Archive for October, 2007

Frente ao cambio climático: actúa xa. Apagón 15 de novembro

October 18, 2007 12:40 am - 442 Views

Con ocasión da presentación do Informe científico das Nacións Unidas sobre cambio climático polo Panel Intergubernamental do Cambio Climático (IPCC), durante a semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e ciudadáns do Estado español [1] convocan un apagón co lema:“Frente ao cambio climático: actúa xa”.

Apagón: o dia 15 de novembro de 2007 entre as 20:00 e as 20:05 horas da tarde.

A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo públicos e privados e instalacións e equipamentos públicos durante ese período.

Ecologistas en Acción invita a sumarse a ela a cantas persoas e entidades desexen chamar a atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza.

[1] Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, ADEGA, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d’Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grupu d’Ornitoloxia Mavea, Ereba, Ecologia y Patrimonio, Jóvenes Verdes, Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más, Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid, CGT de Madrid, Campaña ¿Quién Debe a Quién?, Globalízate, Plataforma Jarama Vivo, Plataforma Ciudadana Contra la Refinería, Térmicas No-Aire Limpio, Plataforma Antitérmica de la Pereda (Mieres-Asturias), Intersindical Valenciana…

Fonte: Apagón 15 noviembre

Pecha aduaneirossemfronteiras.org

October 17, 2007 11:14 am

Comunicado

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

http://www.aduaneirossemfronteiras.org/fechado.php

A UE aprobará tres transxénicos potencialmente perigosos co voto favorable de España

October 16, 2007 3:03 am

Ecoloxistas e agricultores denuncian que a UE aprobará tres transxénicos potencialmente perigosos co voto favorable de España. Os organismos modificados xenéticamente non son a solución aos problemas derivados da subida de prezos dos alimentos.

A Comisión Europea autorizará proximamente tres novos organismos modificados xenéticamente (OMX), a pesar de que o Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea (UE) non fose capaz de alcanzar onte unha maioría cualificada para permitir a sua comercialización.

Aínda que España votou a favor da aprobación destes perigosos transxénicos, os votos en contra e as abstencións doutros estados membro fixeron que non se conseguise a mencionada maioria. Amigos da Terra, a Coordinadora de Organizacións Agrícolas e Gandeiras (COAG) e Greenpeace denuncian que a Comisión e o Ministerio de Agricultura aproveitan a conxuntura de subida do prezo dos cereais para xustificar a entrada de produtos que non demostraron a sua seguridade.

"Queremos felicitar aos Estados Membros que votaron en contra destes OMX, xa que están demostrando a sua preocupación polo medio ambiente e a saúde dos seus cidadáns", afirmou Juan Felipe Carrasco, responsable da campaña contra os transxénicos de
Greenpeace.

Seguen sen resolverse graves incertezas sobre a seguridade xeral dos transxénicos e máis en concreto dos que onte se sometían á votación. Dous dos híbridos incluen a modificación xenética NK603. O NK603, aprobado para consumo humano na UE, foi analizado recentemente polo Instituto francés Criigen, que atopou claros signos de toxicidade nos datos achegados pola empresa fabricante, a multinacional Monsanto (1). O terceiro dos millos aprobados, coñecido como Herculex, foi repetidamente denunciado porque as análises realizadas polas empresas fabricantes, Pionner e Dow revelaron signos de toxicidade que esixen novas investigacións (2).

Amigos da Terra, COAG e Greenpeace denunciaron reiteradamente á Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) por non esixir máis investigación antes de dar o visto bo a novos transxénicos e por non ter en conta as evidencias sobre os seus efectos prexudiciais. Mentres non se produza unha mellora radical da avaliación de riscos dos transxénicos, os procesos de autorización deben suspenderse.

"As institucións europeas e o Goberno español non deberían pór en risco a saúde pública e a protección do medio ambiente para promover os intereses dunhas poucas multinacionais agroquímicas", declarou David Sánchez, responsable da área de Agricultura de Amigos da Terra.

Con todo, o contexto global de subida de prezos dos alimentos está sendo usado para forzar a entrada de novos OMG nos mercados europeos por encima das consideracións ambientais ou de saúde pública. Para Andoni García, membro da executiva de COAG "O voto positivo do Ministerio de Agricultura para estas tres variedades ten unha clara intencionalidade: aproveitar unha situación de crise nos mercados e nos sectores gandeiros para introducir cereais transxénicos sen abordar debidamente as verdadeiras causas da situación dos mercados".

A subida de prezos dos cereais débese, entre outros factores, á redución das colleitas no hemisferio norte e ao aumento da demanda de cereais de forma significativa de determinados países, o cal non pode servir de coartada á Comisión Europea para aprobar novos transxénicos, que non resolverán ningún problema e con todo supón un grave perigo. Máis, cando as reformas agrícolas desenvolvidas na Unión Europea, baseadas na liberalización do comercio e a desregulación dos mercados agroalimentarios son unha parte importante do problema.

Mentres países como Francia se están expondo vetar o uso de cultivos transxénicos, recoñecendo que a súa diseminación non se pode controlar e que non se quere asumir ningún risco, España segue cultivando cada vez máis OMG. Amigos da Terra, COAG e Greenpeace
esixen ao Goberno Español que opte por unha moratoria no cultivo de OMG no noso país.

Solidariedade cos veciños de O Eixo

October 15, 2007 12:16 am

O próximo domingo, día 21, na Alameda de Santiago, terá lugar unha manifestación en solidariedade cos veciños de O Eixo, para que se lles conceda o indulto despois de que se lles rexeitara a anterior solicitude

No ano 1989 varios veciños da parroquia de O Eixo foron denunciados polas lesións sufridas por un membro dos corpos e forzas de seguridade do estado no transcurso dunhas mobilizacións nas que se pedía seguridade viaria na estrada N-525, na zona de Santa Lucía. Anos máis tarde foron condenados a penas de cárcere e unha indemnización de 156000 Euros a pesar de múltiples irregularidades e que non houbo intencionalidade de producir lesións ao axente. Posteriormente o Consello de Ministros rexeitou conceder o indulto aos condenados.

Na sentencia condenatoria admitise que os Policías Nacionais que recoñeceron, en rolda de recoñecemento, aos acusados “puideron chegar a ter ocasión material de cometer a irregularidade de examinar fotos das persoas que presumiblemente ían ter que recoñecer ulteriormente”, admitise que houbo “intervención nas roldas, xunto ás persoas obxecto de identificación, de membros da Policía Nacional” e ademais foi confirmada a “condición de funcionarios en prácticas de varias persoas que integraron as rodas”. Ou sexa que os Policías Nacionais que tiveron que recoñecer aos acusados tiveron acceso ás fotos deles antes da Rolda de Recoñecemento e os recoñeceron entre varios Policías Nacionais.

O Policía Nacional supostamente agredido foi quen identificou “na rúa e de forma casual” a un dos acusados sen que fora capaz de explicar o “motivo que o levou ese día ate a zona de Santiago onde se encontrou con o acusado”. A raíz da súa detención outro veciño do Eixo, e posteriormente acusado, acudiu aos Xulgados para interesarse pola situación do detido, este foi relacionado cós feitos a pesar de que a súa descrición no atestado fala “dunha tez moi branca que contrasta cós seus rasgos e cor de pel, propios dunha persoa acusadamente morena”

Tamén a confusión propia da situación é utilizada na sentencia para xustificar os vacios e contradicción das declaracións policiais, sen embargo no caso da defensa e valorada negativamente e se considera “destacable a tendencia das testemuñas a dar contestación vagas ou a escudarse na súa falta de percepción do suceso cando se pregunta sobre o modo en que se produciron as lesións aos policías”.

“Os forenses tampouco descartaron que unha causa distinta dunha agresión física (un tumulto, por exemplo) puidera causar semellante incidencia no psiquismo do (policía) afectado” e que “os traumatismos sufridos polos policías poida ter como orixe unha caída accidental colectiva”

Desde o MpDC pensamos que quen debería responder polos feitos acontecidos foi quen tratou aos veciños e veciñas de O Eixo como delincuentes e perigosos por reclamaren algo tan lexítimo como a seguridade viaria no seu vecindario. Quen forzou unha situación na que estes veciños e veciñas se viron acurralados e privados dos seus dereitos fundamentais e que ordenou cargar contra veciños e veciñas que non buscaban danar a ninguén e so velar pola seguridade dos seus fillos e fillas.

Non se pode pedir á cidadanía respecto a uns sistema que cirminaliza e envía a veciños e veciñas responsables e preocupados polo seu entorno á cárcere, e indulta a policías que torturan a cidadáns (como os policías municipais de Vigo indultados no 2006).

Por todo isto o MpDC anima a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21. Por xustiza.

Fonte: Dereitos Civís chama á participar na manifestación en solidariedade cos veciños de O Eixo

Talleres San&San outubro 2007 - xuño 2008

October 3, 2007 1:51 pm

Comeza un novo curso académico, e a Escola de Teatro San&San presenta os seus cursos para esta nova tempada.

Luns: xogo dramático - presenza escénica - improvisación - clown - creación de personaxes
Martes: claqué - coreografía
Mércores: teatro físico - movemento - máscara neutra - loita escénica - commedia dell'arte
Xoves: teatro físico II - xestos, atitudes, movimentos e xogos de fisionomía - a música como compañeira de xogo - máscaras larvares - pantomima branca - comic - melomimo - cine mudo

As clases son de 20:30h - 22:30h e comezan o 15 de outubro. Escolle os módulos que mais che conveñan. O módulo do xoves vai exclusivamente destinado a antigos alumnos da escola. Clases especiais durante o curso de voz, canto, acrobacia, malabares, interpretación ante a cámara, etc. Proxeccións de videos, tardes abertas, punto de información, asesoramento profesional, mostra de fin de curso.

Máis información e inscripcións: 657 010674 - 630 693148

Escola de Teatro San&San
Sala do Trinke - A Coruña
Rúa San Rosendo, 10 baixo - zona estación de ff.cc.

A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo

11:56 am

6.619.642 euros, máis de 1.100 millóns de pesetas. Esta é a exorbitante cantidade de cartos públicos que o bipartito da Xunta de Galicia repartiu entre os medios de comunicación a través de convenios. Galiciaconfidencial publica por vez primeira as cifras destas subvencións aos xornais, radios, axencias e diarios electrónicos galegos. A diferenza das axudas polo uso do galego, os convenios non se reparten en función duns criterios publicados no DOG. É dicir, son axudas directas que dependen unicamente do ‘criterio’ de cada consellería.

Todos os datos deste artigo poden contrastarse no Rexistro de Convenios, publicado en internet pola Vicepresidencia da Xunta. Por exemplo, os detalles duns dos convenios con máis cartos poden consultarse aquí.

Na maioría dos acordos (que cubren toda a etapa do bipartito), os medios comprométense a publicar informacións sobre as actividades das consellerías a cambio de cartos. Nalgúns casos específicase que se fará mediante publicidade, pero noutros cóbrase a cambio de publicar novas institucionais disfrazadas de información propia, algo difícil de distinguir para moitos lectores.

Grupos e xornais en papel

Segundo o Rexistro, o Grupo Voz é o principal beneficiado, levándose aproximadamente un de cada catro euros. E é que o Grupo Voz recibiu 1.714.520 euros (uns 285 millóns de pesetas) a través de 18 convenios. Divídense en 11 acordos co xornal, catro con Radio Voz, un con Canal Voz (a filial de internet), un coa Corporación Voz e outro coa Fundación Rey Fernández Latorre.

Gráfico convenio medios

A continuación ‘clasifícase’ o Grupo El Progreso. Logra a segunda posición entre os máis subvencionados con 1.253.287 euros (208 millóns de pesetas), grazas aos 12 convenios do xornal El Progreso de Lugo (662.219,67 euros), Diario de Pontevedra (dez protocolos por 441.067 euros) e do único convenio que apañou o gratuíto en galego De Luns a Venres (150.000 euros).

Terceiro posto no reparto para Prensa Ibérica, dono de Faro de Vigo (922.029 euros en dez convenios) e de La Opinión da Coruña (192.989 euros en sete protocolos). É dicir, un conxunto de 1.115.018 euros (185 millóns de pesetas, cen menos que o Grupo Voz) en dezasete paquetes para o tamén chamado ‘Grupo Moll’.

A Editorial Compostela tamén sae ben parada. A matriz de El Correo Gallego, apañou a metade de cartos públicos que o Grupo Voz. Foron 12 acordos con El Correo Gallego (782.559 euros), catro con Galicia Hoxe (193.000 euros) e un con Radio Obradoiro (10.000 euros). Suman 17 convenios e 986.059 euros, máis de 164 millóns de pesetas.

Tampouco lle vai de todo mal a Editorial La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Coas catro cabeceiras suma 443.674 euros (case 74 millóns de pesetas) a través de nove convenios.

O grupo de xornais con menos axudas da Xunta o Grupo La Región. A cabeceira de Ourense apaña 292.466 euros, tres veces máis que Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación) con 85.000 euros en tres acordos. Suman en total 11 convenios e 377.466 euros, case 63 millóns de pesetas.

Pero é o periódico conservador ABC o que fecha o ‘ranking’ de subvencións aos diarios. A delegación galega da cabeceira madrileña quedouse con 94.042 euros, 156 millóns de pesetas, en tres convenios. Tamén en papel, o semanario A Nosa Terra logrou este ano un convenio por valor de cincuenta mil euros, algo máis de 8 millóns de pesetas.

Emisoras de radio

As cadeas de radio tamén se benefician, pero gozan de menos axudas que a prensa escrita. Así sucede nos xa citados casos de Radio Voz (169.000 euros, uns 28 millóns de pesetas) e Radio Obradoiro (10.00 euros, algo máis de millón e medio de pesetas), cantidades moi inferiores aos seus ‘pais’ en papel, La Voz e El Correo.

Despois de Radio Voz, son o conxunto de emisoras que emiten programación da Cadena Ser as que máis suman. Son 118.000 euros, uns 19 millóns de pesetas en cadanseu convenio da Secretaría Xeral de Comunicación con Radio Coruña, Radio Lugo, Radio Pontevedra, Radio Ourense, Radio Principal e Radio Vigo.

Terceiro posto no ‘ranking’ de radios para a COPE, 95.000 euros, case 16 millóns de pesetas en dous protocolos. Cuarto lugar para Cadena Noroeste (36.000 euros en dúas partidas). Con un só convenio quedaron Onda Cero (25.00 euros), e Radio Líder (10.000 euros).

Axencias de información

As axencias, que subministran aos xornais gran parte dos seus contidos, tamén son destinatarios destas axudas directas dende San Caetano. Así, a Axencia Galega de Noticias, controlada polo Grupo El Progreso, apañou 153.794 euros (25 millóns de pesetas). Europa Press recibiu algo máis da metade desa cantidade, 98.783 euros (uns 16 millóns e medio de pesetas).

Diarios en internet

Os novos medios exclusivamente dixitais tamén recibiron un anaco do pastel, aínda que trátase dun cacho moito máis pequeno cos outros. Así o coruñés Xornal.com –editado por Xornal Galinet SA- asinou dous acordos polos que recibiu 33.000 euros, case 5,5 millóns de pesetas. O seu competidor compostelán Vieiros.com so firmou un convenio coa Secretaría Xeral de Comunicación. Foron 20.000 euros, uns 3,3 millóns de pesetas.

Non son as únicas axudas públicas

En definitiva, salvo contadas excepcións (entre elas, por exemplo, a edición galega de El País, Radio Galicia, Tempos Novos ou A Peneira), Galiciaconfidencial atopou que PSdG e BNG están a utilizar os departamentos da Xunta que controlan para subvencionar moi xenerosamente á práctica totalidade dos empresarios da comunicación do país.

Cómpre subliñar que estes convenios de colaboración non están regulados por uns criterios transparentes, como sucede co máis de millón de euros repartido en axudas polo uso do galego, convocatoria que si publica o Diario Oficial de Galicia.

Ademais é probábel que non todas as consellerías estean informando ao Rexistro de todos os convenios que firman, malia ser a súa obriga legal, polo que o montante final podería resultar aínda maior dos 1,6 millóns de euros. A esta cantidade hai que sumarlle as axudas polo galego, a numerosa publicidade institucional e os contratos con varias produtoras propiedade de xornais que fornecen de novas locais á TVG.

Consellería a consellería

Se ben é certo que subvencionar masivamente aos empresarios da comunicación xa era práctica común na era Fraga, a ninguén se lle escapa que o actual enorme volume de subvencións inflúe na autonomía que algunhas empresas confiren aos seus xornalistas para cumprir o seu traballo, informar obxectivamente aos cidadáns. Trátase, ademais, de empresas que en moitos casos ofrecen condicións laborais ínfimas aos seus traballadores.

Sexa como for, en vindeiras entregas Galiciaconfidencial detallará estes convenios, para analizar polo miúdo o reparto de cartos públicos, consellería a consellería, medio a medio.

Fonte: A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo

Alemanha: Fábrica de bicicletas é ocupada e autogerida pelos seus trabajadores

11:31 am

Os/as 135 trabalhadores/as da Fábrica de Bicicletas Bike Systems GmbH em Nordhausen, Região de Thüringenque, Alemanha, que ocupam a fábrica desde o dia 10 de julho de 2007, decidiram retomar a produção de bicicletas em regime de autogestão. De forma a que o projecto seja bem sucedido, eles devem receber 1.800 pedidos de bicicletas antes do dia 2 de Outubro. O pessoal da fábrica está a trabalhar em conjunto com a organização anarcosindicalista alemã FAU (União de Trabalhadores Livres), que lançou uma campanha através da página www.strike-bike.de

Há três meses, o pessoal desta fábrica, situada a sul das montanhas Harz, mantém-na ocupada em três turnos de vigilância. Querem impedir o encerramento definitivo, o desmantelamento e a venda da fábrica. A 10 agosto passado, a empresa (propriedade da estadunidense do Texas, Lone Star) apresentou o expediente de falência. A fábrica encontra-se num estado deteriorado e os locais foram esvaziados, com excepção de uma parte. O pessoal recebe o subsídio de desemprego, mas prefere poder continuar a trabalhar.

"Strike-Bike" (A Greve das Bicicletas) - as bicicletas da solidariedade de Nordhausen

Durante a ocupação, e no seguimento de debates mantidos durante as visitas solidárias que tínhamos recebido, nós, trabalhadores/as da fábrica, pensamos retomar a produção. Dado que não se trata só de evitar o desmantelamento da fábrica e esperar a chegada de um novo investidor. Temos a oportunidade de mostrar a capacidade dos/as trabalhadores/as de desenvolver com êxito as suas próprias iniciativas e de autogerir a produção e a distribuição. A ideia da "Strike-Bike" está a receber respostas muito positivas.

Se conseguirmos o nosso objectivo de receber pedidos de 1.800 bicicletas produzidas em regime de autogestão, ajudaremos a difundir as ideias de solidariedade e daremos um apoio moral a companheiros/as que se encontram em situações semelhantes, lutando, como nós, para evitar a "reconversão total".

Temos encontrado a ajuda da FAU, que está a promover, por toda a Alemanha, nossa luta e a venda da "Strike-Bike".

Para mais informação: www.strike-bike.de

A história da ocupação: www.labournet.de/branchen/sonstige/fahrzeug/bikesystems.html

Para contactar com a fábrica e fazer pedidos de bicicletas: "Bikes in Nordhausen e.V." - c/o. André Kegel, Bruno-Kunze-Str. 39 - 99734 Nordhausen - Telefone: 03631-622.124 y 03631-403.591 - Fax: 03631 - 622 170 - E-mail: fahrradwerk(arroba)gmx(punto)de

Para mais informação sobre a campanha do Grupo de Solidariedade com a Strike-Bike da FAU: Folkert Mohrhof - Telefone: 0179-4863252 - De segunda à sexta das 10h às 15h, também no telefone: +49.40-20.90.68.96

Fonte: Alemanha: Fábrica de bicicletas é ocupada e autogerida pelos seus trabajadores

Nota de Alasbarricadas.org:

Para apoyar el proyecto "Strike-Bike" y a l@s trabajador@s y respaldar la práctica autogestionaria y solidaria, desde Alasbarricadas.org nos ofrecemos a realizar las traducciones al alemán de los pedidos para quien lo necesitara. Poneos en contacto con nosotr@s a través del correo info(arroba)alasbarricadas(punto)org

Recordaros que los pedidos han de ser antes del 2 de octubre para que la iniciativa pueda prosperar. En breves traduciremos las características técnicas de las bicicletas. En cualquier caso, preguntadnos cualquier duda que os pueda surgir. ¡Ya no tenéis excusa!

Los dos modelos de bicicletas::




[pincha encima, para hacer la imagen más grande]

Fonte: [Alemania] Fábrica de bicicletas tomada por sus trabajador@s

Masa Crítica Coruña Business

October 2, 2007 6:02 pm

Con esta masa queremos reivindicar o uso da bici como medio de transporte para ir ao traballo, sexa cal sexa este traballo. Porque a bici non entende de posición social, tipo de traballo, etc, xa que é o medio de transporte mais eficaz dentro dunha cidade como a nosa. Por iso nos vestiremos de gala, cos nosos traxes, garabatas, paxariñas, traxes de noite, maquillaxes, … para acudir a esta masa. Animamos a tod@s a participar desta masa coas vosas mellores galas, será moi divertido e conseguiremos amosar que a bici non está reñida coa roupa elegante, para ir a traballar, para saír pola noite, para ir a unha festa, para acudir a un acto conmemorativo, …

Aclarar que, evidentemente, poderedes acudir a esta masa como vos queirades, non deixedes de acudir por non ter ou porque non vos apetece levar ese tipo de roupa (na masa sempre defendimos a liberdade de indumentaria como tamén a non indumentaria, como proclamamos na ciclonudista).

Venres 5 de outubro ás 19:45h na Praza de María Pita (saída ás 20h), Masa Crítica Business.

WordPress database error: [Access denied for user 'bircor_mundo'@'%' to database 'bircor_mundo']
INSERT INTO wp_options (option_name, option_value, option_description, autoload) VALUES ('kjgrc_cache', 'a:2:{s:8:\"comments\";s:1520:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPkNvbWVudGFyaW9zIFJlY2VudGVzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDkxI2NvbW1lbnQtNzk3MDciIHRpdGxlPSJMaWJybyBkZSB2aXNpdGFzLCBKdW5lIDcsIDIwMDciPkpvaG4xNDUyPC9hPjogR3JlYXQgd29yayx3ZWJtYXN0ZXIsbmljZSBkZXNpZ24hIGJ1eSAsIGNoZWFwICwgYnV5ICwgLCAsPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDUxI2NvbW1lbnQtNzk3MDUiIHRpdGxlPSJNYXBhIGRvIHNpdGlvLCBNYXJjaCAyNiwgMjAwNyI+Sm9objEwMjg8L2E+OiBQZXJmZWN0IHdvcmshIGJ1eSAsICwgLCBjaGVhcCAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD0yNzcjY29tbWVudC03OTcwMyIgdGl0bGU9IjHCqiBhY2Npw7NuIGRhIFNlbWFuYSBkZSBMb2l0YSBTb2NpYWwgwpNSb21wYW1vcyBvIFNpbGVuY2lvwpQuIENpbmUgQm9nYXJ0IChNYWRyaWQpLCBKdW5lIDI2LCAyMDA2Ij5Kb2huMTQ3NjwvYT46IEdyZWF0IC5Ob3cgaSBjYW4gc2F5IHRoYW5rIHlvdSEgY2hlYXAgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cGFnZV9pZD00OTEjY29tbWVudC03OTY5NyIgdGl0bGU9IkxpYnJvIGRlIHZpc2l0YXMsIEp1bmUgNywgMjAwNyI+Sm9objE0NTI8L2E+OiBCZWF1dGlmdWwgc2l0ZSEgLCBjaGVhcCAsIGNoZWFwICwgLCBidXkgLDwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wYWdlX2lkPTQ1MSNjb21tZW50LTc5Njk1IiB0aXRsZT0iTWFwYSBkbyBzaXRpbywgTWFyY2ggMjYsIDIwMDciPkpvaG4xMDI4PC9hPjogSW5jcmVkaWJsZSBzaXRlISBidXkgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgo8L3VsPjwvZGl2PjwvdWw+PC9kaXY+\";s:10:\"trackbacks\";s:1880:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPlJlY2VudCBUcmFja2JhY2tzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NTExI2NvbW1lbnQtNDk5MzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGl2ZSBFYXJ0aDogYWZvcnJhZGUgZW5lcnjDrWEsIHF1ZSBuw7NzIG5vbiBwb2RlbW9zJnF1b3Q7OiAgQ2FzaW5vIDEyNDMzNzU5MTEmIzgyMzA7Ij5DYXNpbm8gMTI0MzM3NTkxMTwvYT46IENhc2lubyAxMjQzMzc1OTExLi4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDQ3I2NvbW1lbnQtNDIyMzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGFrYWJlLCBleHBlcmllbmNpYSBjb211bml0YXJpYSZxdW90OzogIENhc2lubyAxMjQxMjc4NTMzJiM4MjMwOyI+Q2FzaW5vIDEyNDEyNzg1MzM8L2E+OiBDYXNpbm8gMTI0MTI3ODUzMy4uLjwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wPTQ3NCNjb21tZW50LTM1NTQyIiB0aXRsZT0iVHJhY2tiYWNrIHRvICZxdW90O0luZm9ybWHDp8OjbyDDmnRpbCBzb2JyZSBhIENvbnRlc3Rhw6fDo28gYW8gRzgmcXVvdDs6ICBJbnN0YW50IG5vIGRlcG9zaXQgY2FzaW5vIDMwOCYjODIzMDsiPkluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBjYXNpbm8gMzA4PC9hPjogSW5zdGFudCBubyBkZXBvc2l0IGNhc2lubyAzMDguLi48L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD00NzQjY29tbWVudC0zNTU0MSIgdGl0bGU9IlRyYWNrYmFjayB0byAmcXVvdDtJbmZvcm1hw6fDo28gw5p0aWwgc29icmUgYSBDb250ZXN0YcOnw6NvIGFvIEc4JnF1b3Q7OiAgTm8gZGVwb3NpdCBzaXRlcyAxODYmIzgyMzA7Ij5ObyBkZXBvc2l0IHNpdGVzIDE4NjwvYT46IE5vIGRlcG9zaXQgc2l0ZXMgMTg2Li4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDc0I2NvbW1lbnQtMzU1NDAiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7SW5mb3JtYcOnw6NvIMOadGlsIHNvYnJlIGEgQ29udGVzdGHDp8OjbyBhbyBHOCZxdW90OzogIDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OCYjODIzMDsiPjIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2ODwvYT46IDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OC4uLjwvbGk+CjwvdWw+PC9kaXY+PC91bD48L2Rpdj4=\";}', '', 'yes')