Archive for January, 2008

Campaña represiva contra preSOS Galiza e a Comisión de Denuncia da Galiza

January 20, 2008 1:41 am - 532 Views

Dende a Comisión de Denuncia de Galiza, temos que dar noticia dun feito especialmente grave, por constituir un nidio exemplo de persecución aos movimentos sociais críticos e autónomos por medio de criminalización dos seus integrantes. Este vez o obxectivo é a asociación PreSOS, integrante da Comisión de Denuncia e o ataque dirixese persoalmente contra un dos seus fundadores.

Na noite do 30 de decembro de 2004, varios axentes axentes da Policia Local de Santiago de Compostela detiveron utilizando a forza fisica dun xeito absolutamente desproporcionado a un cidadán na Rua de San Pedro. Varias persoas foron testigos da desproporcionada actuación policial, entre eles o Presidente da Asociación PreSOS GALIZA ,Fran del Buey.

Fran del Buey tentou por medio de sua intervención mitigar a desproporcionada actuación policial chegando a ser ameazado con ser obxecto de detención, nembargantes manter unha actitude sosegada o representante da asociación PreSOS ca forza policial.
A asociación PreSOS e no seu nome FRAN DEL BUEY presentou denuncia no xulgado de instrucción.Coetaneamente, en virtude do atestado policial, se lle aperturaron dilixencias penais ao cidadán agredido como autor dun delito de danos.

A denuncia interposta por PreSOS determinou a celebración dun xuizo de faltas contra os axentes da policia municipal. O xuizo estivo cheo de irregularidades, chegando a manifestar unha testemuña que o representante de Asociación PreSOS atopabase merodeando momentos antes para roubar nos coches aparcados na Rua de San Pedro, nidia manifestación de incredibilidade desta declaración.
Como é habitual nas interpostas contra integrantes de forzas policiais a denuncia de PreSOS rematou con sentencia absolutoria para os policias. Como resposta a esta actuación de defensa frente aos abusos policiais, a policia do Concello de Santiago pretende devolver o golpe e presenta unha querela contra o presidente da asociación de preSOS,imputando un delicto de Denuncia falsa do art 456.1.2 do CP, coa imposición dunha multa de 16 meses con cuota diaria de 12 euros e de Falso testimonio do art 458 do CP. coa imposición dunha pena dun ano de prisión e multa de 4 meses a cuota diaria de 12 euros, ousexa 1440 €.

Mas, sumado ao ataque persoal, a meirande gravedade destes feitos deriva de que se pretende, por medio da criminalización dos seus activistas, a neutralización dunha asociación que leva 20 anos traballando na defensa dos dereitos fundamentais da persoas, sen vacilar en denunciar ou enfrontarse a calquera administración (tamen ao concello de Santiago) en exercicio das suas finalidades estatutarias. PreSOS e a plataforma de colectivos COMISIÓN DE DENUNCIA son organizacións autoxestionarias, que non dependen de subvencións nen recoñecen fidelidades ou instruccións externas e porén, a forma de facelas calar non é senon utilizar o sistema represivo que teñen criticado ambas entidades de forma tenaz.

Lembramos hoxe a cita de Martin Niemoeller: primeiro viñeron buscar aos comunistas e eu non falei porque no era comunista; Despois, viñeron polos socialistas e polos sindicalistas ,e eu non falei porque non era non o un nen o outro. Despois viñeros polos xudeos, e eu non falei porque non era xudeo. Despois viñeron por min y para enton xa non quedaba ninguen que poidera falar por mi.

Dende a Comisión de Denuncia non estamos dispostos a esperar que mañá o obxectivo represivo sexa outr@ disidente diferente ao noso compañeiro. Esperamos que vos tampouco.

PreSOS Galiza

Denuncia do Bar Patachim da Coruña

January 19, 2008 2:25 am

Relato-vos o que hoje, 17 de janeiro, vivimos no Patachim:

Às 19′45 perto de 20 polícias nacionais de "segurança cidadá" e "estupefacientes" uniformados entrarom no bar para realizar umha operaçom "contra o consumo de drogas", fechando as portas e deixando encerradadas e ilhadas durante mais 1 hora e meia às mais de 30 pessoas que havia no interior. Ordenarom apagar a música, deixar de servir e fazer ou realizar chamadas. Tampouco nos permitirom recolher as mesas, lavar a louça nem realizar nengum tipo de actividade até que o último cliente foi identificado e obrigado a sair do local. Todas as pessoas forom obrigadas a abandonar o local umha por umha, umha vez identificadas e cacheadas, sem dar-lhes a opçom de ficar no local.

Algumha pessoa que tratou de contestar ao telefone foi ameaçada com ser levada a comissaria, ao igual que a minha nai por nom estar documentada. Só deixarom marchar a um vendedor do cupom de cegos qua havia nesse momento, ao igual que a umha clienta por sofrer umha crise de angústia. Outro cliente tivo que ser atendido depois, devido ao mal corpo, e acavou vomitando.

Os 6 polícias de paisano que havia entre a clientela pronto se autodescobrirom ao quitar as cazadoras e passear-se polo local sem nengum pudor exibindo as suas pistolas atadas ao cinto. Houvo algum momento no que tivemos que aguantar comentários irónicos e fora de lugar por parte de algum funcionário. No exterior chegarom a juntar-se 5 carros patrulha e um grupo de polícias na porta. Aos 15 minutos chegou a prensa, com fotógrafos incluídos. Todas as pessoas forom identificadas e cacheadas umha por umha. Umha polícia adicou-se, enguantada, a desmiuçar exaustivamente os bolsos de todas as clientas - paquetes de tabaco, carteiras, maquilhagens, compressas…-.

Resultado: levantarom várias actas a algumhas clientas e clientes, por posessom de pequenas cantidades de hachis para consumo próprio, e umha ao local por tolerância com o consumo. Depois de que o último cliente pudera abandonar o local, sobre as 21′45, todos os polícias continuarom dentro do local durante 1 hora mais, sem permitir-nos a mim e às testemunhas abandonar o local, ou ponhê-lo em funcionamento até que os polícias encarregados do papeleo rematarom (a isso das 22´45) O resto dos polícias falavam tranquilamente das suas cousas e um chegou a sacar e fumar um puro havano; oferecendo-lhe ao resto dos seus companheiros. O local ficou totalmente revolto, cojins e peças de xadrez ou parchis tiradas polo cham, e especialmente o armazém, no que desordenarom caixas, botelhas, etc. ao meter a dous cans enormes que o pisotearom todo.

Sabem de sobra que no nosso local nom hai "trapicheo". Por outra parte, o consumo de hachis em lugares públicos é umha conduta socialmente generalizada hoje em dia. Polo que parece, encontramo-nos ante umha campanha mediática da subdelegaçom do governo em vísperas eleitorais.

Quanto dezencanto, com "z" de conzervadorez.

Porque os conservadores sempre tirarom réditos eleitorais criminalizando os estilos de vida diferentes e tratando de criar alarma social e vizinhal onde nom a hai. Um grupo de vizinhos, por certo, permanecerom fora do local em sinal de solidariedade.

Os alcaldes de once localidades andaluzas piden no Congreso a III República

January 9, 2008 11:56 am

Segundo IU, trátase dun movemento "sereno, pacífico, democrático e constitucional" ao que, proximamente, "uniranse máis de 40 concellos"

A Rede de Municipios e Cargos Públicos pola Terceira República entregou hoxe no Congreso as mocións aprobadas nunha ducia de Concellos -a maior parte andaluces e todos gobernados por IU- por un proceso constituínte a favor do cambio do modelo monárquico de Estado.

A iniciativa supón o "inicio dun camiño" que necesitará de "moito debate social" para cambiar a "herdanza" da Xefatura do Estado "por razóns de sangue", segundo declarou en rolda de prensa a deputada de IU Montserrat Muñoz.

Antonio Romeu, parlamentario andaluz de IU e coordinador do movemento, afirmou antes do acto de entrega que se privou ao pobo de decidir entre Monarquía e República e, segundo as enquisas, máis dun 30% dos españois preferiría un réxime republicano". "Ademais, a mocidade maioritariamente está a favor e ata existe unha parte da dereita que a apoia", aseverou.

Para Muñoz, o movemento representa "algo máis" que a "disxuntiva República-Monarquía", xa que trata de recoller os valores de 1931 de "liberdade, fraternidad, solidariedade e laicismo" desde as cidades, onde é "máis fácil" arrincar o debate sobre o modelo de Estado.

"Non se trata de queimar fotografías"

O pasado mes de xullo once municipios andaluces presentaron no Parlamento autonómico unha moción que subliñaba a necesidade de "unha loita democrática pola República na axenda política, social e institucional", recordou Antonio Romeu.

O primeiro consistorio en aprobar en pleno a moción foi o de Casariche, ao que seguiron outros tres sevillanos (Marinaleda, Martín de la Jara e Pedrera), cinco malagueños (Arriate, El Borge, El Burgo, Humilladero, Teba), un de Cádiz (Alcalá del Valle), outro de Córdoba (Espello) e o último de Madrid (Casarrubuelos).

"Non se trata de queimar fotografías", declarou Romeu, senón de aprobar unha "materia pendente" de forma pacífica para que os cidadáns españois poidan pronunciarse sobre o modelo de Estado que prefiren, co que se superaría o "déficit democrático" do país.

A proposta foi recollida no "Manifesto a favor dun proceso constituínte pola Terceira República", que asinaron destacadas personalidades do ámbito académico, cultural e intelectual, como Rosa Regás, Luís García Montero, Xullo Anguita ou José Manuel Martín Médem.

"Cidadáns e non súbditos"

"Queremos ser cidadáns e non súbditos", proseguiu o deputado andaluz, para quen a Monarquía española é sucesora de Franco e símbolo de "o pasado e o arcaico".

En declaracións posteriores aos medios, Romeu anunciou que os máis de cen municipios gobernados con maioría absoluta por IU en toda España irán aprobando en cadea esta moción, e espera que o fagan tamén outros partidos nacionalistas como Nafarroa Bai, aínda que insistiu en que se trata dun movemento "moi español".

Así mesmo o representante de EU criticou ao PSOE polo seu "republicanismo de salón", en referencia ás "instrucións" dadas aos edís socialistas por parte do presidente andaluz, Manuel Chaves, e do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, para non votar a moción de IU.

"Desgraciadamente o PSOE cambiou de ideólogo de cabeceira, Pablo Iglesias, por Jaime Peñafiel", lamentouse Romeu, que invitou a todos os republicanos a non votar aos socialistas nas próximas eleccións xerais do 9 de marzo.

Fonte: Los alcaldes de once localidades andaluzas piden en el Congreso la III República
Público.es

WordPress database error: [Access denied for user 'bircor_mundo'@'%' to database 'bircor_mundo']
INSERT INTO wp_options (option_name, option_value, option_description, autoload) VALUES ('kjgrc_cache', 'a:2:{s:8:\"comments\";s:1520:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPkNvbWVudGFyaW9zIFJlY2VudGVzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDkxI2NvbW1lbnQtNzk3MDciIHRpdGxlPSJMaWJybyBkZSB2aXNpdGFzLCBKdW5lIDcsIDIwMDciPkpvaG4xNDUyPC9hPjogR3JlYXQgd29yayx3ZWJtYXN0ZXIsbmljZSBkZXNpZ24hIGJ1eSAsIGNoZWFwICwgYnV5ICwgLCAsPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDUxI2NvbW1lbnQtNzk3MDUiIHRpdGxlPSJNYXBhIGRvIHNpdGlvLCBNYXJjaCAyNiwgMjAwNyI+Sm9objEwMjg8L2E+OiBQZXJmZWN0IHdvcmshIGJ1eSAsICwgLCBjaGVhcCAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD0yNzcjY29tbWVudC03OTcwMyIgdGl0bGU9IjHCqiBhY2Npw7NuIGRhIFNlbWFuYSBkZSBMb2l0YSBTb2NpYWwgwpNSb21wYW1vcyBvIFNpbGVuY2lvwpQuIENpbmUgQm9nYXJ0IChNYWRyaWQpLCBKdW5lIDI2LCAyMDA2Ij5Kb2huMTQ3NjwvYT46IEdyZWF0IC5Ob3cgaSBjYW4gc2F5IHRoYW5rIHlvdSEgY2hlYXAgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cGFnZV9pZD00OTEjY29tbWVudC03OTY5NyIgdGl0bGU9IkxpYnJvIGRlIHZpc2l0YXMsIEp1bmUgNywgMjAwNyI+Sm9objE0NTI8L2E+OiBCZWF1dGlmdWwgc2l0ZSEgLCBjaGVhcCAsIGNoZWFwICwgLCBidXkgLDwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wYWdlX2lkPTQ1MSNjb21tZW50LTc5Njk1IiB0aXRsZT0iTWFwYSBkbyBzaXRpbywgTWFyY2ggMjYsIDIwMDciPkpvaG4xMDI4PC9hPjogSW5jcmVkaWJsZSBzaXRlISBidXkgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgo8L3VsPjwvZGl2PjwvdWw+PC9kaXY+\";s:10:\"trackbacks\";s:1880:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPlJlY2VudCBUcmFja2JhY2tzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NTExI2NvbW1lbnQtNDk5MzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGl2ZSBFYXJ0aDogYWZvcnJhZGUgZW5lcnjDrWEsIHF1ZSBuw7NzIG5vbiBwb2RlbW9zJnF1b3Q7OiAgQ2FzaW5vIDEyNDMzNzU5MTEmIzgyMzA7Ij5DYXNpbm8gMTI0MzM3NTkxMTwvYT46IENhc2lubyAxMjQzMzc1OTExLi4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDQ3I2NvbW1lbnQtNDIyMzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGFrYWJlLCBleHBlcmllbmNpYSBjb211bml0YXJpYSZxdW90OzogIENhc2lubyAxMjQxMjc4NTMzJiM4MjMwOyI+Q2FzaW5vIDEyNDEyNzg1MzM8L2E+OiBDYXNpbm8gMTI0MTI3ODUzMy4uLjwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wPTQ3NCNjb21tZW50LTM1NTQyIiB0aXRsZT0iVHJhY2tiYWNrIHRvICZxdW90O0luZm9ybWHDp8OjbyDDmnRpbCBzb2JyZSBhIENvbnRlc3Rhw6fDo28gYW8gRzgmcXVvdDs6ICBJbnN0YW50IG5vIGRlcG9zaXQgY2FzaW5vIDMwOCYjODIzMDsiPkluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBjYXNpbm8gMzA4PC9hPjogSW5zdGFudCBubyBkZXBvc2l0IGNhc2lubyAzMDguLi48L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD00NzQjY29tbWVudC0zNTU0MSIgdGl0bGU9IlRyYWNrYmFjayB0byAmcXVvdDtJbmZvcm1hw6fDo28gw5p0aWwgc29icmUgYSBDb250ZXN0YcOnw6NvIGFvIEc4JnF1b3Q7OiAgTm8gZGVwb3NpdCBzaXRlcyAxODYmIzgyMzA7Ij5ObyBkZXBvc2l0IHNpdGVzIDE4NjwvYT46IE5vIGRlcG9zaXQgc2l0ZXMgMTg2Li4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDc0I2NvbW1lbnQtMzU1NDAiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7SW5mb3JtYcOnw6NvIMOadGlsIHNvYnJlIGEgQ29udGVzdGHDp8OjbyBhbyBHOCZxdW90OzogIDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OCYjODIzMDsiPjIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2ODwvYT46IDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OC4uLjwvbGk+CjwvdWw+PC9kaXY+PC91bD48L2Rpdj4=\";}', '', 'yes')