
Desde mediados de maio de 2008 podes atopalo en bibliotecas e librerías (Editorial Txalaparta). E a partir de xuño podes descargalo gratis en Consumir menos es vivir mejor, onde tamén atoparás un enlace á web da editorial por se queres compralo e recibilo na túa casa.
En Consumir menos es vivir mejor, podes atopar, ademais, unha reseña do libro e enlaces a algunhas webs interesantes relacionadas co consumo consciente. Proximamente, na web atoparás o contido do libro estruturado de maneira que poidas consultalo comodamente; e tamén un foro no que compartir dúbidas, inquietudes, ideas prácticas, experiencias…
Vivir con menos non só axuda a construír un mundo máis solidario e sostible, tamén pode ser un xeito de facer o noso día a día máis saudable, relaxado e satisfactorio.
Nesta viaxe, no que nos toca nadar "ao contraxeito", fáltanos tempo, información, sentímonos a miúdo soas e incomprendidas… Estas páxinas conteñen información, reflexións e, sobre todo, cheas de ideas prácticas e contactos. Seguro que algunhas serven para facilitarche o camiño e achegarche a xente con quen compartilo.
Que o goces!
Contido íntegro do libro, calendario de actividades, preguntas e respostas e moito máis en Consumir menos, vivir mejor.
Categories: Empresas e consumo, Ecoloxía
No Responses to “Consumir menos, vivir mellor”
Care to comment?