano perdemos 11 tendas de distribución de pequeno formato e 9 explotacións campesiñas. En promedio, o sobreprezo que aplican sobre moitos dos alimentos en relación ao seu prezo orixinal sitúase en máis do 100%, as súas marxes comerciais son enormes, acaparando o 60% do valor de toda a cadea e iso pagámolo os consumidores e os campesiños, uns á alza e outros á baixa.

Ante esta situación, a Campaña “Grandes Cadeas de Distribución: Non grazas!” quere denunciar este paradigma e promover alternativas ao modelo da gran distribución alimentaria.

Fonte: Grandes Superficies: Non Graciñas

Grandes cadenas de distribución: No Gracias

Día sen bañadores, 15 de xullo de 2007

July 3, 2007 9:12 am

Co obxectivo de reivindicar a tolerancia social cara á desnudez en todas as praias, o domingo 15 de xullo de 2007 celebrarase a primeira xornada do Día Sen Bañadores en todo o Estado.

A xornada consistirá no libre exercicio da desnudez no máximo número de praias, promovendo, así, a convivencia entre lles diferentes opcións de tomar o sol e a definitiva normalización da desnudez en todas lles praias.

Participar no día sen bañadores é tan fácil como acudir o domingo 15 de xullo sen bañador a unha praia na normalmente non se practica nudismo e exercer a túa liberdade de tomar o sol espido/a. Queremos que este día póidase practicar o nudismo no máximo número de praias nun ambiente de tolerancia e respecto, para que o nudismo sexa unha opción máis tal como o é o bañador, o biquini, o topless ou o tanga.

Se queres facer nudismo nunha praia en concreto e queres que outras persoas acompáñenche a exercer a túa liberdade ao espido, ou queres axudar a outras persoas a exercer este dereito, ponche en contacto coa túa asociación ou a máis próxima ao teu lugar de estancia por esas datas.

Co obxectivo de reivindicar o respecto social ao nudismo en todas lles praias, a Federación Española de Naturismo manifesta que:

  • Queremos que o nudismo sexa unha opción máis á hora de ir á praia, tal e como o é o bañador ou o top less. Queremos incorporar o nudismo á paisaxe de lles praias.
  • Queremos que desapareza a diferenciación entre nudistas e non nudistas, queremos que todos sexan bañistas con diferentes opcións de tomar o sol.
  • Queremos que todas as praias sexan lugares onde todo o mundo poida expresar o seu liberdade de indumentaria e o dereito á propia imaxe recoñecido no artigo 18.1 da constitución.
  • Facemos saber que segundo a lexislación vixente, o nudismo non pode ser limitado, nin sancionado e moito menos prohibido.
  • Denunciamos que 12 anos tras a despenalización da desnudez social, os nudistas aínda sufrimos a discriminación e incomprensión dunha boa parte da sociedade e, o descoñecemento da lei por parte das policías locais autonómica e estatal.
  • Facemos saber que a UNICEF, máximo órgano internacional para a defensa da infancia non considera a visión da desnudez humana prexudicial para a infancia.
  • Denunciamos a aqueles colectivos conservadores que, baixo o falso pretexto de protexer a infancia e a familia, impoñen a súa moral e recortan as liberdades públicas.
  • Afirmamos que o nudismo é socialmente beneficioso porque axuda a reducir as diferenzas de xénero e a eliminar calquera connotación sexual da desnudez.
  • Afirmamos que a desnudez axuda á aceptación do propio corpo. Unha persoa que se ispe é unha persoa que acepta o seu corpo tal e como é.

Iniciativa do CCN, Club Catalán de Naturismo, aprobada en asamblea na FEN, Federación Española de Naturismo.

Fonte: Día sin bañadores
Fonte orixinal: Dia Sense Banyadors, 15 de juliol de 2007

19º Ecotopia. 4 - 19 de agosto em Alzejur (sul de Portugal)

May 17, 2007 5:20 pm

O Ecotopia é um acampamento anual de activistas de toda a Europa e um encontro aberto a todas as pessoas interessadas em questões ambientais e de justiça social. O Ecotopia acontece todos os anos desde 1989, sempre num país diferente. É organizado pela EYFA (Juventude Europeia pela Acção) e por uma ou várias associações ambientais do país, que funcionam como organização que acolhe o evento. Neste ano, a 19ª edição irá decorrer em Portugal, promovida pelo GAIA (Grupo de Acção e Intervenção Ambiental).

O Ecotopia é um local de aprendizagem, partilha de experiências e difusão de informação sobre questões ambientais, sociais e políticas, entre outras. Entre 200 e 600 pessoas participam em cada edição do Ecotopia, para partilharem conhecimentos e discutirem sobre um amplo leque de assuntos, tais como: alterações climáticas, transportes e mobilidade, transgénicos, agricultura biológica, construção ecológica e infraestruturas sustentáveis, política e sistema económico global, estratégias para acções, experiências de campanhas, medias alternativos, migrações, racismo e xenofobia, questões culturais, influências sobre e das pessoas…

Todos os anos o Ecotopia tem um tema diferente, que se tenta que tanto esteja relacionado com o local, como que vá de encontro às emergências globais. Sendo assim, o tema escolhido este ano são as migrações, que terão especial relevância nos dias 10, 11 e 12 de Agosto.

O Ecotopia é igualmente um modelo funcional de comunidade auto-sustentável que coloca em prática os princípios de um estilo de vida alternativo e mais amigo do ambiente: tomadas de decisão por consenso, reciclagem de lixo, refeições vegetarianas, uso de energias alternativas… Sempre que possível, @s ecotopian@s participam em acções de voluntariado na zona, tentam envolver as pessoas locais nas questões do ambiente, assim como capacitam organizações locais.

O Ecotopia tem uma estrutura horizontal (não-hierárquica) e auto-organizada; a tod@s é pedido que tomem parte no funcionamento do campo, resolvendo problemas e tomando decisões. E tod@s são responsáveis pelo programa!

O Ecotopia funciona no sistema de ecotaxas - um sistema económico alternativo baseado no padrão de vida e rendimento médio de cada país, em vez de baseado nos mercados financeiros, o que significa que cada um no Ecotopia paga pela comida o mesmo que pagaria no próprio país.

Uma das melhores formas de chegar ao Ecotopia foi sempre a BikeTour.

Fonte: Ecotopia 2007

A gran acción global 2007

May 15, 2007 12:08 pm

Este verán do 6 ao 8 de Xuño o G8 volverá reunirse en Alemaña. Un novo cume para continuar co control do seu mundo. Pero os cidadáns do mundo imos cambiar o rumbo da historia.

  • O 7 de xuño de 2007 podemos facer que este mundo absurdo, sostido por nós, caia.
  • O 7 de xuño non traballes, non consumas, toma a rúa. Organiza a túa rabia, libera os teus soños.
  • O 7 de xuño vémonos nas rúas.

Esta protesta xeral contra os causantes das inxustizas globais que sofre o ser humano e a natureza, realizarase o 7 de xuño de 2007 día intermedio da próxima reunión do G8. Unha protesta que promove un paro dun día tanto no traballo como no consumo, para que estes gobernos integrantes do G8 vexan como coas nosas accións tamén podemos influír nas súas economías neoliberais e escravizadoras. Demostraremos que, como di José Saramago, “hai dúas superpotencias no mundo: unha é EE.UU. e outra es tí”.

Promove co teu esforzo a difusión desta acción global por todos os medios de que dispoñas, diso dependerá que poida ter unha repercusión global e realmente transformadora da inxusta realidade que presenciamos e ata favorecemos coa nosa pasividade.

Fonte: La gran acción global 2007 / The great global action 2007

Informação Útil sobre a Contestação ao G8

May 7, 2007 10:53 am

A Contra-Cimeira do G8 está agendada para 2-8 Junho em Rostock, mais precisamente em Heiligendamm. Aqui vai o programa conhecido até agora, organizado em 4 capítulos principais:

I. Grande Manifestação: esta manifestação está agendada para 2 de Junho. Uma multidão de cerca de 100 000 pessoas é esperada nas duas marchas de protesto a ter lugar na cidade de Rostock.

II. Cimeira Alternativa: o pano de fundo dos protestos vão ser temas como – Guerra e Paz, Racismo, Ecologia, Pobreza, etc, que irão ser discutidos em workshops.

III. Campo: os organizadores estão cientes da necessidade dum local para dormidas, por isso estão a estudar várias hipóteses de acampamentos na região, mas ainda não existem localizações exactas.

IV. Stop G8: vários grupos estão a organizar iniciativas de bloqueio às infra-estruturas a ser usadas pelos chefes de Estado.

Mapa para a semana de protestos contra a Cimeira do G8:

Sábado, 2 de Junho: a semana começa com a grande manifestação.

Domingo, 3 de Junho: haverá uma iniciativa de abertura dos vários grupos de activistas.

Segunda, 4 de Junho: dia de Acção pela Migração, sob o slogan “Pela Livre Circulação! Direitos Iguais para Tod@s!”, com debates, acções e momentos.

Terça, 5 de Junho: dia de Acção contra o Militarismo, a Guerra, a Tortura e o Estado Mundial de Emergência. O objectivo é bloquear e cercar o aeroporto de Rostock-Laage, para dar as “boas-vindas” aos 8 Chefes de Estado. À noite, começa a Cimeira Alternativa, que vai continuar até quinta-feira.

Quarta, 6 de Junho: inicio dos bloqueios contra a Cimeira.

Quinta, 7 de Junho: vai haver um concerto com Herbert Grönemeyer, cujo tema será “Música e Mensagens”, bem como outros bloqueios e outras manifestações, com a participação de porta-vozes internacionais na abertura.

Fonte: Informação Útil sobre a Contestação ao G8

WordPress database error: [Access denied for user 'bircor_mundo'@'%' to database 'bircor_mundo']
INSERT INTO wp_options (option_name, option_value, option_description, autoload) VALUES ('kjgrc_cache', 'a:2:{s:8:\"comments\";s:1520:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPkNvbWVudGFyaW9zIFJlY2VudGVzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDkxI2NvbW1lbnQtNzk3MDciIHRpdGxlPSJMaWJybyBkZSB2aXNpdGFzLCBKdW5lIDcsIDIwMDciPkpvaG4xNDUyPC9hPjogR3JlYXQgd29yayx3ZWJtYXN0ZXIsbmljZSBkZXNpZ24hIGJ1eSAsIGNoZWFwICwgYnV5ICwgLCAsPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDUxI2NvbW1lbnQtNzk3MDUiIHRpdGxlPSJNYXBhIGRvIHNpdGlvLCBNYXJjaCAyNiwgMjAwNyI+Sm9objEwMjg8L2E+OiBQZXJmZWN0IHdvcmshIGJ1eSAsICwgLCBjaGVhcCAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD0yNzcjY29tbWVudC03OTcwMyIgdGl0bGU9IjHCqiBhY2Npw7NuIGRhIFNlbWFuYSBkZSBMb2l0YSBTb2NpYWwgwpNSb21wYW1vcyBvIFNpbGVuY2lvwpQuIENpbmUgQm9nYXJ0IChNYWRyaWQpLCBKdW5lIDI2LCAyMDA2Ij5Kb2huMTQ3NjwvYT46IEdyZWF0IC5Ob3cgaSBjYW4gc2F5IHRoYW5rIHlvdSEgY2hlYXAgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cGFnZV9pZD00OTEjY29tbWVudC03OTY5NyIgdGl0bGU9IkxpYnJvIGRlIHZpc2l0YXMsIEp1bmUgNywgMjAwNyI+Sm9objE0NTI8L2E+OiBCZWF1dGlmdWwgc2l0ZSEgLCBjaGVhcCAsIGNoZWFwICwgLCBidXkgLDwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wYWdlX2lkPTQ1MSNjb21tZW50LTc5Njk1IiB0aXRsZT0iTWFwYSBkbyBzaXRpbywgTWFyY2ggMjYsIDIwMDciPkpvaG4xMDI4PC9hPjogSW5jcmVkaWJsZSBzaXRlISBidXkgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgo8L3VsPjwvZGl2PjwvdWw+PC9kaXY+\";s:10:\"trackbacks\";s:1880:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPlJlY2VudCBUcmFja2JhY2tzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NTExI2NvbW1lbnQtNDk5MzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGl2ZSBFYXJ0aDogYWZvcnJhZGUgZW5lcnjDrWEsIHF1ZSBuw7NzIG5vbiBwb2RlbW9zJnF1b3Q7OiAgQ2FzaW5vIDEyNDMzNzU5MTEmIzgyMzA7Ij5DYXNpbm8gMTI0MzM3NTkxMTwvYT46IENhc2lubyAxMjQzMzc1OTExLi4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDQ3I2NvbW1lbnQtNDIyMzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGFrYWJlLCBleHBlcmllbmNpYSBjb211bml0YXJpYSZxdW90OzogIENhc2lubyAxMjQxMjc4NTMzJiM4MjMwOyI+Q2FzaW5vIDEyNDEyNzg1MzM8L2E+OiBDYXNpbm8gMTI0MTI3ODUzMy4uLjwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wPTQ3NCNjb21tZW50LTM1NTQyIiB0aXRsZT0iVHJhY2tiYWNrIHRvICZxdW90O0luZm9ybWHDp8OjbyDDmnRpbCBzb2JyZSBhIENvbnRlc3Rhw6fDo28gYW8gRzgmcXVvdDs6ICBJbnN0YW50IG5vIGRlcG9zaXQgY2FzaW5vIDMwOCYjODIzMDsiPkluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBjYXNpbm8gMzA4PC9hPjogSW5zdGFudCBubyBkZXBvc2l0IGNhc2lubyAzMDguLi48L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD00NzQjY29tbWVudC0zNTU0MSIgdGl0bGU9IlRyYWNrYmFjayB0byAmcXVvdDtJbmZvcm1hw6fDo28gw5p0aWwgc29icmUgYSBDb250ZXN0YcOnw6NvIGFvIEc4JnF1b3Q7OiAgTm8gZGVwb3NpdCBzaXRlcyAxODYmIzgyMzA7Ij5ObyBkZXBvc2l0IHNpdGVzIDE4NjwvYT46IE5vIGRlcG9zaXQgc2l0ZXMgMTg2Li4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDc0I2NvbW1lbnQtMzU1NDAiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7SW5mb3JtYcOnw6NvIMOadGlsIHNvYnJlIGEgQ29udGVzdGHDp8OjbyBhbyBHOCZxdW90OzogIDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OCYjODIzMDsiPjIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2ODwvYT46IDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OC4uLjwvbGk+CjwvdWw+PC9kaXY+PC91bD48L2Rpdj4=\";}', '', 'yes')