Archive for November, 2005
O novo colonialismo español
November 30, 2005 12:17 pm - 193 ViewsAs grandes empresas multinacionais españolas naceron na década dos oitenta, nunha onda de crise do capitalismo mundial e nun marco de apertura da economía española ao calor da integración na Unión Europea. Para ser admitida no seu seno, España tivo que aceptar o desmantelamento do seu tecido industrial e a coordinación da súa política agraria coa do resto de países asociados. A cambio comezou a recibir os fondos estruturais orientados a financiar a transición cara unha estrutura económica baseada na oferta de bens de consumo e servizos. Pero nesta loita polos mercados atopuse cos seus socios europeos e a inversión antollouse necesaria dirixila cara América Latina. Tratábase dunha inversión necesaria para acumular uns capitais que, nese marco de competencia, era complicado importar dende Europa ou incluso crear na propia España. O goberno español xogou un papel protagonista ao establecer un marco legal liberalizador que consistiu na redución de requisitos legais para os fluxos de capitais saíntes, a disposición de fondos públicos para apoiar as inversións, a creación de seguros e o asino de acordos bilaterais e multilaterais para protexelas.
As multinacionais españolas, a remolque dos cambios estruturais apoiados polo Banco Mundial e o FMI, acapararon neses anos parte o patrimonio e os servizos públicos latinoamericanos, rematados a prezos de saldo. Os anos 90 caracterizáronse pola ofensiva desnacionalizadora que pretendía reducir a débeda externa a base de privatizacións e exportacións mentres se minimizaba o gasto social. Isto foi aproveitado polas compañías españolas en expansión que precisaban novos mercados e lexislacións mais brandas para conseguir beneficios xamais vistos. Vendidos os recursos nacionais a ofensiva apuntou ao sector servizos onde as necesidades básicas de millóns de persoas quedaron atrapadas nos monopolios españois.
Os datos así o demostran. As empresas multinacionais españolas invertiron nos anos 90 arredor de 40.000 millóns de dólares na compra de bancos, telecomunicacións, enerxía e outros sectores estratéxicos de Latinoamérica. Pero o que debería ser un factor creador de emprego e riqueza, tal e como se defende dende o mundo empresarial, non foi mais que unha nova invasión colonial ao perseguir só o máximo beneficio no menor tempo posible. É dicir, o seu único obxectivo foi o abaratar custes minguando no posible os soldos, as aportacións fiscais e as cotizacións sociais. En moitos casos chegouse, incluso, a colaborar con gobernos e políticas dictatoriais facendo cuestionarse o respecto destas empresas aos dereitos humanos mais fundamentais. Na consecución do seu único obxectivo non excluíron ningún medio e con frecuencia recorreron á promoción de guerras e conflitos inter-étnicos, á violación dos dereitos laborais, á degradación do medio ambiente, á corrupción de funcionarios para apoderarse de servizos públicos mediante privatizacións fraudulentas, á monopolización dos medios de comunicación, á corrupción de elites políticas, intelectuais e da sociedade civil e ao financiamento de golpes de estado, de ditaduras e a outras actividades criminais.
A política de inversións en Sudamérica que comezaron as empresas españolas co beneplácito dos gobernos socialistas recrudeceuse aínda mais co goberno de José María Aznar. O seu enfrontamento cos seus socios europeos e o seu achegamento á política norteamericana deulle maior marxe de manobra en América Latina. Esta política concrétase na chamada Fundación Carolina, nada no ano 2000, e que agrupaba ás 24 multinacionais españolas mais importantes. A maioría delas naceran como empresas públicas e nos últimos anos foran privatizadas. Pertencían a todos os sectores económicos e tomaron posicións en case todos os países da rexión. Son moitas as empresas españolas que comezaron de novo a viaxe en busca do Novo Mundo. Se a devastación sufrida por parte dos europeos do Renacemento, á que fai referencia Galeano, foi o comezo da perda de sangue do continente sudamericano, esta nova avalancha pode supor a puntilla. Vexamos en que sectores as multinacionais españolas fincaron o dente e quen son os vampiros ávidos de sangue.
Sector de Telecomunicacións: Telefónica
Telefónica é unha empresa privada que conta con 1,7 millóns de accionistas directos e cuxo núcleo duro fórmano La Caixa e BBVA. Ten 88,5 millóns de clientes, está presente en 16 países e ten 157.000 empregados en todo o mundo. É a sexta compañía mundial do sector por capitalización bursátil, a quinta empresa de Europa e a primeira de España. Se ben é certo que no campo das telecomunicacións o servizo estendeuse e mellorou nalgúns aspectos, a entrada desta empresa nos diferentes países latinoamericanos xerou moitas irregularidades.
En primeiro lugar, a maior actividade económica de Telefónica debería significar unha maior recadación tributaria. Nembargante, diferentes acordos da compañía cos gobernos de turno, posibilitoulle pagar menos impostos. En moitos casos impediu a competencia no sector doutras empresas ao contemplar as concesións períodos de monopolio. Tampouco foi unha xeradora de emprego xa que en moitas ocasións as empresas contratistas eran tamén españolas e os postos de dirección foron ocupados por españois. Neste aspecto, as condicións laborais foron empeorando e a descentralización de servizos e a creación de filiais aumentou a subcontratación de persoal para evitar responsabilidades contractuais intensificando, ademais, a contratación temporal. A entrada da multinacional nos diversos países tampouco supuxo un aforro para os consumidores internos sendo o custo do servizo de telefonía esaxeradamente alto. Finalmente, foi unha fiel colaboradora cos gobernos de turno e, ante esta relación tan estreita co poder económico e político o consumidor latinoamericano quedou desprotexido.
O grupo Telefónica Latinoamérica, controlado ao 100% por Telefónica ten presenza en Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai e Venezuela. O seu maior volume de negocio teno en Arxentina por mediación de Telefónica de Arxentina no que participa cun 98,03%; en Brasil a través de Telesp e unha participación do 87,49%; Chile, con Telefónica CTC Chile e unha participación do 44,89%; e Perú, na empresa Telefónica do Perú e unha participación do 98,19%. No resto de países faino a través de diferentes empresas do seu grupo: Atento, Telefónica Contidos, Telefónica Empresas, Telefónica Móbiles, Terra Networks e TPI Páxinas Amarelas.
O beneficio de Telefónica Latinoamericana en 2004 foi de 806,6 millóns de euros, un 44,4% superior ao ano 2003.
Sector de hidrocarburos: Repsol
Repsol YPF é unha empresa internacional de petróleo e gas, con actividades en 28 países e con mais de 30.00 traballadores en nómina. É unha das dez maiores petroleiras privadas do mundo e a maior compañía privada enerxética en Latinoamérica en termo de activos. Ten unha produción de hidrocarburos de máis de 1,1 millóns de barrís equivalentes de petróleo/día e as súas reservas de cru e gas case alcanzan os 5.000 millóns de barrís que se localizan, fundamentalmente, en Latinoamérica e no Norte de África. Os seus principais accionistas son os grupos financeiros La Caixa e BBVA e as súas actividades céntranse na exploración e explotación, o refinamento e a venda e distribución de petróleo. Repsol defende que "está desenrolando unha estratexia corporativa baseada na protección do medio ambiente, o establecemento dunha política de recursos humanos que potencia a mellora continúa das relacións laborais e a integración das medidas e actuacións concretas que colaboran ao desenvolvemento da sociedade". Pero a realidade é outra. Nun principio xa resulta estraño que un país como España apareza en Sudamérica cunha empresa petroleira cando nin ten petróleo nin ten grandes relacións cos países productores. Nese marco Repsol compra empresas públicas latinoamericanas do sector hidrocarburos a prezos irrisorios grazas aos acordos político-económicos bilaterais.
Dous exemplos: YPF de Arxentina comprada a cambio de bonos para paliar a débeda externa baixo o pretexto da falta de capacidade financeira. Tras a compra, en 1999, nun ano multiplicou por catro os seus beneficios que chegaron a 1.150 millóns de euros sendo un 66% procedentes de YPF. En 1996 se vendeu o 75% das accións da refinería da Pampilla de Perú a Repsol por 180 millóns de dólares cando en 1994 xerara uns ingresos de 657 millóns.
Os impactos medioambientais das súas actuacións e sobre as comunidades indíxenas distan moito dos seus obxectivos. As Continuas denuncias apenas saltan á luz pero vanse coñecendo. Como a destrución do parque natural Yasuní na amazonía ecuatoriana de 680.000 hectáreas das cales un terzo pertencen ao pobo huaoraní; ou o humidal Llancanelo, reserva natural en Arxentina onde a petroleira quere perforar oito novos pozos; ou a invasión de 18 territorios indíxenas e 4 parques naturais en Bolivia; ou o máis coñecido que levou á multinacional a un preito co pobo mapuche. Os beneficios de Repsol YPF en 2004 foron de 1.950 millóns de euros. Os ingresos operativos en Europa alcanzaron 29.050 millóns de euros; en Latinoamérica só 11.760, o que demostra como os recursos naturais da zona serven, en gran parte, para o consumo europeo.
Sector eléctrico: Endesa
Endesa é unha das maiores compañías de electricidade de Europa e é o líder no mercado español e en varios países de Latinoamérica. Fundada en 1944 como unha empresa estatal para a produción de enerxía, foi privatizada en 1998. Na actualidade, Endesa serve a máis de 22 millóns de clientes de electricidade e gas a nivel mundial, emprega a máis de 27.000 traballadores e conta con ingresos en torno aos 18.000 millóns de euros. En mans de grandes corporacións bursátiles (Cajamadrid, Chase International…) se atopa actualmente o seu accionariado revolto tras a recente OPA hostil lanzada por Gas Natural que, por certo, está en mans de Repsol-YPF e La Caixa.
Durante o ano 2004 tivo uns beneficios netos de 1.379 millóns de euros, aumentando o 5,1% con respecto ao ano anterior. A súa presenza en Latinoamérica plásmase na empresa Endesa Internacional e asume a xestión dun amplío número de empresas, principalmente Enersis, Endesa Chile e Chilectra (en Chile); Edesur, Costanera, Dock Sud e O Chocón (Argentina); Cen, Endesa Fortaleza, Ampla e Coelce (Brasil); Emgesa e Codensa (Colombia); ou Edegel e Edelnor (Perú).
A pesar de que a entrada da multinacional na zona conlevou un incremento da potencia instalada e do índice de electrificación tamén tivo nos últimos anos os seus peros. Así, a historia de ENDESA-España en Chile comeza cando esta chegou a un acordo financeiro cun grupo chileno que representa os máis turbios intereses da burocracia estatal baixo a ditadura militar de Pinochet. O Estado espoliou o patrimonio público e estes xestores do aparato burocrático estatal aparecían como os únicos beneficiarios en múltiples sociedades onde se facían responsables de toda a xestión do patrimonio e á súa vez adquirían pequenos paquetes de accións. O Estado chileno, pola súa parte, intervén sempre a favor dos empresarios e en contra dos pobos orixinarios. Os gaseoductos tendidos no norte de Chile, que se levan os recursos mineiros sen pagar impostos, construíronse destrozando cemiterios indíxenas, petroglifos milenarios e sitios sagrados das distintas culturas precolombinas.
A súa actividade en Perú tamén provocou grandes polémicas xa que a concentración do mercado entrou en conflito coas leis aínda que o estado facilitou a súa privatización outorgando impunidade á multinacional aínda que vulnerando o principio de igualdade ante a lei. A primeira actuación foi o despido de traballadores, primeiros os afiliados ao sindicato mais importante, e o asino de contratos individuais para evitar a negociación colectiva. Finalmente a maioría de actividades subcontratáronse evitando responsabilidades derivadas do risco eléctrico no traballo.
Sector financeiro: BBVA
Na década dos 90, o sector bancario español estivo marcado por dúas tendencias: a concentración de poder e a expansión internacional. As entidades españolas, tras un período de fusións e adquisicións, configuraron un panorama dominado por dous xigantes: o BBVA e o BSCH. Á súa vez comezaron unha expansión cara Sudamérica buscando novos mercados co obxectivo de poder competir cos grandes bancos europeos. Esta estratexia estivo facilitada pola elite dirixente dos países latinoamericanos. O seu papel na economía centrouse no sistema financeiro e nas pensións privadas pero as súas maiores irregularidades corresponderon ao ámbito laboral xa que estes bancos participaban do capital social doutras multinacionais españolas, tal e como vimos anteriormente.
O BBVA é a segunda entidade bancaria española e o ano pasado gañou 2.082 millóns de euros, un 25,8% mais que en 2003 e só por debaixo do BSCH. Dese beneficio, 1.239 millóns de euros obtivéronse nos seus filiais latinoamericanas, un 44% do total. Sen embargo, os seus recursos e as súas fundacións para América Latina para todo o ano pasado foi de 4,9 millóns de euros.
Se ben a entrada destes bancos supuxo unha mellora no trato ao cliente e a axilización dos seus servizos, os perxuícios ocasionados presentan un balance totalmente negativo. A entrada nos diferentes países produciuse mediante a adquisición de bancos nacionais, moitos deles públicos, e no proceso de reestructuración quen primeiro pagaron os custes foron os traballadores. En Perú, por exemplo, o 25% dos traballadores foron despedidos, aumentouse a xornada de traballo sen compensación e o sindicalismo foise debilitando. Aínda que o exemplo mais grave é o do BBVA en Arxentina: as adquisicións dos bancos locais mediante fusións e OPAS, a súa irrupción nas telecomunicacións, nos fondos de pensións, nos servizos públicos, metidos na industria do armamento, especulando coa construción inmobiliaria, mantendo en segredo a débeda externa privada dos países mais pobres… para rematar negando os seus escuálidos aforros aos pequenos aforradores arxentinos atrapados no 'corralito'.
Luis Miguel Busto Mauleón
Andalucía Libre
El nuevo colonialismo español (castellano)
Categories: Empresas e consumo, Globalización
No Comments »
Zapatero regala miles de millóns de euros aos empresarios
November 28, 2005 3:50 pm¿Os regalos ás empresas aseguran a creación de emprego?
Segundo o Banco de España durante o ano 2004 os beneficios ordinarios netos das empresas non financeiras creceron un 21,7%. A pesar deste fortísimo crecemento dos beneficios, o ano pasado o emprego nestas empresas reduciuse nun 0,2% e os gastos de persoal tan só creceron un 2,9%, fronte ao 3,9% de 2003, debido «ao discreto crecemento da remuneración media» por traballador.
É dicir, no ano 2004 as empresas non financeiras gañaron un 21% máis mentres non só non contrataban máis traballadores, se non que despedían. Esta realidade contrasta co discurso oficial que asocia crecemento empresarial a creación de emprego.
Un caso ben próximo o encontramos tamén en Menasa. Unha empresa que no ano 2002 recibía un aval de 2 millóns de euros por parte do Principado de Asturias. 3 anos máis tarde, sen haber nin un só euro na empresa e sen contratar a ninguén, anuncia o peche e deixa a 46 traballadores na rúa sen pagarlle os últimos dous meses de salario. ¿Acaso axudou en algo aos traballadores o regalo de 330 millóns das antigas pesetas ao empresario? ¿Ou simplemente foi un regalo para engrosar as súas xugosas contas?
Se "sanear" a economía da empresa supón despedir a 10.000 traballadores como en Aceralia en 20 anos por introducir máquinas, pois esa será a vía. Se "reducir os custes" implica despedir a 242 traballadores en Teletech nunha empresa con 72 millóns de euros de beneficio, non poderá haber contestación. Na nosa sociedade, as decisións nas empresas amosan a ditadura económica dos empresarios sobre a inmensa maioría do pobo. A disxuntiva é ¿Non te gusta? ¡Despedido!
¿Pobriños empresarios?
Vexamos unhas poucas cifras: Telefónica gañou un 30,6% máis en 2004 que o ano anterior. Iberia aumentou as súas ganancias un 50%. As construtoras ACS, Ferrovial ou Sacyr pecharon o ano con ganancias récord, con incrementos do 21,1%, o 63,5% e o 12,6%, respectivamente.
A banca pola súa parte non se queda corta: durante o ano 2004 acrecentou un 23,4% (7.766 millóns de euros, máis de 1,2 billóns das antigas pesetas) as súas ganancias.
No outro lado da balanza temos que o emprego precario aumenta ano a ano e un 60% das familias recoñecen ter dificultade para chegar a fin de mes coas facturas. Inxentes beneficios para uns poucos e traballo precario e paro para a maioría. Esta é a lei de ouro do capitalismo. ¿Será ZP capaz de conciliar estes intereses?
¿Algunha alternativa?
Europa produce hoxe en día 17 veces máis que fai 100 anos. Este aumento da productividade debería conseguir unha diminución da xornada laboral -pois prodúcese o mesmo en menos tempo- así como unha mellora nas condicións de traballo.
Pero moi ao contrario, en mans da patronal este aumento da productividade transfórmase nun paro maior ao substituír traballadores por máquinas, e nun aumento da xornada laboral se o movemento obreiro non mantén as súas conquistas. A competencia entre as distintas empresas lánzalles a unha espiral á baixa nos dereitos e condicións de traballo. Non se trata dunha elección, se non do único que poden facer baixo a lóxica do beneficio.
A clave trátase pois en opoñer ás leis da patronal as leis do beneficio social. A patronal sempre argumenta que non ten suficientes beneficios…¡Pero iso tamén o dixo en 1900 para xustificar que nenos de 13 anos traballasen nas minas! Sería a loita sindical e revolucionaria a que foi capaz de arrincarlle conquistas. Como o foi tamén a imposición -aínda que sexa formal en moitos casos- da xornada laboral de 8 horas.
O goberno de ZP baixo unha linguaxe "social" concede aos empresarios novos agasallos. Agasallos a costa dos cartos que se poderían usar en educación, sanidade, coidado dos anciáns…¡Se as empresas gañan un 20% máis que se use ese diñeiro en satisfacer tantas necesidades sociais que temos! ¿Onde quedan os vellos discursos de "gobernar para todos" mentres miles de rapaces traballan 12 horas diarias? ¿Onde queda a xenerosidade con que regala millóns de euros aos máis ricos comparada co desamparo das 46 familias de Menasa? ¿Queda algo de Socialista ou Obreiro no partido no goberno? ¿Ou é máis ben o secretario amable da FADE?
Porque en definitiva o que non nos di ZP é que eses cartos saen do traballo diario de millóns de traballadores. E o goberno di non ter cartos para a sanidade, mentres regala millóns de euros ao empresariado. Estes regalos só poden aumentar a espiral á baixa nas conquistas sociais, pois mingúan os cartos do estado para o benestar social.
¡Nin un agasallo máis aos empresarios!
¡Polo mantemento do imposto sobre os beneficios!
¡A xente primeiro, non os beneficios!
Juventud Comunista de Asturias
Zapatero regala miles de millones de euros a los empresarios
Categories: Noticias Quentiñas
10 Comments »
A Galipedia chega aos 10.000 artigos
November 25, 2005 9:21 amO obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o que estea interesado en contribuír, ben escribindo artigos novos, ou ben corrixindo e ampliando os que xa existen.
A idea da Galipedia é a de ter, en galego, unha enciclopedia colaborativa na que afondar no coñecemento. Para isto, entre outras características:
- A colaboración está aberta a todo o mundo.
- Está aberta ás diversas correntes de pensamento, sempre que non sexa agresivo co resto.
- Está aberta a todos os temas.
- Está sendo renovada constantemente.
- Está en continuo crecemento.
- Está en contacto coas outras wikipedias para mellorar dun xeito continuo.
- Está aberta ao uso por calquera persoa que dispoña de acceso a internet, nas condicións de uso da GNU Free Documentation License.
O sistema para editar na Galipedia é sinxelo, é un wiki e os wikis permiten que calquera persoa poida editar as páxinas, o conxunto de colaboradores revisa toda edición nova (existe unha páxina que informa de todo o que sucede no wiki) garantindo así que calquera edición non apropiada, inexacta ou vandálica desapareza nun curto espazo de tempo. As decisións sobre o funcionamento da enciclopedia son froito do consenso, é a comunidade quen decide en base aos principios fundadores do proxecto expresados polo fundador da Wikipedia, Jimbo Wales.
A Galipedia comezou o 8 de de abril de 2003, cando se rexistrou o primeiro usuario, que procedía da wikipedia en interlingua (lingua internacional que toma o seu vocabulario das linguas románicas) e os primeiros artigos escribíronse o 12 de marzo de 2003. O segundo usuario rexistrado, e o primeiro galego, foi Agremon que se rexistrou o 22 de xullo. Como os pioneiros, Agremon tivo a intuición do potencial deste proxecto e aínda que pasou case un ano practicamente só (había outros colaboradores, pero a súa presenza era testemuñal), sempre tivo a certeza de que a wikipedia galega ía sair adiante e foi el quen empregou pola primeira vez, o 17 de xaneiro de 2004, o termo Galipedia. Pasado ese ano incorporáronse algúns dos editores do actual núcleo de colaboradores, nese momento había xa 1.700 artigos (setembro de 2004) que se triplicaron en só un ano. Probablemente a Galipedia sexa a Wikipedia que en proporción aumentara máis nese período de tempo.
Pero o máis importante non son as estatísticas, senón que o proxecto está comezando a converterse nunha realidade, que comeza a ser coñecido e valorado pola sociedade galego. Un proxecto que na súa variante galega parte da idea de que o coñecemento compartido libremente beneficia ao conxunto do país. A Galipedia pretende cartografiar a xeografía física e emocional de Galicia, xunto cos contidos propios dunha obra enciclopédica, un percorrido que está agora nos seus inicios, unha viaxe longa pero que pouco a pouco está materializándose.
Fonte: A Galipedia chega ós 10.000 artigos (Código Cero)
Categories: Noticias Quentiñas
2 Comments »
Os bosques pérdense polo retrete
November 23, 2005 5:23 pmIsto indica que as fibras virxes de alta calidade proveñen de bosques e plantacións naturais arredor do mundo, incluíndo Latinoamérica, Canadá, EEUU, Sudáfrica, Rusia, Asa e Europa, o que resulta nun desperdicio ignorado polo consumidor, afirma WWF. O comercio europeo de papel xera cerca de 8.5 billóns de euros por ano e representa o 26 por cento de consumo mundial de papel, con cada europeo utilizando 13 kg de papel.
"Cada día cerca de 270,000 árbores son practicamente evacuados polo inodoro ou rematan como lixo en todo o mundo, tal uso dos bosques é un despilfarro innecesario", di Duncan Pollard, Director do Programa Forestal Europeo.
"Os fabricantes deben usar máis fibra reciclada nos seus produtos de papel, o que significa menos árbores cortados". O papel hixiénico e as toallas en oficinas, escolas e hoteis fabrícanse sobre todo con fibras recicladas, e non hai razón para que sexa distinto cos mesmos produtos vendidos en supermercados, asegura WWF. Os fabricantes argumentan que os provedores queren produtos non-reciclados porque así o demandan os consumidores. "Os consumidores non teñen noción de estar ameazando os bosques do mundo cando van ao baño", dixo Pollard.
"É un mito que os produtos de papel reciclado non sexan de alta calidade. De todas maneiras, a xente usa produtos de papel reciclado ao estar case todo o día fóra dos seus fogares". Segundo WWF, as compañías tamén deben informar mellor ao consumidor sobre o contido reciclado dos seus produtos. Non se debe enganar aos usuarios con símbolos de reciclaxe nos empaques que a miúdo refírense só á envoltura e non ao produto mesmo. WWF aconsella ao consumidor que busque e esixa as poucas marcas de papel reciclado que existen. Os consumidores deben pedir que nas tendas e supermercados haxan existencias de papel reciclado. O reporte tamén advirte que a tala non sostible ou ilegal e os conflitos de terras aínda acontecen en case todos os países de onde proveñen as fibras virxes. WWF di que as compañías amosan prometedoras intencións de rastrear eficazmente a madeira dende o bosque ata o produto, pero ata agora, só SCA Tissue tomou medidas efectivas para excluír madeira ilegal ou dudosa dos seus produtos de papel.
A tala non sostible ou ilegal e os conflitos de terras aínda acontecen en case todos os países de onde proveñen as fibras virxes.
As conclusións detalladas e informes das puntuacións dos xigantes papeleiros pódense atopar en Dont flush our forests and wildlife down the toilet.
WWF sostivo discusións coas cinco compañías por máis dun ano para descubrir información que non é accesible publicamente. Estas compañías foron comparadas e avaliadas dentro dun rango de criterios que inclúen prácticas de subministro de madeiras, niveis de contido reciclado, comunicación ao público e transparencia sobre emanacións no auga, o aire, disposición de desechos e uso de recursos como auga e enerxía. Aínda que WWF aprecia certo progreso nos meses recentes na súa disposición a confrontar estes aspectos en discusións directas con estas, aínda falta moito por mellorar cara un uso responsable dos bosques do mundo. O líder comparativo na avaliación é SCA Tissue con 46 por cento do total de puntos acumulables, seguida por Metsa Tissue con 35 por cento, Georgia Pacific con 32 por cento, Procter and Gamble con 26 por cento, e Kimberly Clark con 24 por cento.
Los bosques se van por el inodoro (castellano)
Categories: Ecoloxía
10 Comments »
Por unha ecoloxía da información. Ideas e experiencias de comunicación alternativa
November 21, 2005 10:05 amPROGRAMA
JUEVES, 24 DE NOVIEMBRE. (Sala Naranja de la Facultad de Ciencias de la Información de la Universidad Complutense de Madrid. Av.Complutese s/n. Metro Ciudad Universitaria.)
17:00-19:00. Conferencia inaugural:
"La Cumbre de la Sociedad de la información: un balance crítico". Petxo Idoyaga. Universidad del País Vasco (UPV).
Panelistas:
- Montserrat Boix. Periodista TVE y Coordinadora de Mujeres en Red.
- Gonzalo Abril. Catedrático de la Universidad Complutense de Madrid (UCM).
19:00 a 21:30. Experiencias de comunicación alternativa I. Debates simultáneos.
1. "Televisión de calle":
- Orfeo TV (Italia).
- Telepiés (Madrid).
- Eguski Videoak (Pamplona).
- Okupem les Ones (Barcelona).
2. "Televisión local":
- EMA RTV (Andalucía).
- Tele K (Madrid).
- Pluralia (Valencia).
VIERNES, 25 DE NOVIEMBRE. (Sala Naranja da Facultad de Ciencias de la Información de la Universidad Complutense de Madrid. Av.Complutese s/n. Metro Ciudad Universitaria.)
10:00-12:00. Conferencia: "TeleSUR: una alternativa a los grandes imperios mediáticos".
Beto Almeida. Codirector de Telesur.
Panelistas:
- José Manuel Martín Médem. Periodista de TVE.
- Iván Sanjinés. Director de CEFREC y Coordinador Regional del Consejo Latinoamericano de Cine y Comunicación de los Pueblos Indígenas (CLACPI).
12:00-12:30 Pausa
12:30-14:30. Mesa redonda: "Observatorios de medios"
- Rosa María Alfaro. Presidenta de la Asociación de Comunicadores Sociales Calandria (Perú).
- Rénaud Lambert. Observatorio Francés de Medios (OFM).
- Javier Bernabé. Director del Instituto de Periodismo Preventivo y Análisis Internacional (IPPAI).
14:30-16:00 Comida
16:30-18:45. Experiencias de comunicación alternativa II. Debates simultáneos.
1. "Nodos telemáticos":
- Nodo 50.
- Rebelión.
- Sin dominio.
- Indymedia.
2. "Prensa alternativa":
- Diagonal.
- El Viejo Topo.
- Viento Sur.
- L´Avanç.
18:45 19:00. Pausa
19:00 a 21:30. Experiencias de comunicación alternativa III. Debates simultáneos.
1. "Radios alternativas":
- Radio Klara (Valencia).
- Radio Vallekas (Madrid).
- Red ConVoz (Madrid).
- Unión de Radios de la Comunidad de Madrid (URCM).
2. "Video alternativo y participativo":
- ACSUR-Las Segovias. Noticiero Internacional de Barrio.
- Zalea TV (Francia).
- CEFREC (Bolivia).
- Red de video participativo de El Salvador.
- Festival de Cine y Derechos Humanos.
SÁBADO, 26 DE NOVIEMBRE. (Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla de la UCM (C/ Noviciado, 3. Metro Noviciado).
10:00 12:00. Proyecciones de video alternativo
12:00-14:00 Conferencia de clausura: "Redes de comunicación alternativa".
Sally Burch. Agencia Latinoamericana de Información (ALAI).
Panelistas:
- Ariel Jerez. Profesor de Sociología de la Universidad de Valladolid.
- Noé Valladares. Asesor del Canal Municipal de Montevideo TEVE Ciudad.
Pinchando aquí puedes descargarte el cartel-folleto del encuentro.
Categories: Noticias Quentiñas
No Comments »
¿A quen serve o HapMap? Primeiro mapa da diversidade xenética humana
November 19, 2005 10:16 pmAínda que os seres humanos compartimos 99.9 % do adn, toda información xenética, temos pequenas variacións, chamadas poliformismos singulares de nucléotido ou SNP (pola súa séculas en inglés; pronúnciase snip). Estímase que existen uns 10 millóns de SNP na especie humana e supuestamente esas diferencias estarían relacionadas coa maior resistencia ou susceptibilidad a enfermidades e medicamentos. O proxecto HapMap atopou a forma de buscar estas variacións en conxuntos de genes chamados haplotipos (de aí o nome do proxecto), o que reduciu a búsqueda a 300 mil posibilidades. A indústria farmacéutica e médica está particularmente interesada nos SNP, porque permitirían desenrolar a medicina personalizada do futuro; por exemplo, drogas específicas, segundo a identidade xenética de cada individuo.
Douscentos investigadores de seis países -Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Xapón, China e Nixeria- participaron neste proxecto, financiado con cartos públicos deses países e do sector empresarial, por medio do chamado SNP Consortium, integrado por xigantes farmacéuticos como Pfizer, Bayer, Aventis, Bristol-Myers Squibb, Roche, GlaxoSmithKline e Novartis, xunto con Motorola e IBM.
O resumo de resultados publicouse na revista Nature o 27 de outubro de 2005, e na mesma semana apareceron artigos complementarios noutras publicacións científicas, como Nature Genetics, Genome Research e PLoS Genetics. Os resultados e secuencias xenéticas do proxecto foron colocados en Internet, teoricamente no "dominio público". Segundo o proxecto HapMap, isto é un paso revolucionario, xa que a partir deste coñecemento poderanse desenrolar novos diagnósticos e tratamentos para enfermidades como diabetes, hipertensión e cáncer.
Sen embargo, a gran maioría das enfermidades que sufrimos non dependen dos xenes. Estes poderían indicar algunha predisposición, pero o que define a saúde ou a enfermidade é a alimentación, o ambiente, as condicións de vida, traballo e vivenda, é dicir, condicións fundamentalmente socioeconómicas, que empeoran mentres máis crece o poder das trasnacionais. Esa "medicina personalizada" será só para quen poida pagala, ou sexa, unha vía máis de privatización dos sistemas de saúde.
Este proxecto non é nin revolucionario nin altruista como se presenta. A investigación finánciase con cartos públicos e xenes de indíxenas e migrantes -a quen se convence de entregar a súa información xenética "para ben da humanidade"-, pero quen se benefician son as corporaciones que logren patentar a información antes que as demais, monopolizando os eventuais métodos diagnósticos ou tratamentos que se puidesen desenrolar. A política do HapMap di que a información producida polo proxecto non "debería" ser patentada, pero que calquera uso que se faga dela poderá ser patentado: "O proxecto non impide aos investigadores facer solicitudes de patentes sobre SNP ou haplotipos para os que atopen unha utilidade específica, se isto non impide que outros investigadores poidan seguir obtendo a información básica do proxecto". A realidade das patentes sobre xenes amosa o contrario: as posibilidades de investigación sobre a información "básica" redúcense drasticamente unha vez patentados.
Poucos días antes, os investigadores Fiona Murray e Kyle Jensen, do Instituto Tecnolóxico de Massachussets, publicaron outro estudio (Science, 14/10/2005), onde informan que preto de 20 por cinto do xenoma humano está patentado, co efecto real de atrasar ou impedir a investigación por parte doutros. Das patentes outorgadas, 63 por cinto corresponden a empresas privadas, encabezadas por Incyte, Genentech e GlaxoSmithKline, e o resto principalmente a universidades estadounidenses, que á súa vez venden ou licencian en forma exclusiva as súas patentes a empresas, é dicir, outra vía de biopiratería humana e de privatización dos resultados da investigación pública.
Apelar ao "dominio público" é entón unha forma de dominar ao público, colocando a información do xenoma humano a disposición de quen teñan máis recursos, máis ferramentas e cheguen primeiro. Por exemplo, as empresas do SNP Consortium, que con mínimo investimento -e enorme subvención pública- tiveron acceso adiantado á información.
Gerardo Jiménez Sánchez, director do Instituto de Medicina Genómica (Inmegen), lamenta que México non participase no HapMap (pese a que os informes do Inmegen varias veces nomean a colaboración con este proxecto). Pero México si participou: o banco de xenes humanos do Instituto Coriell de Estados Unidos -onde xa se vendían xenes de maias de Yucatán- agora tamén vende información xenética de "mexicanoestadounidenses", explícitamente proveniente do proxecto HapMap.
Ao colocar en Internet información de grupos humanos específicos -como tamén pretende facer o Inmegen- publícase de feito información crucial de toda esa poboación, non só dos muestreados. Por exemplo, os yorubas son parte importante da poboación de Cuba e Brasil. ¿Quen pode garantir que uso se fará desta información?
O HapMap e outros proxectos similares, como o Genográfico, deben ser obxecto dun escrutinio público moito máis crítico, que analice tódalas súas implicacións sen deixarse cegar pola fascinación que nos queren vender científicos asociados ás multinacionais.
Silvia Ribeiro
Ecoportal.net
* Investigadora do Grupo ETC
ETC group
¿A quién sirve el HapMap? Primer mapa de la diversidad genética humana (castellano)
Categories: Dereitos cidadáns, Igualdade
2 Comments »
Renacen @s guerrilleir@s lúdic@s
November 18, 2005 1:02 am¿Para quen?
Para todas aquelas persoas que pensen que este mundo vai a peor. Para aquelas persoas que queren facer algo para melloralo. Para aquelas persoas que queren sair a rúa para facer algo creativo, dinámico, divertido, etc. Para aquelas persoas que leven a festa e a parranda dentro. Para aqueles e aqueles que pensen que divertíndose se pode acadar un mundo mellor.
¿Qué pasa?
Que o movemento Guerrilleir@s Lúdic@s, que tanto dera que falar nestas datas hai dous anos, quere voltar a carga. Primeiro queremos reunirnos, falar, e logo se hai ánimos e forzas preparar algunha cousiña para facer na rúa (todas as persoas son benvidas, esto e algo aberto totalmente, cantos mais mellor).
¿Cando quedamos?
Pois a convocatoria que facemos e para o vindeiro luns, dia 21 de novembro, ás 22:30 no Bar Pedroso (rua Pedroso, Os Mallos. A Coruña). Deste xeito tomamoslle unhas tapas e falamos mellor. Esperamos contar coa máxima asistencia, non é necesario avisar antes, vémonos todos no Pedroso.
Se queres poñerte en contacto con nós ou recibir máis información:
bitácora d@s guerrilleir@s lúdic@s ou mail d@s guerrilleir@s lúdic@s
Categories: Móvete, participa
12 Comments »
Suspendida a utilización nos centros docentes de Castilla La Mancha da “Guía para chicas”
November 16, 2005 6:53 pmComunicado sobre a "Guía para chicas" de María José Urruzola Zabalza
A Guía para chicas" saíu publicada en 1992. O seu emprego por parte de profesionais da educación, coma instrumento educativo en diferentes centros escolares, foi valorado de forma moi positiva.
Tras esgotarse a primeira edición, a autora decidiu converter este libro en diferentes cadernos. Cada un deles, trata de diferentes aspectos relacionados coa vida das adolescentes. Ata a data publicáronse catro cadernos:
O primeiro Guía para andar por casa", trata da importancia de compartir o traballo en casa, oriéntalles sobre como relacionarse co seu pai e coa súa nai, apórtalles criterios para ver a televisión e para ler.
O segundo, "Como previr as agresións e defenderse delas" guíalles nos pasos concretos a dar, en caso de agresión.
O terceiro, "Como construír o teu propio modelo de beleza" plantéxalles que a beleza é algo positivo, pero que non deben seguir as pautas da publicidade, nin obedecer a estereotipos predeterminados, senón, que deben de descubrir a súa propia beleza. Trata tamén, da anorexia e a bulimia como consecuencias que se derivan, en gran parte, da forte influencia publicitaria.
O cuarto "Como vivir as relacións afectivas e sexuais" trata de que se fagan responsables do coidado do seu propio corpo, de que teñan unha relación positiva con el, que experimenten a amizade e plantéxalles o que poden facer se namoran dun rapaz ou dunha rapaza. Ofrece unha clara información sobre os métodos anticonceptivos como instrumentos para previr embarazos non desexados.
Cada unha das Guías aporta ao final unha unidade didáctica, preparada para que o profesorado, familia, ou persoa monitora, teña unhas pautas de orientación pedagóxica, para tratar cada tema no aula como un instrumento educativo máis.
O obxectivo global destes cadernos é colaborar no desenvolvemento global das persoas dende criterios éticos, concretamente na etapa da adolescencia, é dicir, na educación secundaria.
No tratamento pedagóxico, pártese en xeral dunha descrición da realidade do entorno social das rapazas e rapaces adolescentes. E a partir dun menú de actividades e promovendo métodos participativos, impúlsase que as propias rapazas e rapaces adolescentes reflexionen, debatan e saquen unhas conclusións.
Ao final a persoa educadora devólvelles en sínteses as novas aportacións que se fixeron, ofrecéndolles unha visión máis xeral, que colabore a unha aprendizaxe que sexa significativa respecto ao que tiñan e potenciadora de novas actitudes.
A autora avala o contido e o tratamento pedagóxico destes materiais con:
- 30 anos de experiencia coma profesional da educación.
- 11 anos de traballo como Asesora de Coeducación nos Centros de Orientación Pedagóxica (C.Ou.P.) de Bizkaia dependentes do Departamento de Educación do Goberno Vasco.
- Máis de 300 cursos de formación ó profesorado, impartidos en todas as Comunidades Autónomas do Estado Español.
- E 26 publicacións en torno a diferentes temas de educación non sexista.
Baseándome nesta traxectoria e asumindo toda a responsabilidade respecto ao contido destas Guías, denuncio as críticas que se fixeron dende o ABC, La Razón, O Arzobispado de Toledo, a CONCAPA, algunhas radios e algúns sectores políticos da dereita.
Constátase nestas críticas da dereita:
- Manipulacións intencionadas, sacando de contexto partes do contido destas Guías, segundo os seus criterios ideolóxicos.
- A súa decisión de instrumentalizar estas Guías, con fins de confrontación política entre dous partidos políticos.
- Os seus anacrónicos prexuízos ante todo o relacionado coa sexualidade.
- Os seus, cando menos discutibles, conceptos de moralidade que tentan impoñer á poboación, incluso non católica.
- A desfachatez de criminalizar uns materiais educativos, polo feito de non estar de acordo con eles.
- O seu abuso de poder e a súa intención de amedrentar, coaccionar, acalar voces que apostan por un novo modelo de desenvolvemento humano.
Denuncio así mesmo, as calumnias, inxurias e descualificacións que estes sectores fixeron da miña persoa.
E para clarificar as súas malintencionadas informacións, comunico que a miña afiliación política está só no Partido Feminista de Euskadi e por tanto, nego rotundamente a miña afiliación en ningún outro partido político.
Asinado:
Mª José Urruzola Zabalza
Bilbao 7 de Novembro 2005
Categories: Noticias Quentiñas
No Comments »
Por se a alguén lle quedaba algunha dúbida do despropósito e malintención da chamada "Operación Castiñeira", aí temos a proba definitiva: ningún dos cargos aducidos se sostivo máis de dous días, con aplicación da lei antiterrorista incluida. Os militantes e as militantes de AMI detidos o luns xa están na rúa.
Iso si, quedan as consecuencias. A imaxe dos Centros Sociais afectada, o traballo social dos colectivos baixo sospeita, a criminalización do independentismo, a violación da presunción de inocencia dos detidos…
É momento de felicitarse de que esta operación remate sen que dez persoas teñan que sufrir o drama da prisión, operación xustificada polo delegado de goberno cunha frase de antoloxía do disparate: "o xuíz da Audiencia Nacional viu pertinente actuar contra estes grupos que teñen un marcado perfil antixurídico con connotacións de asociación ilícita e con feitos probados de atentados contra a orde pública, danos materiais, inxurias e outros temas que se van sustanciar con estes rexistros." Perfiles, connotacións, transubstanciacións… a racionalidade propia dun estado de dereito.
Estará por ver quen vai esixir responsabilidades por esta actuación desmedida e polos prexuizos ocasionados.
Pero tamén esta será ocasión, como moita xente está a propor e comentar con inmediata lucidez en foros e conversas, de nos plantear cuestións moi relevantes dentro dos movementos sociais galegos. O traballo de autoorganización que se está a levar a cabo nos colectivos sociais, sen precedentes na nosa tradicionalmente desartellada sociedade civil, é un traballo demasiado fráxil e valioso para ofrecer flancos tan febles.
Seguir a tecer a rede civil semella máis importante que nunca.
O Movemento polos Dereitos Civís pide explicacións pola "desproporcionada operación" Castiñeira
Categories: Noticias Quentiñas
10 Comments »
Anxo Pérez lembranza que "a pasividade, a falta de responsabilidade e os intereses partidistas, principalmente dos dous grandes partidos PSOE e PP, levaron a que no Congreso estea paralizada dende o ano pasado a Proposición de Lei Reguladora da Subcontratación no Sector de Construción presentada polo noso grupo parlamentario".
O deputado de IU lembranza que "resultaría cómico se non fóra polos mortos en accidentes laborais que se aconteceron dende entón, lembrar que dende que o Pleno do Congreso tomou en consideración esta proposición de lei en 2004 se aconteceron ata 26 aprazamentos no prazo de presentación de emendas, un prazo que traxicamente e polas casualidades da vida volve a concluír hoxe".
Destes aprazamentos, unhas veces feitos de forma individual e outra conxunta, 10 foron a petición do PP, 9 a petición de PSOE, 8 a petición de ERC e 5 a petición de CiU.
"Pese a que agora -afirma Pérez-, cando os cadáveres deste e outros accidentes similares seguen engrosando as estatísticas e os feridos nos traballos aumentan nos hospitais, todos os partidos afánanse por buscar responsabilidades e coinciden en que deben extremarse as medidas para evitar que ocorran, resulta que cando se lles plantexa unha forma concreta de facelo a través dunha proposición de lei que coincide con plantexamentos serios e reivindicacións históricas de sindicatos como CC.OO -que pode ser emendada ata alcanzar un punto de acordo en interese de quen sofren esta lacra laboral-, todos se ollan ao ombligo e ninguén dá un paso adiante".
Na Proposición de Lei presentada polo Grupo Parlamentario de Esquerda Verde IU-ICV fíxanse, entre outras cuestións, como regularizar as contratas e subcontratas, as normas para acceder ás subcontratacións no sector público e no privado, a regularización e catalogación das infraccións e sanciónelas que lles corresponderían.
Categories: Noticias Quentiñas
No Comments »
Como especie animal que somos, é curioso ver como tentamos crear un abismo, que non existe de feito, entre a nosa especie e o resto de especies. Para elo, apelamos a diferentes cuestións, como a racionalidade, a humanidade, a moralidade, etc. En base a esas calidades auto atribuídas, inventamos etiquetas como: de granxa, de caza, de compañía, de circo, de experimentación, etc. Atopamos a maneira de escravizar a miles de millóns de animais cos que curiosamente compartimos capacidades, intereses e emocións. Ser un can en Corea é probablemente igual de doloroso e triste que ser unha galiña. Sen embargo ser un can ou un porco/ovella/vaca/coello/galiña en moitos lugares do mundo significa a diferenza entre a vida e a morte.
Son moitos os fogares españois que acollen a animais "de compañía". Ningunha desas persoas negaría as capacidades e emocións que eses animais manifestan a cada momento. O recoñecemento desas capacidades afectivas nos animais modifica o noso comportamento cara eses seres que sinten, fainos comprendelos e respectalos. Sen embargo, ao mesmo tempo que recoñecemos o mundo emocional dos animais cos que convivimos, negamos o mundo emocional daqueles animais que comemos, vestimos, etc. Non existe un ente chamado por exemplo "animais de granxa", senón que cada porco/tenreiro/etc. é un individuo diferente ao resto, é un individuo igual de complexo biolóxicamente, coas mesmas capacidades e emocións que recoñecemos para cos seres cos que convivimos.
Alguén pensará que é difícil pensar en abolir a escravitude animal cando aínda persisten certas formas de escravitude humana en moitas zonas do planeta. Sen embargo, é moi difícil encontrar a alguén que pense hoxe en día que un ser humano deba ser tratado coma propiedade doutro, independentemente das súas capacidades mentais, da súa moralidade, da súa racionalidade, da súa procedencia, da súa sexo, etc. Isto non ocorre no caso doutras especies animais non humanas. Un exemplo claro é a resposta de moitos científicos á seguinte pregunta: ¿Por qué fanse experimentos con animais non humanos? "Porque son coma nós e por tanto o ser humano pode beneficiarse deles". Consecuentemente, a pregunta que se deriva é: Se sofren e senten coma nós ¿por qué se experimenta con eles? ¿Non berran, non se lles eleva a presión arterial, non moven os ollos, non tentan escapar da fonte de dor igual ca nós cando reciben descargas eléctricas, golpes, ou cando son mutilados ou intervidos cirúrxicamente sen anestesia? ¿Acaso non manifestan comportamentos depresivos cando os illamos ou mantemos en xaulas durante toda a súa vida? A resposta que escoitamos é: "Porque non son coma nós, só son monos, cans, ratas,…", é dicir, non pertencen á especie humana, quedan fóra de esfera moral. De forma semellante ao racismo ou ao sexismo, queda aquí reflectido o especismo como unha actitude discriminatoria en función da especie.
Superar a barreira do especismo, implica ser consciente do outro, das súas capacidades, das súas emocións. Implica pensar que non é xusto inmobilizar a un ser que ten patas para correr ou ás para voar ou aletas para nadar; que non é xusto arrebatar as crías a aquela nai que as protexe e sente o mesmo instinto maternal que as nais humanas; que é inxusto electrocutar, degoxar, golpear, etc. a aquel que é capaz de sentir o dor e o terror dunha morte segura da que non pode escapar. En definitiva, supón recapacitar, reconsiderar, pensar que non é ético utilizar para o noso beneficio a ningún ser que sinte, porque o só feito da súa utilización como propiedades fai que se ignoren os seus intereses e as súas emocións.
Superar a barreira do especismo, ao igual que a do racismo, sexismo, etc. supón saír de nós mesmos e pensar no mellor dos mundos posibles para todos os que compartimos o planeta.
Fonte: "Introduction to Animal Rights" (Introdución aos dereitos dos animais) - Gary L. Francione é Catedrático de Dereito e Nicolás de B. Katzenbach. Distinguido Académico de Dereito e Filosofía da Universidad de Dereito de Rutgers, New Jersey.
Individuos emocionales: Más allá de la especie (castellano)
Categories: Igualdade, Ecoloxía
1 Comment »
Unha mesa redonda analiza mañá (16/11/2005) o futuro do tren de cercanías na comarca coruñesa
November 15, 2005 12:32 pmA sección comarcal de Comisiones Obreras organiza mañá, a partir das cinco e media da tarde, unha mesa redonda para analizar o futuro do transporte metropolitano na comarca coruñesa.
Ao encontro, que se realizará nas dependencias da Facultade de Económicas, está previsto que asistan o novo director xeral de Transportes, Juan Carlos Baño Márquez, o presidente do Consorcio e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, o profesor da Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña Miguel Rodríguez Bugarín e o secretario xeral da Federación de Comunicación e Transporte de Comisiones Obreras en Galiza, Ramiro Otero.
A entrada ao encontro é libre e os organizadores esperan aportar algunha solución útil para fomentar o uso do transporte colectivo, neste caso o chamado metro lixeiro, para mellorar a movilidade na comarca.
Una mesa redonda analiza mañana el futuro del tren de cercanías en la comarca coruñesa
Categories: Móvete, participa
No Comments »
Arredemo 2.0: Fase de Preparación
November 14, 2005 10:27 amARREDEMO nace, hai case dous anos, como proxecto de rede de acción socio-cultural impulsado por BURLA NEGRA, na secuencia do FORO NEGRO (Decembro de 2003), no que máis de trescentas persoas do mundo socio-cultural do país se dan cita para reflexionar e debater sobre as perspectivas da cultura galega a partir do movemento social xurdido no ronsel emponzoñado do Prestige.
Aínda que o FORO NEGRO non se pecha cun documento conclusivo, é un acontecemento que produce un gran acopio de ideas e reflexións sobre a situación socio-cultural de Galiza. E unha das visións enunciadas de xeito case unánime no encontro, é a necesidade de organizar unha rede socio-cultural asentada nos valores de participación, liberdade e independencia que poda servir de ferramenta de acción e intercomunicación a todos os axentes socio-culturais comprometidos na transformación do país.
Confrontada con a súa propia continuidade tras un ano de implicación no movemento social BURLA NEGRA asume, como colectivo comprometido coa cultura e a sociedade galega, dar un xiro nos seus obxectivos, indo máis alá da Crise do Prestige, e acollendo como propio o proxecto de rede socio-cultural, dado que o colectivo reúne as condicións e os recursos axeitados para garantir o traballo de organización e desenvolvemento do proxecto: unha gran penetración social, unha base de contactos ampla e estendida a todo o territorio galego, así como recursos humanos suficientes e preparados para soster todo o proceso.
Así, en Maio de 2004, un pequeno grupo de traballo, co apoio doutros elementos do colectivo, comeza a elaborar as bases teóricas e técnicas para desenvolver unha rede de acción socio-cultural ao servizo da comunidade galega que xa nese momento recibe o nome de ARREDEMO. Durante todo o verán do 2004 deséñase unha páxina web que poda servir de ferramenta de información e comunicación ao proceso organizativo. ARREDEMO apreséntase públicamente o 13 de Novembro de 2004, durante o segundo aniversario da catástrofe do Prestige, e comeza a largar as redes na sociedade galega.
Durante o seu primeiro ano de existencia pública, ARREDEMO foise consolidando como espazo de comunicación socio-cultural e sobre todo coma un laboratorio experimental onde comezarmos a probar as moitas potencialidades dunha rede destas características.
FUNCIONAMENTO
Podemos enumerar algunhas pautas básicas do seu funcionamento.
- ARREDEMO é un medio de comunicación asentado nunha comunidade de editor@s non mediada. Calquera usuari@ da comunidade é libre de editar segundo o seu propio criterio e responsabilidade.
- ARREDEMO é un centro de recursos socio-culturais con información constantemente actualizada sobre o traballo de colectivos e organizacións civiles de toda Galiza
- ARREDEMO opera como unha plataforma de dinamización, acollendo e divulgando novos enfoques sobre as prácticas sociais e culturais.
- ARREDEMO é unha ferramento de traballo que permite a calquera colectivo coordinarse en rede para desenvolver os seus proxectos e accións.
- ARREDEMO é un medio de denuncia comprometido coa defensa dos dereitos civiles e as liberdades fundamentais.
- ARREDEMO é un espazo de promoción e difusión cultural comprometido coa cultura libre e a creación artística galega.
- ARREDEMO ten un compromiso explícito coa lingua galega aceptando a liberdade normativa e as distintas opcións ortográficas das persoas.
- ARREDEMO é unha ferramenta de acción social, tanto a nivel de difusión, coordenación, e produción como tamén de documentación.
MEMORIA DE ACTIVIDADES
Pasamos a enumerar algúns dados sobre as distintas actividades levadas a cabo dunrante este primeiro ano.
1. Comunicación
No apartado de comunicación, foron publicadas 618 Novas cun total de lecturas completas de 53966.
Foron sindicadas na páxina principal as novas de vintesete colectivos sociais e culturais galegos e blogs especialmente relevantes polo seu valor informativo.
Establecéronse 314 links ás páxinas de colectivos e organizacións sociais e culturais galegos, tanto de dentro como de fora de Galiza.
Foron procesados máis de tres mil e-mails na conta principal de ARREDEMO (info@arredemo.info).
Rexistráronse 556 utilizador@s, d@s cales 54 coa condición de editor@s.
Foron difundidos máis de trescentos eventos e convocatorias socio-culturais a través da Axenda Socio-Cultural, editada polos propios usuarios, e da páxina principal.
Foron transferidos máis de 50 Gb en documentos sonoros, visuais ou videográficos.
Recibíronse máis de 50000 visitas distintas, cunha media de 2,7 visitas por visitante.
2. Acción Social e Cultural
No apartado de acción social e cultural desenvolvéronse as seguintes accións e iniciativas a través da rede.
- Campaña Alerta Laranxa: desenvolvida no verán de 2004 por Burla Negra e outros colectivos como campaña de denuncia contra os incendios forestais.
- Proposta para un debate organizativo na Plataforma Nunca Máis. Foi debatida e difundida na rede a proposta de Burla Negra e entregada á comisión xestora de Nunca Máis
- Campaña contra o Desfile Militar do Dia das Forzas Armadas na Coruña: impulsada por distintos colectivos sociais, Arredemo contribuiu como medio de información e convocatoria.
- Iniciativa Lexislativa Popular pola Defensa dos Ríos: campaña promocionada por distintos colectivos sociais. Arredemo contribuiu como medio de información, convocatoria e recollida de apoios e asinaturas.
- Hai que Botalos: Campaña de estimulación ao boto nas eleccións autonómicas de Xuño do 2005. Propulsada por Burla Negra, Arredemo actuou como medio de información, produción, comunicación, difusión e libre distribución, tanto do filme como do material asociado (camisetas, imaxes, carteis, etc…) a toda a campaña.
- Per Loca Marítima: proxecto de organización dunha ruta cultural entre o Norte de Portugal e a Costa da Morte, levado a cabo por distintos colectivos e persoas da Costa da Morte. Arredemo integrouse como medio de traballo, documentación e comunicación.
- Festa do Circo: proxecto desenvolvido polo colectivo artístico Pista Catro. Arredemo serviu de medio de comunicación e coordenación entre artistas galegos desde distintas partes do mundo de cara a organización deste evento cultural.
- Cultura Libre: debate sobre a aplicación dos novos enfoques culturais no ámbito galego basados no copyleft e a libre distribución. Foi propiciado pola propia comunidade arredema e deu como resultado a creación dun grupo de traballo sobre esta temática e a publicación dunha Biblioteca en Rede sobre Cultura Libre.
- Radio ARREDEMO: proxecto de difusión radiofónica a través da rede, especializado en música galega actual e outros contidos culturais. Arredemo habilitou un espazo na páxina a título experimental.
3. Hai que Botalos: unha acción especial
Sen dúbida a campaña Hai que Botalos constituiu toda unha experiencia no desenvolvemento ra Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO, non só polo seu significado político e social senón tamén polo que tivo de experimentación como Smart Mob (Mobilización Intelixente) e a demostración da potencialidade mesma da rede como medio de acción e transformación.
Por unha banda, a película en si mesma, constituiu todo un éxito cultural, tanto polos espectadores que a viron dende o día 22 de Maio ata o día das eleccións (calcúlanse sobre 400.000), como polo volume de traballo e participación cidadá (máis de 300 colectivos sociais e culturais implicados), como pola distribución que se levou a cabo (4.000 DVD´s distribuidos, 220.000 descargas das curtas en internet, máis de 500 fontes no Emule e no Bitorrent e máis de 800 proxeccións públicas contabilizadas dentro e fóra de Galiza), de costas ás canles convencionais, a través da rede social galega. Como producción cultural colectiva e como proxecto social, a película abriu sen dúbida novas e múltiples perspectivas dentro da nosa cultura, partindo xa do feito de que se trata dunha creación en lingua galega, realizada por máis de trescentas persoas de xeito horizontal e tomando por tema a realidade do país desde unha perspectiva crítica e social. Trátase ademáis da primeira gran produción cultural que emprega a libre distribución en Galiza, socializando o concepto de "copiceibe", o que supón un novo paso na aplicación das novas tecnoloxías e teorías culturais libres no noso país.
A repercusión mediática do filme e da campaña, malia o apagón informativo imposto polos grandes medios de comunicación galegos, foi tamén un éxito. Dentro de Galiza destaca a crecente capacidade de información dos medios de comunicación alternativos, con especial atención aos portais como Vieiros, Galiza Livre, Portal Galego da Língua, Galiza-Indymedia, Planeta Galego, Xornal.com, A Nosa Terra…, a rede de blogs galegos, o Blogmillo, os webs de colectivos, asociacións culturais e locais sociais como Va-Ca, Aduaneiros Sem Fronteiras, Alto-Minho, Fundaçom Artabria, Causa Encantada…, e unha morea de medios locais. Neste sentido destacar tamén o crecemento de Arredemo como ferramenta de traballo e lugar de encontro da rede socio-cultural galega, que duplicou tanto o número de visitas distintas diarias (20.000 entre Maio e Xuño e unha transferencia de máis de 20GB no mesmo período de tempo), como o número de usuarios rexistrados (520). O web da película -haiquebotalos.com- recibiu máis de 150.000 visitas desde todos os continentes.
Xeráronse máis de 36.000 referencias no Google nun mes (só comparativamente as referencias a outras películas galegas nun período de tempo máis longo foron: O Bosque Animado -1.040-, ou O Lápis do Carpinteiro -401-), déronse entrevistas e fixeron reportaxes medios e axencias de comunicación estatais e internacionais (TV3, Localia, Radio Euskadi, El País, France Press, L`Express, Cadena Ser, TVE, …) Foron emitidas varias curtametraxes, completas ou en parte, en distintas emisoras, desde TVE -Informe Semanal-, ata Localia ou Auria TV.
En consecuencia, HQB pódese entender como unha acción que tivo un efecto estructurador do movemento social galego demostrando a capacidade de acción e cooperación da súa base social, potenciando a súa autosuficiencia comunicativa e abrindo novas perspectivas de traballo de cara ao futuro. Neste sentido, desde Burla Negra e desde o colectivo Arredemo, enténdese que HQB foi a penas un paso máis no avance do movemento social e que será necesario continuar a traballar por ese espazo socio-cultural independente e aberto, a partir do diálogo e a cooperación entre os distintos colectivos e asociacións do movemento social galego.
O MOMENTO ACTUAL
Despois da campaña Hai que Botalos, ARREDEMO entra nun proceso de reorganización e redefinición, determinado pola nova situación política galega e polas propias debilidades do proxecto, que desde a vulnerabilidade técnica do espazo web ata os problemas de financiación, funcionamento e continuidade, non son escasas.
Neste sentido, o grupo de traballo incial, formado por varios membros de Burla Negra e que durante estes dous anos ocupouse da coordenación e mantemento do proxecto de xeito voluntario, propón á asemblea do colectivo iniciar un proceso de planificación estratéxica que permita reactivar ARREDEMO e iniciar unha nova fase no proceso de organización e desenvolvemento da rede de acción socio-cultural.
Así, a asemblea de BURLA NEGRA decide apoiar con medios humanos e económicos este proceso de planificación estratéxica, habilitando un novo grupo de traballo para a súa coordinación e dinamización, de maneira a recuperar a participación e implicación de editor@s, usuari@s e calquera outra persoa ou colectivo interesados.
O PROCESO DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA
De cara a iniciar este proceso, o grupo de traballo e coordenación propón as seguintes premisas.
A. O proceso irá desenvolvéndose paso a paso, sendo prevista unha duración de tres meses (Outubro, Novembro e Decembro de 2005) ata a redacción do documento final.
B. Seguiráse a título metodolóxico este texto documental de Luis Cámara López: ETAPAS DE UN PROCESO DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉGICA EN LAS ONL (Organizacións Non Lucrativas) e as súas propostas de dinamizacion e construción participativa
C. De acordo coas fases do proceso de planificación estratéxicas propostas en dito texto, atopámonos neste momento na fase de preparación. Esta fase ten dous obxectivos:
1. Actualización e reactivación do espazo web: creación dun espazo específico para a comunicación, reflexión e documentación do proceso de planificación, que permita a participación en rede.
2. Convocatoria do 2º Encontro Físico da Comunidade Arredema: o obxectivo deste segundo encontro será, por unha banda, a preparación nas dinámicas de participación propostas, e por outra a definición da misión e a visión do proxecto e o inicio da fase de análise e diagnóstico da situación actual.
Arredemo 2.0: Fase de Preparación
Categories: Noticias Quentiñas
10 Comments »
FOI NENA
November 12, 2005 11:17 pmFue niña
Andrés Devesa , 31.10.2005 09:48, (Id: 4962)
Fue niña
-Fue niña -dijo una enfermera con una sonrisa en los labios- y todo ha ido perfectamente, las dos se encuentran bien. Puede pasar a verlas.
Todos se abrazaron y felicitaron al padre. Era niña. Su pequeña hijita.
Para sus padres ayer fue el día más feliz de sus vidas. Ha nacido fuerte y sana. Tiene unos ojos negros preciosos, con una viveza que denota una extraordinaria inteligencia. Saben que será muy lista. Estudiará una carrera y destacará. También sus padres son muy inteligentes, estudiaron los dos una carrera, si bien ahora no la pueden ejercer.
El nacimiento de esta niña, que duerme ahora en el regazo de la madre, les ha devuelto la ilusión. A ellos y a toda la familia. El abuelo lloró de
alegría nada más enterarse de la noticia y, cuando vio a la niña por vez
primera, no pudo evitar que se le cayese la baba, provocando las risas de toda la familia allí reunida y una dulce reprimenda de la abuela. Poco a poco han ido llegando los primos y primas a ver a la pequeña y se ha formado un pequeño revuelo en la habitación. Las enfermeras han tenido que esforzarse para que madre e hija pudiesen descansar tranquilas, desalojando poco a poco a los familiares.
Sólo ha permanecido allí el padre, que no se ha alejado un solo instante de las dos mujeres más importantes de su vida. ¡Habían pensado tanto en este día! Pero nunca se imaginaron que fuese tan hermoso.
Hoy es un día de fiesta para la familia Guenoun. Esta niña les ha abierto
una puerta a la esperanza. La madre se llama Radmila. Es polaca y vino hace 4 años a España. En su país había estudiado Matemáticas, pero aquí se dedica a limpiar casas y, dos veces por semana, le da clases particulares a una niña, cree que es su forma de no perder los conocimientos y algún día espera dar clase en un colegio. El padre se llama Khaled y es argelino. Llegó a España hace 10 años. En Argelia la violencia se había hecho constante y Khaled decidió marcharse. Allí había estudiado Filología, es un gran experto en lengua bereber y habla cinco idiomas, pero de momento tiene que conformarse con trabajar en un bar de Lavapiés. De vez en cuando le suele salir algún trabajo de traductor, pero nada estable y con poco sueldo.
Esta mañana se han puesto de acuerdo en el nombre de la niña. Se llamará Halime. Todas las enfermeras han coincidido en que es un nombre precioso. La niña las tiene locas. Ha heredado los preciosos ojos negros de su padre y la piel blanca de su madre y nadie duda que será preciosa cuando crezca.
Mientras tanto, la vida sigue. Khaled tiene que volver a trabajar. Ahora su sueldo es el único que llegará a casa. Radmila no podrá trabajar por algún tiempo. Trabaja sin contrato, por lo que no recibirá ningún dinero. Habrá que apretarse el cinturón. Pero todo lo compensa Hamile. Sus pequeños deditos se aferran a las sábanas de la cama como si se aferrasen a la vida misma, a esa vida a la que han tenido que aferrarse sus padres, a esa vida que ahora es de esperanza gracias a ella.
Ayer también nacieron otras niñas. No todas son iguales, a pesar de haber nacido iguales. En este mundo en el que soñar es cada vez más difícil, Halime representa la ilusión por un mundo nuevo, la ilusión por la que luchan millones de personas. Otras niñas nacidas el mismo día representan, sin que ni siquiera lo sepan, lo horrible de este mundo: la Historia manchada de sangre, la opresión, el privilegio, la humillación, la
injusticia que reina en el mundo. Leonor nació el mismo día que Halime.
En su inocencia, la pequeña Leonor representa las miserias de un mundo que hay que transformar. La pequeña Halime es el futuro. Leonor, lo siento, pero tú eres el pasado.
Y esto no es demagogia. Esto es la realidad, es la vida, la pura vida, esta puta vida que nos ha tocado vivir, la vida que le ha tocado vivir a tantas personas, jodidas y rejodidas, porque son los nadies, mientras ellos y sus hijos son alguien, pero en el fondo no son nada, para nosotros no son nada más que el símbolo de lo que hay que cambiar en este mundo.
Todos nacemos de forma idéntica. En el acto de salir del cuerpo de nuestras madres todos somos iguales: ricos y pobres, blancos y negros, cristianos y musulmanes; pero a partir de ahí, nada es igual, y no a causa de ese devenir humano que hace que todos seamos distintos -¡qué aburrimiento si no!-, no es igual porque todavía sigue siendo muy diferente ser hijo de reyes que hijo de esclavos modernos, hijo de Europa que hijo de África, hijo del derroche que hijo del hambre. Nacemos iguales pero en el mismo acto de nacer ya nos dividen, ya nos clasifican, ya nos enfrentan, ya nos joden, porque, sobre todo, sigue naciendo mucho hijo de puta…
Categories: Denuncias
4 Comments »
Concentración Ridiculista contra a Bandeira Española
November 10, 2005 10:01 am19 N as 19:00 h na Coraza de Riazor.
Españois: Paco segue entre nós. Dous anos despois de ser refrendado polo pobo curuñés (de milagre) e dous anos antes de que se lle acabe o choio (sen dúbida), o alcalde metrosexual segue redecorando a nosa cidade cun catálogo de adornos que, dende a estatua de John Lennon ata o Pacolito do Millenium, pasando polo monumento ao reló Swatch ou a imaxe da Virxe do Carme, vén de verse culminado pola colocación, no medio do Orzán, da Enseña Nacional para orgullo dos CTV (Curuñeses de Toda a Vida) e DTV (Demócratas de Toda a Vida).
É por iso que tanto os CTV como os DTV, agrupados baixo a congregación dos 1000 FILLOS DE PITA, non atopamos mellor ocasión que o vindeiro 20-N, trinta cabodano do pasamento do outro Paco, para contribuír á exaltación dos símbolos patrios tan denostados ultimamente polo nacionalismo máis radical e levar a cabo a misión divina de impedir a balcanización de España. Mellor dito, si atopamos mellor data, dado que o 20-N estaremos en Beade atendendo á santa Misa organizada por estoutro alcalde DTV que é Senén Pousa: será o sábado 19 de novembro cando os 1000 FILLOS DE PITA faremos a nosa particular homenaxe ao farrapo cun pasarrúas rojigualdo no que participará o máis selecto do movemento esmorgueiro-trash galego, e o menos selecto tamén.
Por iso convidamos a CTVs, DTVs e xente de ben en xeral a que non sexades galiñas e vos sumedes como Abanderados da causa, traendo gallumbo limpo e as vosas mellores galas para esta festa da Hispanidade e do Varondandismo, e participedes na exaltación da bandeira de Pacoland. Unha, grande e rachí.
Convocan: Maribolheiras Precárias, Burla Negra, Va-Ca, Aduaneiros Sen Fronteiras, C. S. Atreu
Espalha a convocatoria deste acto ridiculista por onde che cadre
19-N: Umha, Grande e Rachi !!!
El Ayuntamiento de A Coruña se gasta 7.000 euros al mes en "proteger" el palo de la bandera
Categories: Móvete, participa
No Comments »




Comentarios Recentes