Archive for May, 2008

Marcha Ciclonudista. A Coruña, 7 de xuño ás 12h en María Pita

May 27, 2008 11:01 am - 317 Views

II Marcha Ciclonudista

Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.

Chamamento Mundial. Sábado 7 de xuño de 2008. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.

Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.

Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.

Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.

Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia, Granada, Santander, Cuenca, Salamanca.

Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net

2º Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 7 de xuño ás 12h na Coruña, saída da Praza de María Pita)

O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como gustemos, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña, un paseo de tolerancia e integridade.

Despois do enorme éxito da primeira edición, con máis de 40 ciclonudistas paseando polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo á cidade. O percorrido comezará en na Praza María Pita, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis! Smile

Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dúbidas, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo xa que non é obrigatorio ir espid@s. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad@s, … Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.

A convocatoria, mentres non se animen outras cidades a celebrala, pretende ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes ás persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod@s @s vos@s coñecid@s, amig@s ou familiares, seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.

Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net

A preparación poderedes seguila aquí: Foro das masas críticas galegas (apartado da ciclonudista)

O material dispoñible é:

- Cartel
- Panfleto diante
- Panfleto detrás

Vémonos o sábado 7 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!

Deprimidos ao río. Unha obra de Manicómicos

May 21, 2008 2:40 am

DEPRIMIDOS AO RÍO
XOVES 22 DE MAIO DE 2008 ÁS 20:30H
FORUM METROPOLITANO (Calle Río Monelos s/n. 15006 A Coruña)

Deprimidos ao rio

“Deprimidos ao río”, non é un espectáculo senón un congreso. O famoso psiquiatra, Doutor Mortimer, vai explicar aos congresistas, psiquiatras vindos de todos os países do mundo, os seus métodos revolucionarios para curar as patoloxías psiquiatricas máis frecuentes que ameazan aos habitantes do século XXI. Os métodos de Mortimer foron prohibidos nalgúns países e admirados noutros, pero a ninguén deixa indiferente o sinistro glamour de Cornelius Mortimer e os seus estraños experimentos.

Estamos ante unha obra con vocación de “Espectáculo Total” que queriamos que integrase música en vivo, danza, teatro físico, circo e efectos pirotécnicos. Por problemas orzamentarios, quedámonos en “Espectáculo parcial” e grazas.

Reparto:

Paco Alvarellos
Jose Amado
Marcial Blanco
Natalia Varela
Vera López
Willy Eter
Luis Quinteiro
Cristina Ramallal

Estudos de gravación: Beiramar Sound
Iluminación: Germán Gundín
Guión orixinal: Willy Eter
Versión galega: Montse Collazo e Willy Eter

Dirección: Carlos Sante

Unha producción da Asociación Cultural Manicómicos

———–

Venta de entradas - 5 euros (carnet xoven e + 65 años, 3 euros)

Taquilla Forum: desde unha hora antes
Taquilla Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Televenda: 902 504 500
Venta de entradas por Internet

Consumir menos, vivir mellor

2:00 am

 Consumir menos, vivir mejor

Desde mediados de maio de 2008 podes atopalo en bibliotecas e librerías (Editorial Txalaparta). E a partir de xuño podes descargalo gratis en Consumir menos es vivir mejor, onde tamén atoparás un enlace á web da editorial por se queres compralo e recibilo na túa casa.

En Consumir menos es vivir mejor, podes atopar, ademais, unha reseña do libro e enlaces a algunhas webs interesantes relacionadas co consumo consciente. Proximamente, na web atoparás o contido do libro estruturado de maneira que poidas consultalo comodamente; e tamén un foro no que compartir dúbidas, inquietudes, ideas prácticas, experiencias…

Vivir con menos non só axuda a construír un mundo máis solidario e sostible, tamén pode ser un xeito de facer o noso día a día máis saudable, relaxado e satisfactorio.

Nesta viaxe, no que nos toca nadar "ao contraxeito", fáltanos tempo, información, sentímonos a miúdo soas e incomprendidas… Estas páxinas conteñen información, reflexións e, sobre todo, cheas de ideas prácticas e contactos. Seguro que algunhas serven para facilitarche o camiño e achegarche a xente con quen compartilo.

Que o goces!

Contido íntegro do libro, calendario de actividades, preguntas e respostas e moito máis en Consumir menos, vivir mejor.

WordPress database error: [Access denied for user 'bircor_mundo'@'%' to database 'bircor_mundo']
INSERT INTO wp_options (option_name, option_value, option_description, autoload) VALUES ('kjgrc_cache', 'a:2:{s:8:\"comments\";s:1520:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPkNvbWVudGFyaW9zIFJlY2VudGVzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDkxI2NvbW1lbnQtNzk3MDciIHRpdGxlPSJMaWJybyBkZSB2aXNpdGFzLCBKdW5lIDcsIDIwMDciPkpvaG4xNDUyPC9hPjogR3JlYXQgd29yayx3ZWJtYXN0ZXIsbmljZSBkZXNpZ24hIGJ1eSAsIGNoZWFwICwgYnV5ICwgLCAsPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3BhZ2VfaWQ9NDUxI2NvbW1lbnQtNzk3MDUiIHRpdGxlPSJNYXBhIGRvIHNpdGlvLCBNYXJjaCAyNiwgMjAwNyI+Sm9objEwMjg8L2E+OiBQZXJmZWN0IHdvcmshIGJ1eSAsICwgLCBjaGVhcCAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD0yNzcjY29tbWVudC03OTcwMyIgdGl0bGU9IjHCqiBhY2Npw7NuIGRhIFNlbWFuYSBkZSBMb2l0YSBTb2NpYWwgwpNSb21wYW1vcyBvIFNpbGVuY2lvwpQuIENpbmUgQm9nYXJ0IChNYWRyaWQpLCBKdW5lIDI2LCAyMDA2Ij5Kb2huMTQ3NjwvYT46IEdyZWF0IC5Ob3cgaSBjYW4gc2F5IHRoYW5rIHlvdSEgY2hlYXAgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cGFnZV9pZD00OTEjY29tbWVudC03OTY5NyIgdGl0bGU9IkxpYnJvIGRlIHZpc2l0YXMsIEp1bmUgNywgMjAwNyI+Sm9objE0NTI8L2E+OiBCZWF1dGlmdWwgc2l0ZSEgLCBjaGVhcCAsIGNoZWFwICwgLCBidXkgLDwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wYWdlX2lkPTQ1MSNjb21tZW50LTc5Njk1IiB0aXRsZT0iTWFwYSBkbyBzaXRpbywgTWFyY2ggMjYsIDIwMDciPkpvaG4xMDI4PC9hPjogSW5jcmVkaWJsZSBzaXRlISBidXkgLCAsIGJ1eSAsIGJ1eSAsICw8L2xpPgo8L3VsPjwvZGl2PjwvdWw+PC9kaXY+\";s:10:\"trackbacks\";s:1880:\"PGRpdiBjbGFzcz0iaHIiPjwvZGl2PjxkaXYgaWQ9ImdldC1yZWNlbnQtY29tbWVudHMiIGNsYXNzPSJzaWRlYmFyIHdpZGdldCB3aWRnZXRfZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50cyI+PGgyPlJlY2VudCBUcmFja2JhY2tzPC9oMj48dWw+PGRpdiBpZD0iZ2V0X3JlY2VudF9jb21tZW50c193cmFwIj48dWw+CTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NTExI2NvbW1lbnQtNDk5MzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGl2ZSBFYXJ0aDogYWZvcnJhZGUgZW5lcnjDrWEsIHF1ZSBuw7NzIG5vbiBwb2RlbW9zJnF1b3Q7OiAgQ2FzaW5vIDEyNDMzNzU5MTEmIzgyMzA7Ij5DYXNpbm8gMTI0MzM3NTkxMTwvYT46IENhc2lubyAxMjQzMzc1OTExLi4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDQ3I2NvbW1lbnQtNDIyMzQiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7TGFrYWJlLCBleHBlcmllbmNpYSBjb211bml0YXJpYSZxdW90OzogIENhc2lubyAxMjQxMjc4NTMzJiM4MjMwOyI+Q2FzaW5vIDEyNDEyNzg1MzM8L2E+OiBDYXNpbm8gMTI0MTI3ODUzMy4uLjwvbGk+Cgk8bGk+PGEgaHJlZj0iaHR0cDovL2Jpcm5hcmVtLmZyZWVob3N0aWEuY29tLz9wPTQ3NCNjb21tZW50LTM1NTQyIiB0aXRsZT0iVHJhY2tiYWNrIHRvICZxdW90O0luZm9ybWHDp8OjbyDDmnRpbCBzb2JyZSBhIENvbnRlc3Rhw6fDo28gYW8gRzgmcXVvdDs6ICBJbnN0YW50IG5vIGRlcG9zaXQgY2FzaW5vIDMwOCYjODIzMDsiPkluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBjYXNpbm8gMzA4PC9hPjogSW5zdGFudCBubyBkZXBvc2l0IGNhc2lubyAzMDguLi48L2xpPgoJPGxpPjxhIGhyZWY9Imh0dHA6Ly9iaXJuYXJlbS5mcmVlaG9zdGlhLmNvbS8/cD00NzQjY29tbWVudC0zNTU0MSIgdGl0bGU9IlRyYWNrYmFjayB0byAmcXVvdDtJbmZvcm1hw6fDo28gw5p0aWwgc29icmUgYSBDb250ZXN0YcOnw6NvIGFvIEc4JnF1b3Q7OiAgTm8gZGVwb3NpdCBzaXRlcyAxODYmIzgyMzA7Ij5ObyBkZXBvc2l0IHNpdGVzIDE4NjwvYT46IE5vIGRlcG9zaXQgc2l0ZXMgMTg2Li4uPC9saT4KCTxsaT48YSBocmVmPSJodHRwOi8vYmlybmFyZW0uZnJlZWhvc3RpYS5jb20vP3A9NDc0I2NvbW1lbnQtMzU1NDAiIHRpdGxlPSJUcmFja2JhY2sgdG8gJnF1b3Q7SW5mb3JtYcOnw6NvIMOadGlsIHNvYnJlIGEgQ29udGVzdGHDp8OjbyBhbyBHOCZxdW90OzogIDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OCYjODIzMDsiPjIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2ODwvYT46IDIwIGluc3RhbnQgbm8gZGVwb3NpdCBib251cyBjYXNpbm9zIDk2OC4uLjwvbGk+CjwvdWw+PC9kaXY+PC91bD48L2Rpdj4=\";}', '', 'yes')