Archive for December, 2008
Curso de parto natural en Pontevedra
December 25, 2008 1:56 pm - 138 ViewsCurso dun dia, o 27 de decembro. “nacer contigo”
Lugar: A.C. Latexo (Avda. José Costa Alonso nº 30, 1ºB, C.P. 36950 Moaña, Pontevedra)
O precio: 60€.
Dirixido a: persoas relacionadas e interesadas na saude familiar.
Imparte: Cristina Alonso. Partera. www.lunamaya.org
AM: preparando o corpo para un parto natural.
Actualmente existen moitos xeitos de que as mulleres e as súas familias se informen sobre o parto natural e poidan optar o parto que elas queiran. Non obstante a comadrona e outras persoas que traballan no parto poden utilizar unha serie de ferramentas útis para preparar o corpo da muller e facilitar o parto.
Neste módulo exploraremos como traballar cos osos pélvecos e o chan pélveco para favorecer unha dilatacion rápida, descenso do bebe efectivo e correcto posicionamiento fetal. Estas ferramientas axudaran a reducir as horas de traballo de parto e o uso de intervencions como epidural, forcepts e cesarea.
PM: Manexo de complicacions no parto na casa.
Un dos principaies obstaculos no parto na casa é o medo as complicacións. Actualmente as complicacions son unha parte real da práctica do parto na casa que debe ser analizado e compartido. Tras dez anos de experiencia en parto na casa con poboación de alto risco, Cristina podera compartir o manexo inmediato das complicacions e a súa resolucion.
Neste módulo compartiremos sobre as complicacions mais frecuentes e revisaremos opcions de manexo na casa para xenerar unha base de información práctica e valiosa na práctica do parto fora do hospital.
Información: Sani 986 313 644 / móbil 625 601 592 - Luzia 886 119 213 / móbil 628 173 607
luziatitan(arroba)hotmail(punto)com
Datos de ingreso e asistencia:
O horario do curso é de 10 a 14 pola maña e de 16 a 20 polo serán.
Vir con roupa cómoda, temos mantas e coxins no local. Se queredes podedes traer a vosa comida e comela ali. Tamén é facil atopar restaurantes perto. Se fai bo tempo, estamos o lado da praia e podemos comer nela. As nais con bebés terán un sitio, a mais da sá, onde poderan estar con eles se queren descansar.
O precio definitivo do curso son 60€, e o 50% se ingresará na seguinte conta:
Caixanova: 2080.0047.0000.240867.
Beneficiario: Asociación Cultural Latexo.
Concepto: Curso "Nacer Contigo".
Nome da persoa que fai o ingreso.
Categories: Móvete, participa
18 Comments »




Comentarios Recentes